IX FESTA DOS SOCIALISTAS DE GALICIA

TODAS AS FOTOS DA FESTA DOS SOCIALISTAS EN flickr


Un ano máis, e xa van nove, os Socialistas de Galicia estamos organizando unha nova edición da nosa festa por excelencia, a Festa dos Socialistas de Galicia. Nesta ocasión terá lugar no espectacular recinto feiral FEXDEGA en Vilagarcía de Arousa o sábado 12 de setembro.
Como en cada edición a Agrupación Socialista de A Baña acudirá á festa. Haberá xantar (prezo do bono 15 Euros) e servizo de autobús a disposición dos militantes e simpatizantes que o desexen. O noso autobús sairá desde a Praza do Concello de A Baña ás 10.00 horas.
Todos os interesados en asistir podedes facer a vosa reserva poñéndovos en contacto con algún dos compañeiros socialistas da nosa Agrupación ou enviándonos un correo electrónico.
Milleiros de militantes socialistas participarán neste encontro que culmina as distintas festas das agrupacións comarcais celebradas durante o verán.


No acto, que comezará ás 12.30 horas, intervirán Dolores García, Alcaldesa de Vilagarcía, José Antonio Gómez, Secretario Xeral de UGT-Galicia, a Secretaria de Organización do PSOE, Leire Pajín, e o Secretario Xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez. Esta festa, na que participa toda a familia socialista xunto a UGT e ás Xuventudes Socialistas de Galicia, marca o inicio do novo curso político recentemente estrenado no Parlamento, á vez que culmina e recolle o sentir da militancia do PSdeG que durante os meses de verán celebrou distintos encontros ao longo da xeografía galega.Ao acto asistirán distintos cargos orgánicos e institucionais do partido, deputados, senadores, alcaldes e concelleiros, o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, a Ministra de MAR, Elena Espinosa, e o Secretario Xeral do PSOE de Panamá, Américo Pichel.


Un ano máis o PSdeG retoma con este xantar o traballo que dende hai 130 anos leva adiante o Partido Socialista, que é a defensa da cidadanía, da igualdade e do benestar.

No hay comentarios: