"A xente está cansada desta política caótica e electoralista"


Escoita a entrevista con J.A. Pereira desde o minuto 27 do audio


O candidato do Partido Socialista a alcaldía de A Baña, José Antonio Pereira considera fundamental sacar ao concello das “estadísticas negras” despois de vinte anos de goberno de Andrés García Cardeso, e pensa que ese é un desexo que hai na veciñanza “porque a xente está cansada desta política e quere un cambio”.
Pereira Gil pensa que é clave “dar alternativas de emprego” e poñer en marcha o polígono industrial para evitar que se siga perdendo poboación. Son dous aspectos que segundo Pereira reclaman os cidadáns xuntos con outras cuestión como os saneamentos, o mantemento de pistas ou o acceso as novas tecnoloxías.
O candidato socialista pensa que “as obras se poden facer dentro do concello, mediante a contratación directa de man de obra” e abandonar esta “política caótica e electoralistas”.
José Antonio Pereira Gil pensa que a pesar “de que estamos ben situados seguimos perdendo poboación”. Nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas(107.5FM) e Fórmula Fun(91.9fm) anunciou que a candidatura do PSOE en A Baña vai ser moi renovada con xente nova, preparada e con “ganas de traballar”.

No hay comentarios: