10ª Festa dos Socialistas de A Baña

Co restaurante “O Arranca” de Ordoeste (A Baña) cheo ata á bandeira, os militantes e simpatizantes da agrupación bañesa, desfrutamos dun día de celebración moi especial; tratouse da décima edición da festa dos socialistas de A Baña.
Nesta ocasión contamos cun convidado de luxo, o ministro de xustiza, Francisco Caamaño. Tamén nos acompañou o secretario xeral dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda; o alcalde de Ares, Julio Iglesias; o anterior rexedor do concello coruñés, Javier Losada: a deputada autonómica, Beatriz Sestayo; así coma compañeiros/as das agrupacións de O Pino, Val do Dubra, Santiago de Compostela, Negreira e Santa Comba.

 Enrique Vázquez Naveira: 25 anos de militancia.
Os compañeiros e compañeiras non tiveron máis que palabras de agradecemento polo traballo e a dedicación que Enrique prestou durante todos estes anos ós veciños do noso concello, por defender os dereitos de todos eles, por estar dispoñible as 24 horas do día para solucionar problemas individuais ou colectivos. Por todo isto e moito máis, Enrique forma e formará parte das súas vidas.
Gracias a el a nosa é unha das agrupacións con maior número de afiliados da comarca de Compostela, contamos con unha Casa do Pobo equipada e activa que é o orgullo de todos os afiliados, e formamos un gran equipo que seguirá traballando por e para TODOS.
Por todo isto, e moito máis, o conxunto dos afiliados e simpatizantes fixéronlle entrega, da man do ministro de xustiza, dunha placa conmemorativa como recorda dos seus 25 anos como militante na familia socialista e pola súa adicación á agrupación local.
Gracias Enrique.

Máis fotografías  no Flickr

No hay comentarios: