ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

OS RESULTADOS ELECTORAIS VÍA SMS

Os/as veciños/as poderán subscribirse a este servizo para recibir, vía SMS durante a xornada electoral, información relativa á participación e aos resultados provisionais do ámbito/s xeográfico/s que desexen.

Os SMS enviaranse aos subscritores, nos seguintes momentos do día electoral:

Ao se completar a notificación da constitución das mesas electorais.
Ao se completar a notificación da participación ata as 12 h.
Ao se completar a notificación da participación ata as 17 h.
Ao alcanzar o 25% escrutado.
Ao alcanzar o 50% escrutado.
Ao alcanzar o 75% escrutado.
Ao alcanzar o 100% escrutado.




Os/as cidadáns/ás poden darse de alta no servizo mediante as seguintes mensaxes:

ELEC ALTAGA ao 7743 Para subscribirse a Galicia

ELEC ALTAAC ao 7743 Para A Coruña

ELEC ALTALU ao 7743 Para Lugo

ELEC ALTAOU ao 7743 Para Ourense

ELEC ALTAPO ao 7743 Para Pontevedra

O servizo de Altas estará operativo desde a primeira semana de febreiro.

Servizo de consulta:
Os/as veciños/as poderán recibir a información máis actualizada dun ámbito xeográfico enviando un SMS a este servizo en calquera momento da xornada electoral.

Para iso enviarán

ELEC GA ao 7743 Para consultar Galicia

ELEC AC ao 7743 Para A Coruña

ELEC LU ao 7743 Para Lugo

ELEC OU ao 7743 Para Ourense

ELEC PO ao 7743 Para Pontevedra

e recibirán a continuación o SMS coa última información relativa ao ámbito solicitado.

O servizo de consultas estará operativo desde a apertura dos colexios electorais o día electoral.

No hay comentarios: