ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

4000 VISITAS


O BLOG DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA ACADA AS 4000 VISITAS NOS SEUS 3 PRIMEIROS MESES DE VIDA. DESDE O MES DE ABRIL PODENSE ATOPAR TODAS AQUELAS NOVAS QUE FAN REFERENCIA O NOSO CONCELLO E QUE FORON PUBLICADAS EN DIVERSOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN; DENDE PRENSA ESCRITA, PÁXINAS WEB OU NOVAS EMITIDAS NA CANLE AUTONÓMICA. ENTRE OUTROS CONTIDOS PODEMOS DESTACAR O LIBRO DE VISITAS, QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POR PARTE DOS NOSOS VISITANTES E NO QUE SE DEBATE ENTORNO AS NOTICIAS PUBLICADAS NO BLOG E OS TEMAS MÁIS CANDENTES DA ACTUALIDADE MUNICIPAL. VIDEOS DE YOUTUBE, FOTOGRAFÍAS DA AGRUPACIÓN (FOTOFLASH), WEBS E BLOGS RECOMENDADOS, O TEMPO NO NOSO CONCELLO, ... SON ALGÚNS DOS CONTIDOS A DESTACAR NESTE BLOG SOLICALISTA.
DENDE A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA QUEREMOS RESALTAR A IMPORTANCIA QUE TEÑEN NA ACTUALIDADE ESTE TIPO DE INICIATIVAS, XA QUE, DEBIDO A GRAN DISPERSIÓN DA POBOACIÓN DO NOSO CONCELLO E O ELEVADO NÚMERO DE VECIÑOS QUE SE ATOPAN FORA DO MESMO, CONSIDERAMOS UNHA FERRAMENTA DE COMUNICACIÓN FUNDAMENTAL PARA TELOS INFORMADOS DE TODO AQUELO QUE ACONTECE NO NOSO CONCELLO.
TODOS SABEMOS DO ESCASO INTERESE QUE MOSTRAN OS ACTUAIS GOBERNANTES DO CONCELLO DE A BAÑA POLAS NOVAS TECNOLOXÍAS. NON HAI MAIS QUE INTENTAR VISITAR A PÁXINA OFICIAL DO CONCELLO DE A BAÑA PARA COMPROBAR NO ESTADO DE ABANDONO NO QUE SE ATOPA; E TAMPOUCO PODEMOS ESQUECER A RUDIMENTARIA LINEA DE INTERNET COA QUE CONTAMOS OS VECIÑOS DE A BAÑA.
GRACIAS A TODOS OS NOSOS VISITANTES. TODOS E CADA UN DE VOS FACEDES QUE ESTE PROXECTO SEXA POSIBLE E ANIMAMOSVOS A QUE COLABOREDES ACTIVAMENTE CO NOSO BLOG. NON DUBIDEDES EN ENVIAR COMENTARIOS, E-MAIL, FOTOGRAFÍAS OU INFORMACIÓN QUE CONSIDEREDES DE INTERESE PARA TODOS OS NOSOS LECTORES. MOITAS GRACIAS A TODOS.

1 comentario:

Diego P. Luaces dijo...

Parabéns polo voso traballo e polo voso blog. Un saúdo desde Lugo compañeiros.