PLENO ORDINARIO NO CONCELLO DE A BAÑA O 28 DE MAIO DO 2008

As 13:00 h. do mércores 28 de maio de 2008 tivo lugar a sesión plenaria ordinaria na casa do Concello de A Baña. O pleno saldouse cun grado de consenso inusitado nos sete puntos da orde do día.
Nas dúas mocións presentadas polo PSOE, por primeira vez o grupo municipal do PP deixou defender e aceptou as nosas propostas, accedendo a comprobar o estado da tubería do Pazo en Cabanas. Resumindo un pouco o que alí pasou, cómpre sinalar que se fixeron obras nunha fonte pública no lugar do Pazo en Cabanas, cambiando a tubería vella por unha de PVC EVACUACIÓN, calificada para uso non alimentario. Ante as reiteradas protestas dos veciños, presentouse o día 16 de maio unha moción do grupo municipal socialista, que se defendeu no pleno do 28 de maio. Nel, o alcalde comprometeuse a cambiala, se esta non fora apta para o uso alimentario.
E con respecto a segunda proposta do grupo socialista, aceptaron con carácter de urxencia, incluír o arranxo do camino de Ferraces, na primeira convocatoria de subvencións de obras da Deputación, un 95 % do presuposto será sufragado pola Deputación e un 5% polo Concello.
O grupo municipal socialista, a través do seu portavoz Enrique Vázquez, solicitou unha partida presupuestaria de emerxencia social para o caso da Sra. do Lameiro e para a veciña de Duomes. En ámbolos casos o alcalde expresou que non existe unha necesidade urxente, alegando que a primeria veciña dispón de medios económicos e familiares para financiar os gastos do arranxo do pallal, e no segundo caso non se compromenten a incluíla nos programas de infravivenda porque a posible beneficiaria ten familia. O grupo socialista alertou dun trato discriminatorio según de que veciños se fale. Deste xeito, cando o pallal dun concelleiro do PP ardiu a corporación municipal acordara a concesión dunha axuda.
Tamén se acordou a prórroga na delegación das competencias tributarias na Deputación ata o ano 2022. Na mesma liña destacan as axudas que se reivindican a Vicepresidencia para o remate da vivenda comunitaria de San Mamede de Monte.
O grupo municipal socialista, facéndose eco dunha petición dun grupo de mozos deste concello, sobre o estado da pista de tenis, sita o abeiro da piscina en San Vicente, rogalle o alcalde que a acondicione para a correcta práctica deste deporte. O concelleiro de deportes, Manuel Tourís, afirmou que se ía limpar de inmediato a instalación deportiva así como a reposición da rede, pero que deberían esperar a ver como quedaba todo xa que pasa por alí a carretera.
Unanimidade en relación ó Plan Municipal de Igualdade, proposto polo Concello debido a unha subvención da Xunta de obrigado cumprimento. O grupo municipal esixe que se colabore coas asociacións de mulleres (Axiña, Alborada ou Mulleres Rurais).
Por último recoñeceron por parte da corporación municipal, de que a Banda municipal xa non existe.

No hay comentarios: