ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

XANTAR CON "PACHI" VÁZQUEZ


UN ANO MÁIS OS COMPAÑEIROS SOCIALISTAS DO CONCELLO DE A BAÑA CELEBRAREMOS O TRADICIONAL XANTAR SOCIALISTA. NESTA OITAVA EDICIÓN A XUNTANZA SERÁ O CATRO DE XULLO E TERÁ LUGAR NA ESPECTACULAR CARBALLEIRA DA PARROQUIA DE CABANAS.
NON FALTARÁ A MÚSICA E O BO XANTAR, COMPOSTO NESTA OCASIÓN POR POLBO Á GALEGA, CARNE AO CALDEIRO, POSTRES, CAFÉ, ... E TODO ISO ACOMPAÑADO DUN BO VIÑO DO PAIS.
AS ENTRADAS PARA DISFRUTAR DO XANTAR XA ESTÁN Á VOSA DISPOSICIÓN NA CASA DO POBO DE SAN VICENTE, NOS TELEFONOS 981 886 833, 619 904 885 OU TAMÉN PODEDES CONSEGUILAS POÑENDOVOS EN CONTACTO COS COMPAÑEIROS DA VOSA PARROQUIA. OS ADULTOS PODEN COMPRAR AS SÚAS POR 20 EUROS E OS RAPACES TERÁN UN PREZO REDUCIDO DE 10 EUROS.
REUNIREMOS A TÓDOLOS AFILIADOS E SIMPATIZANTES DO NOSO CONCELLO, AOS COMPAÑEIROS/AS DAS DIFERENTES AGRUPACIÓNS LOCAIS DA NOSA COMARCA, E TAMÉN CONTAREMOS COA PRESENCIA DO SECRETARIO XERAL DO PSdeG-PSOE, MANUEL VÁZQUEZ.
MANUEL VÁZQUEZ VISITA POR PRIMEIRA VEZ -DESDE A SÚA RECENTE ELECCIÓN COMO SECRETARIO XERAL DO PARTIDO DOS SOCIALISTA DE GALICIA - A SEDE DA AGRUPACIÓN LOCAL DE A BAÑA E MANTERÁ UN ENCONTRO COS MEMBROS DO SEU COMITÉ LOCAL.
O NOSO SECRETARIO XERAL, ENRIQUE VÁZQUEZ, INFORMARAO DA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA O NOSO CONCELLO E FARALLE CHEGAR TODAS AQUELAS INQUIETUDES EXPRESADAS POLOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE AGRUPACIÓN.

No hay comentarios: