NOTA DE PRENSA

O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de A Baña quere manifestar a súa alegría pola próxima construcción do novo campo de herba artificial municipal que será financiado pola Deputación Provincial de A Coruña.

Despois das diversas xestións desenvoltas durante os últimos meses, hoxe día 1 de Maio podemos confirmar que este mes A Baña recibirá dúas grandes inversións da Deputación: o xa mencionado novo campo de herba artificial e unha obra de saneamento de auga.

Ambalas dúas inversións foron confirmadas polo portavoz municipal do PSOE, Enrique Vázquez trala súa xuntanza co Presidente da Deputación Provincial, Salvador Fernández Moreda. Vázquez manifestou que “ estas inversións sitúanse arredor dos 500.000 Euros, unha cantidade moi importante para o noso Concello e que confirman á Deputación como primeira institución en inversión pública no Concello de A Baña.

Enrique Vázquez estivo acompañado do Presidente do Clube de Fútbol de A Baña, Sr. Ramos Freita e do capitán do equipo, José Ramón Iglesias, que manifestaron a súa alegría e gratitude coa Deputación.
Tamén e moi importante a inversión provincial en saneamento, posto que das 15 parroquias do Concello, 14 non contan nin con servizo, nin con traída municipal de auga, aspecto que o PSOE ten calificado reiteradamente como terceiro mundista e do que Vázquez fai responsable o “desgoberno” do PP.

No hay comentarios: