Subvencións 2017 da Deputación da Coruña - Charla Informativa




Nova "Charla Informativa" organizada pola Agrupación Socialista de A Baña para o vindeiro venres 31 de marzo ás 21 horas na Casa da Cultura da Baña. Nesta ocasión contaremos coa presenza do Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e co Deputado Provincial, Antonio Leira.
Informarase a todos os asistentes ó acto das bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades durante o ano 2017.

As asociacións de veciños e veciñas, xuvenís, culturais, deportivas, asociacións de mulleres, entidades educativas (ANPAS), e todas aquelas entidades sen ánimo de lucro do noso Concello poden recibir entre 600 e 30.000 euros.


O importe de saída da liña destinada a actividades culturais para o presente ano é de 1.100.000€, que se repartirán en subvencións que van desde 600 a 30.000 € que as entidades poderán destinar a actividades como elaboración, edición e difusión de contidos culturais, programacións artísticas; cursos, seminarios, debates ou mesas redondas, proxectos socioculturais, actividades de recuperación da historia e a memoria local, fomento da creatividade artística ou posta en valor e difusión do patrimonio cultural material e inmaterial.

No hay comentarios: