POLÍGONO INDUSTRIAL DA EIROA (A BAÑA)


Por moito que insista o alcalde de A Baña, enganando aos seus veciños e votantes, sobre a existencia dun Parque Empresarial no noso concello, dende a Agrupación Socialista temos que deixar moi claro que nin existe tal, nin está previsto por parte da Xunta nin de ningunha outra administración a construción dun polígono industrial na Baña. Incluso se atreve a sinalizalo como podedes comprobar na fotografía.
No seguinte video, gravado polas cámaras do circuíto interno do Parlamento de Galicia, podedes comprobar o escaso coñecemento que a Xunta de Galicia, Xestur e o IGVS teñen sobre a existencia dun polígono industrial no Concello de A Baña.
Abonda con escoitar as declaracións do Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio José Boné Pina, para despexar toda dúbida.
Máis info no seguinte enlace, mapa de parques, parques rematados, parques en curso: http://www.xesturcoruna.com/soloempresarial.php


No hay comentarios: