La Xunta impulsará los pisos protegidos en los concellos más activos de Tierras

Casa abandonada en el lugar de O Barro, en el municipio de A Baña.
Este titular e esta fotografía saen publicados esta semana no semanario TIERRAS DE SANTIAGO. Coñecida verdade?? Pois sí. É a casa en estado de abandono do irmán do noso alcalde, situada na parroquia de O Barro, no que o noso gobernante censou o seu irmán e a seis familiares máis para que votaran nas pasadas eleccións municipais. É unha casa que se atopa totalmente en ruínas e na que non se pode vivir, detalle que non parece imporar ó noso alcalde para censar os seus familiares. Chama a atención que esta fotografía sexa a elexida para ilustrar un artigo periodístico que informa das medidas que tomará a Xunta de Galicia coas casas en estado ruinoso. E máis curiso resulta coñecer que o Delegado Provincial da Consellería de Vivenda é veciño desta mesma parroquia, consellería xestionada polo BNG.
Unha vez máis o noso alcalde queda en evidencia ante todos os seus veciños, unha vez máis queda demostrado que todas as informacións que facilitou e facilita o PSOE de A Baña con respeto as irregularidades no censo electoral son verdade.

+INFO: http://tierrasdesantiago.es/index_3.php?idMenu=328&idNoticia=318520

2 comentarios:

Anónimo dijo...

dimisión XA

adrian dijo...

esa casa ten vivindo a 8 amigos e familiares de andrés dentro.non está abandonada!