ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

O PSdeG-PSOE INFORMA

O PSdeG-PSOE da Baña quere poñer en coñecemento de tódolos veciños, afectados pola variante da estrada en Nantón, que temos o compromiso do Delegado Provincial da Consellería de Obras Públicas e Urbanismo de variar e suavizala pendente que quedaba moi pronunciada nos novos accesos.
Como todos sabedes, hai anos que este proxecto técnico está feito e unha copia entregada no concello, esperando que a Xunta destinara o presuposto necesario para poder contratar as obras. Ese era o momento de propoñer os cambios necesarios, pero o Alcalde non o fixo. Colocou os Planos no Chino pero non fixo nada. Nós, desde o oposición, non tivemos acceso a esa documentación para achegárvola a todos, a pesar de solicitarlla na Xunta “do PP” e no concello, queriámola para solucionalos posibles problemas e que non se repetira o que pasou na estrada Negreira-Corneira, onde Andrés non fixo nada e logo nós tivemos que arranxar as súas chapuzas. Despois das últimas eleccións autonómicas, cando nos deron unha copia de todo o trazado, foi cando tivemos unha reunión explicativa para todos os interesados no local social de San Vicente, e nese momento, aínda houbo veciños que puideron presentar alegacións e conseguiron modificacións do trazado, pero nos non tivemos nembargantes ningunha queixa ou proposta de cambio dos veciños de Nantón.
Antes do verán, ó Delegado Provincial da Consellería acudiu á Baña, para visitar non só Nantón, senón tamén outros puntos con problemas que nós lle indicamos. A esa xuntanza, na que estaban ademais do Sr. Delegado o Portavoz Municipal do PSOE: Enrique Vázquez, os concelleiros do PSOE :Victorino Pazos e Ana Paramos, tamén acudiu o Alcalde compañado de dous representantes da parroquia segundo palabras do Alcalde, un dos cales era o seu propio sogro. O Alcalde, mentindo coma acostuma, comprometeuse a enviar de xeito urxente unha relación dos titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras afectados pola variante, para que puideran valorar na consellería a conveniencia de facer una paso subterráneo, e os veciños evitaran o dar unha volta innecesaria. Pero nunca mandou estes datos. Na última conversa que mantivemos co Sr. Delegado díxonos que non existía ningunha solicitude do Alcalde da Baña para cambiar algo do trazado desta carretera, nin da época do goberno do PP nin do goberno actual do PSOE, e que unha vez que recibiu as nosas solicitudes para arranxar certos asuntos de gravidade que afectaban a varios veciños, foi cando o Alcalde solicitou esa reunión. Houbo un novo incumprimento por parte do Alcalde do compromiso de enviar os datos necesarios para valorar a necesidade destas modificacións, tal e como acordarase naquela reunión, petición que ademais xa era feita fora de tempo. Ante isto, todo o que puidemos conseguir foi o compromiso de variación da pendente dos accesos, que como saberedes quedaba moi elevada, dificultando moito o acceso.
Todo isto, queremos poñelo en coñecemento de todos os veciños , para que se saiba con claridade a quen lle debemos non ter un paso subterráneo ou túnel: ó mesmo que ten a obriga de defender os intereses xerais dos veciños, xa que para eso cobra tódolos meses, ó Alcalde. Non pode dicir que a carretera se fai gracias ó PP, xa que a Xunta “do PP” non tiña aprobado ningún presuposto para esta obra, que consignou unha partida de cartos e quen adxudicou a obra foi o goberno do PSOE. Non pode dicir que descoñecía o trazado aprobado, xa que o tivo no concello antes da aprobación definitiva, pero nese momento que era cando tiña que ir a Nantón e falar cos veciños explicándollo, e cando tiña que solicitar o túnel, non o fixo, e tampouco o fixo agora que lle pediron unha serie de datos para xustificar un cambio, xa que non enviou ningún dato dos que lle solicitaron.
Por desgracia algunha xente so aprende cando os problemas estannlle a afectar directamente como agora en Nantón, pero esto non e unha novidade, o Alcalde non fixo nada en Paredes, tivemos que arranxalo nós, o mesmo que en San Cibrán, Seoane, Ordoeste, Ceilán, Duomes, etc. Uns cobran sen traballar e minten ós veciños e outros traballamos sen cobrar e temos que ir arranxando as chapuzas dun incompetente que ten a desvergonza de mentir continuamente.
Unha vez máis, quedamos a disposición de todos os veciños para calquera suxerencia ou petición que queiran facernos, en relación con este asunto ou calquera outro do seu interese. E tamén lembramos que é a obriga do alcalde o defender o ben común dos veciños, non é un favor, e nembargantes acostuma a non facelo e a dicir que o fai cando somos outros os que o conseguimos.

1 comentario:

DENUNCIA dijo...

Aínda que non queremos implicarnos en política, ei dicir que comulgamos máis con vostedes que con quen nos governa na actualidade, de tódolos xeitos, permítannos unha suxerencia: Non estaría de máis que os carteis que puxéchedes do xantar socialista en Fiopáns, agora que xa pasou, os quitarades. O mesmo deberíase facer con tódolos carteis de tódalas cousas que andan por ahí colgados ata que rompen, ata que caen e emporcan as zonas naturais con lixo non biodegradable.
Saúdos