Novo campo de fútbol de herba artificial


Financiado nun 80 % (444.378 euros) pola Deputación Provincial de A Coruña e sen inaugurar oficialmente, o presidente provincial, Salvador Fernández Moreda e os compañeiros do PSdeG-PSOE de A Baña, Negreira e Santa Comba visitan a instalación deportiva.
O terreo de xogo de herba artificial de última xeración mide 51 metros ao ancho por 101 de longo, ademais, dispón da posibilidade de dividirse en dous campos de fútbol sete ao ancho.
Unha inversión da que o alcalde tería que estar moi agradecido e da que tería que ter feito unha inauguración e recepción oficial ante o presidente provincial. Lembrar que a instalación entrou en funcionamento ao comezo da tempada e que en ningún momento a Diputación de A Coruña tivo comunicación, por parte do Concello, para proceder á apertura oficial do recinto.

Nunha situación moi similar atópase o pavillón de deportes ubicado na parroquía de Lañas, a súa construcción remontase ao ano 2004 e segue sen ser inaugurado. Neste caso a inversión foi de 418.152 euros.

Moitas gracias a Salvador Fdez Moreda, Marisol Soneira, Jorge Tuñas, Xosé Antonio Ucha e compañeiro/as por compartir connosco esta xornada.

Todas as fotos do día en flickr.

No hay comentarios: