Catro obras que superan o 60% do total do investimento provincial no Concello de A Baña.


O martes 19 de decembro de 2017 aprobaranse en sesión plenaria extraordinaria e urxente os proxectos incluídos no POS+ 2018 financiados pola Deputación da Coruña.
Cun total de 746.703,62 euros o PSOE bañés votará a favor do plan de investimento posto que no mesmo inclúense catro proxectos que levamos anos reivindicando, obras que superan o 60% do total do investimento provincial no Concello de A Baña.

En concreto as obras propostas polo Grupo Municipal Socialista e que se executarán nos vindeiros anos son:
- A mellora no abastecemento da auga na parroquia de Barcala cun importe de 91.625 euros
- Melloras de pavimentación na parroquia de Suevos por valor de 159.694 euros
- Pavimentación na parroquia de San Cibrán el lugar do Espiño da mesma parroquia con 59.969 euros de presuposto.
- Pavimentación da a estrada que une a parroquia de Troitosende co veciño concello do Val do Dubra ao seu paso polo lugar de Vilacoba, onde se investirán 141.000 euros. Unha obra solicitada polo Grupo Socialista desde o inicio desta lexislatura.

As catro suman de 452.497, 72 euros e son vellas demandas dos veciños e veciñas da Baña.

#OposciónConstrutiva #OPrimeiroABaña #OPrimeiroOsVeciños

Repercusión nos medios  El Correo Gallego

No hay comentarios: