Festa d@s Socialistas de Galicia.

Un ano máis celebramos, conxuntamente cos compañeiros e compañeiras de UGT, a Festa dos socialistas de Galicia, e xa van oito edicións.
Nesta ocasión terá lugar o sábado 20 de setembro, no Recinto Feiral de FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa e contaremos coa presenza de José Luis Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño.
O prezo do menú é de 15€ por persoa, retirada dos tickets da comida na Agrupación Local de San Vicente ata o día martes 16. Haberá servizo gratuíto de autobuses dende a praza do concello en San Vicente con saída as 9:30 horas. Para mais información chamar os teléfonos 981 886 833 e 619 904 885

No hay comentarios: