Resumo do pleno extraordinario do día 24 de maio do 2017


Comeza o pleno as 14:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.   Seguindo o orden do día, o primeiro punto, adquisición da parcela nº 66 de Lañas por un valor de 17.017,36€, foi aprobado por maioría. O noso portavoz Jose A. Pereira aproveitou para instar ao Concello a acondicionar a área recreativa que actualmente hai na finca. Solicitou varios puntos de luz, así como de auga, uns aseos e a construción dun local, de libre disposición para os veciños que se podería utilizar entre outros uso para a elaboración das carrozas de carnavais.

O segundo punto do orden do día, aprobado coa abstención do grupo mixto (modificación do PXOM na rúa Camiño de Monelos), puntualizamos que no documento presentado, na páxina 23  a redación da lugar a confusión, polo que solicitamos que se aclare que todas as árbores foto 7,8,9,10 y 10 bis agás a “yuca aloifolia” foto 6, están fora de ordenación.
Tamén solicitamos un informe dos gastos que ocasionou o litixio durante estes anos, (avogado, procurador, taxas, costas) no recorrido dende o xulgado de Negreira pasando pola Audiencia Provincial e rematando no Supremo.
Os gastos de derribo do muro por 3 veces e a construción do mesmo 2 veces. O custos dos informes periciais, do estudo técnico para a modificación  do proxecto etc.

O último punto, aprobación provisional da Ordenanza reguladora da ocupación da vía  pública con mesas, cadeiras e outros elementos móbiles, foi aprobada por unanimidade.

Compartimos a ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON MESAS, CADEIRAS E OUTROS ELEMENTOS MÓBILES - CONCELLO DE A BAÑA para que calquera veciño ou veciña poda consultala. Lembrade que estará exposta no Concello un mes para atender posibles alegacións antes da súa aprobación definitiva.
#Información #Transparencia

No hay comentarios: