A Baña existe. Falta de respecto a alumnos, pais e veciños da Baña.


Non nos parece correcto que o caderno de actividades que utilizan os alumnos e alumnas da "Escola Municipal de Música do Concello de A Baña", patrocinada e subvencionada polo propio Concello, teña o "membrete" do Concello de Negreira na súa portada. Esiximos que se faga un propio da escola da Baña e do noso Concello, e que este manual didáctico sexa redactado en lingua galega.

Tampouco se pode consentir que as nais e pais teñan que ir obrigatoriamente aos establecementos de Negreira a mercar dito libro de ensino. Acaso non se pode facilitar un punto de venda na Baña ??? 




Achegamos imaxes da portada do caderno de actividades que os responsables da Escola Municipal de Música da Baña obrigan a mercar nos establecementos comerciais do veciño Concello de Negreira. Imaxes que recibimos a través do servizo de mensaxería gratuíto que poñemos á disposición de toda a veciñanza bañesa.



EN PRENSA DIXITAL

No hay comentarios: