Euros x auga

Esta lei non é realmente unha lei de augas de Galicia, é unha desculpa do Sr. Feijoo para subirlle o canon da auga ós cidadáns. Para subirlle a auga a máis do dobre e nalgúns casos a máis do triple as familias galegas nun momento de crise económica. El esquécese das traídas de auga que milleiros de galegos e galegas teñen no rural e que sosteñen eles mesmos. Iso si, non se esquece para cobrar. Tampouco se regulan as situacións de inundacións ou secas nin a necesidade de levar a cabo tarefas preventivas nestes campos, tendo en conta as graves inundacións que parte do territorio galego ten sufrido anos atrás así como a aparición de casos puntuais de seca que se teñen dado, e que eran impensables anos atrás en Galicia.

Non se contemplan:
• A utilización sostible dos recursos hídricos
• A prevención e da contaminación e en xeral a protección do medio ambiente
• Non se fai referencia ás zonas inundables nin as zonas protexidas
• E falta unha regulación relativa ó rego, se garanta unha xestión eficiente e sostible do mes

Para uso doméstico sube a tarifa fixa a 1,5 euros/mes, se son máis de 2 m3 a TARIFA sería de 0.5 euros

Sube a tarifa variable:
• De 0 a 2 m3 0,00 euros/m3
• De 2 a 4 m3 0,28 euros/m3
• De 4 a 8 m3 0,36 euros/m3

Nalgúns tramos a auga estará a prezo de Murcia (0,45 euros/metro cúbico)

Polo tanto, a auga será en Galicia un 120% máis cara que en Andalucía, e de maneira indirecta este goberno sube os impostos primeiro cos libros de texto e agora coa auga. É unha maneira de recadar máis pero van ser os Alcaldes e as Alcaldesas os/as que van a ter que poñer a cara para cobrar, cercenando a autonomía local e as competencias que teñen asumidas os Concellos. O recibo da auga ten que pasalo o Concello. Así mesmo, a Lei prevé o cobro do uso de todo tipo de augas pero non a súa ordenación (caso das traídas de augas do rural ou os pozos), como vai a explicar ós veciños e veciñas do rural que tiveron que facer cos seus aforros as traídas de augas
veciñais e que teñen que mantelas, que lles vai cobrar a auga pero non se fará cargo dos gastos destas traídas, que terán que pagarlle a auga a Xunta e seguir mantendo as traídas veciñais cos seus aforros?
Pon como novidade un canón da auga, no que só cambia o nome do actual canon de saneamento, iso para duplicar ou triplicar segundo os casos o recibo da auga que pagan os cidadáns.
O canón de Galicia é un 120% superior ao de Andalucía. O mesmo entrará en vigor “curiosamente” xusto despois das municipais de Maio do 2011, os recibos pasaranos desde os Concellos para que a xente vote ao PP e logo pague pola auga sen rechistar e quedando con cara de parvos.











No hay comentarios: