MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO SOCIALISTA EN APOIO DE querENDO AO ABEIRO DO DISPOSTO NOS ARTIGOS 91.4 E 97 DO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E RÉXIME XURÍDICO DAS ENTIDADES LOCAIS (REAL DECRETO 2568/1986), SOBRE A ATENCIÓN A MULLERES CON ENDOMETRIOSE E DIVULGACIÓN DA DOENZA, PARA O SEU DEBATE E POSTERIOR APROBACIÓN POLO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA.
MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO SOCIALISTA AO ABEIRO DO DISPOSTO NOS ARTIGOS 91.4 E 97 DO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E RÉXIME XURÍDICO DAS ENTIDADES LOCAIS (REAL DECRETO 2568 / 1986), PARA A CONXELACIÓN DOS PREZOS DO RECIBO DO LIXO PARA O ANO 2021, PARA A SÚA CONSIDERACIÓN, DEBATE E POSTERIOR APROBACIÓN POLO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
O Concello da Baña debe
actualizar de novo o recibo do lixo para o ano 2021, o que supón un aumento do
5%.
Do mesmo xeito debe
realizarse a actualización do IPC, que este ano é -0,4, polo que a suba total
do recibo do lixo, sería dun 4,6% para o ano 2021.
No actual contexto de crise
económica que estamos a sufrir a consecuencia da actual pandemia provocada pola
covid-19, consideramos que sería necesaria a conxelación do recibo do lixo, e
así, contribuír a manter a economía da veciñanza do noso concello.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello da Baña, somete a votación a seguinte ACORDO para ser aprobado no Pleno:
Manter os mesmos prezos para
o ano 2021 que no ano 2020 para as taxas do lixo, co fin de que a veciñanza do
noso Concello, nesta situación de crise económica, producida pola covid-19, non
soporte un incremento nas novas taxas, e así contribuír coa veciñanza nestes
momentos difíciles.
A Baña, 21 de outubro de 2020
O Alcalde do Concello da Baña
José Antonio Pereira Gil
Á mesa do Parlamento de Galicia. Ausencias da pediatra do Centro de Saúde da Baña
Noa Díaz Varela, Julio Torrado Quintela e Marina Ortega Otero, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 5ª.
A atención ás comarcas rurais e a loita contra o seu despoboamento pasa polo mantemento e consolidación dos servizos básicos, e en maior medida en zonas nas que existe un problema demográfico. A atención sanitaria é un deles.
O Servizo de Pediatría do Centro de Saúde da Baña dá atención a 238 nenos e nenas de entre 0 e 14 anos (datos do INE de 2019) unicamente os martes e xoves de cada semana. Este servizo leva tempo atopándose con problemas de bido a que as vacacións ou días libres da facultativa non son substituídas.
Neste último período vacacional a solución que deron dende a Xunta de Galicia foi desviar os menores de 3 anos ao centro de saúde de Negreira, mentres que os maiores desa idade era n atendidos polo médico de cabeceira, no que é claramente unha disfunción do servizo xa que non é ese o profesional que debía atendelos.
Ese servizo de pediatría está compartido co concello de Mazaricos (a 18 km), que atende os luns, mércores e venres, ex istindo aí tamén outra disfuncion xa que o máis lóxico sería facelo con Negreira (7 km), non só por proximidade senón porque se atopa xa na ruta cara ao hospital de referencia, o Centro Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela , no caso de ter q ue acudir a este por unha urxencia.
Por outra banda, dende hai un tempo nese mesmo c entro de s aúde o servizo de matrona ampliouse aos sábados, reducíndose así o horario de atención da matrona durante a semana. Este cambio organizativo, non demandado pola poboación d a Baña, obriga a manter o centro aberto na mañá dos sábados, co conseguinte incremento de custes de limpeza e su b ministros que ten que asumir o Concello. As usuarias dese servizo manteñen que prefiren asistir entre semana e por iso solicitan que se volva aos horarios anteriores de luns a venres.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes preguntas:
1ª) Como se vai garantir a axeitada cobertura pediátrica na Baña?
𝐓𝐞𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐢𝐬𝐭𝐨 𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐚𝐥𝐚𝐫 𝐜𝐨𝐧 𝐜𝐚𝐫á𝐜𝐭𝐞𝐫 𝐮𝐫𝐱𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐩𝐚𝐬𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐞ó𝐧𝐬 𝐞 𝐫𝐞𝐠𝐮𝐥𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐟ó𝐫𝐢𝐜𝐚 𝐧𝐨 𝐩𝐚𝐬𝐨 𝐝𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐀𝐂 𝟓𝟒𝟔 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐬 𝐝 𝐚 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐚𝐥𝐚, 𝐂𝐨𝐫𝐧𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐨𝐞𝐬𝐭𝐞, 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝 𝐚 𝐁𝐚ñ𝐚?
Á 𝗺𝗲𝘀𝗮 𝗱𝗼 𝗣𝗮𝗿𝗹𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮
🎙️ 🎧 📻 26/05/2020 🔊 Declaracións do Alcalde da Baña , José Antonio Pereira Gil, en Radio Negreira
Entrevista Radio Negreira 26 de maio de 2020
PROPOSTA DO PSdeG-PSOE DA BAÑA PARA XESTIONAR OS FONDOS ACHEGADOS POLO POS+ ADICIONAL 2/2020
Declaracións do Alcalde da Baña , José Antonio Pereira Gil, en Radio Negreira. Informa da situación e das medidas adoptadas por parte do Concello en relación á pandemia mundial do coronavirus Covid-19.
Martes, 28 de abril de 2020 - RADIO NEGREIRA
Mércores, 15 de abril de 2020 - RADIO NEGREIRA
Xoves, 02 de abril de 2020 - RADIO NEGREIRA
Xoves, 26 de marzo de 2020 - RADIO NEGREIRA
Novo recorte por parte da Xunta de Galicia no Concello da Baña.
OS SOCIALISTAS DE CORUÑA CRITICAN QUE A XUNTA DE GALICIA REBAIXOU UN 25% O PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS NA PROVINCIA