O Concello da Baña reclama a urbanización do Polígono Industrial e colaboración con outros Concellos no saneamento de dúas parroquias
Os socialistas presentarán no pleno unha moción instando á Xunta a incorporar nos orzamentos de 2025 estas reivindicacións
"Unha vez máis vemos como a Xunta marxina o noso Concello nos seus orzamentos ignorando todas as solicitudes feitas", lamenta o alcalde socialista da Baña, José Antonio Pereira Gil.
Entre as solicitudes do Concello estaba que se realizase o saneamento da parroquia de Troitosende de maneira conxunta co limítrofe Concello de Ames.
Tamén se pedira a urbanización do polígono industrial e o saneamento da parroquia de San Cibrán utilizando a 2ª fase dos colectores da EDAR da Barcala do Concello de Negreira.
"Levámolo reivindicando durante os últimos tres anos e vemos como esta institución marxina ao Concello da Baña ao non incluír ningunha das nosas reclamacións", denuncia o socialista.
"Nos vindeiros días faremos unha moción para levar ao pleno ordinario, onde solicitaremos a colaboración do resto dos grupos políticos para instar á Xunta de Galicia a que incorpore nos seus orzamentos para 2025 estas actuacións indispensables para o Concello da Baña", concluíu.
Ademais, o Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia recolleu estas reivindicacións, incluíndoas nas súas emendas aos orzamentos da Xunta.
A Baña, 19 de novembro de 2024.
No hay comentarios:
Publicar un comentario