"É imprescindible preguntar directamente ao veciño para presentar un proxecto político que sitúe ao noso concello no lugar que merece”



ENTREVISTA RADIO NEGREIRA (04/02/2015)


O pasado 31 de xaneiro remataba, no local social de San Vicenzo, a rolda de visitas ás parroquias por parte do candidato socialista á alcaldía Xosé Antonio Pereira Gil.
Nos últimos catro meses, inmediatamente despois da súa proclamación como candidato socialista á alcaldía nas vindeiras elección municipais, Xosé Antonio percorreu as 15 parroquias que conforman o concello de A Baña.
Era preciso coñecer de primeira man a situación na que se atopan as infraestruturas e servizos dos que dispoñen en cada núcleo de poboación. Os Grupo Socialista Municipal leva moito tempo denunciando as diferentes deficiencias que ano tras ano reclaman os veciños e veciñas.

"É imprescindible preguntar directamente ao veciño para presentar un proxecto político que sitúe ao noso concello no lugar que merece”

Toda a información e propostas recollidas nas xuntanzas convocadas nos locais sociais de cada parroquia serán a base para a elaboración dun programa electoral real, co que o PSdeG-PSOE de A Baña concorrerá ás vindeiras elección municipais que se celebrarán o 24 de maio.

Coas visitas “porta por porta” rematadas, Xosé Antonio Pereira Gil, convocará aos diferentes colectivos para recoller as súas propostas e ideas. Será a quenda das asociacións xuvenís, deportivas, traballadores municipais, profesionais do centro de saúde, colexio público, ANPA,…

No hay comentarios: