A estrada Negreira - Faílde (AC-444) no Parlamento de Galicia



¿ En que situación quedan os accesos da estrada AC-444 ás parroquias de Nantón, Cabanas, Fiopáns e Lañas ?


Dadas as dificultades de acceso á capital do Concello, San Vicente de A Baña, está en disposición de acomerter a Xunta de Galicia as obras de mellora que precisa esta vila?


Que solucións se poden artellar para solucionar as múltiples deficiencias detectadas e denunciadas polos veciños de Cachopiña, Nantón, San Vicente, Cabanas, O Barro, Lañas e Fiopáns ?


Foron convidados todos os membros da Corporación municipal do Concello de A Baña aos actos institucionais de inauguración na zona de Chans ? Quen cursou as invitacións oficiais deste acto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ?


Manexa a Xunta de Galicia un prazo concreto para executar os traballos que demandan os veciños por mor das obras de acondicionamento na principal arteria de comunicación de A Baña ?


En que consisten os traballos complementarios que se veñen de adxudicar nesta estrada autonómica en datas recentes ?












No hay comentarios: