ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

10,0000 VISITAS, 10.000 GRACIAS

O BLOG DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA CHEGA ÁS 10.000 VISITAS NOS SEUS 10 PRIMEIROS MESES DE VIDA. DESDE O MES DE ABRIL DO 2008 PODENSE ATOPAR EN WWW.PSOEABANA.COM TODAS AQUELAS NOVAS E ACONTECEMENTOS POLÍTICOS E SOCIAIS QUE TEÑEN RELACIÓN CO CONCELLO DE A BAÑA E QUE FORON PUBLICADAS EN DIVERSOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
ENTRE OUTROS CONTIDOS DESTACA O GRAN ÉXITO DO LIBRO DE VISITAS, XA QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POR PARTE DOS NOSOS VISITANTES CHEGANDO ÁS 600 ENTRADAS. NEL DEBÁTESE ENTORNO ÁS NOTICIAS PUBLICADAS NO BLOG E OS TEMAS MÁIS CANDENTES DA ACTUALIDADE MUNICIPAL E NO QUE OS VISITANTES EXPRESAN LIBREMENTE A SÚA OPINIÓN E APORTAN AS SUAS SUXERENCIAS.
OS VIDEOS DE YOUTUBE.COM, AS FOTOGRAFÍAS DA AGRUPACIÓN (FOTOFLASH), AS WEBS E BLOGS RECOMENDADOS, O TEMPO NO NOSO CONCELLO, O AGUILLÓN DIXITAL, AS ENQUISAS, ... SON ALGÚNS DOS CONTIDOS A DESTACAR NESTE BLOG SOLICALISTA.
DENDE A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA QUEREMOS RESALTAR A IMPORTANCIA QUE TEÑEN NA ACTUALIDADE ESTE TIPO DE INICIATIVAS, XA QUE, DEBIDO A GRAN DISPERSIÓN DA POBOACIÓN DO NOSO CONCELLO E O ELEVADO NÚMERO DE VECIÑOS QUE SE ATOPAN FORA DO MESMO, CONSIDERAMOS UNHA FERRAMENTA DE COMUNICACIÓN FUNDAMENTAL PARA TELOS INFORMADOS DE TODO AQUELO QUE ACONTECE POR ESTAS TERRAS.
TODOS SABEMOS DO ESCASO INTERESE QUE MOSTRAN OS ACTUAIS GOBERNANTES DO CONCELLO DE A BAÑA POLAS NOVAS TECNOLOXÍAS. NON HAI MAIS QUE INTENTAR VISITAR A PÁXINA OFICIAL DO CONCELLO DE A BAÑA PARA COMPROBAR NO ESTADO DE ABANDONO NO QUE SE ATOPA; E TAMPOUCO PODEMOS ESQUECER A RUDIMENTARIA LINEA DE INTERNET COA QUE CONTAMOS OS VECIÑOS DE A BAÑA.
GRACIAS A TODOS OS NOSOS VISITANTES. TODOS E CADA UN DE VOS FACEDES QUE ESTE PROXECTO SEXA POSIBLE E ANIMAMOSVOS A QUE COLABOREDES ACTIVAMENTE CO NOSO BLOG. NON DUBIDEDES EN ENVIAR COMENTARIOS, E-MAIL, FOTOGRAFÍAS OU INFORMACIÓN QUE CONSIDEREDES DE INTERESE PARA TODOS OS NOSOS LECTORES. TODOS AQUELES VISITANTES QUE QUEIRADES RECIBIR PUNTUALMENTE AS ACTUALIZACIÓNS DO NOSO BLOG NA VOSA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO NON TENDES MÁIS QUE INDICÁRNOLO ENVIÁNDONOS UN E-MAIL A PSOE_ABANA@YAHOO.ES.
MOITAS GRACIAS POLAS VOSAS VISITAS.

No hay comentarios: