A Baña non disporá do transporte metropolitano

A Estrada, Ordes, Padrón, A Baña e Carballo non disporán, de momento, do transporte metropolitano.

As discrepancias entre os rexedores retrasa a súa inclusión no plan ata a seguinte reunión.

Os concellos de Carballo, Ordes, A Baña, Vila de Cruces, Padrón e A Estrada terán que esperar polo menos un mes máis para facer efectiva a súa incorporación ó Plan do Transporte Metropolitano, da área de Santiago.
A comisión de seguimento tiña previsto aprobar esta inclusión o pasado mércores, pero os seus membros consideraron que era mellor deixalo para máis adiante, aínda que posiblemente será levado á seguinte comisión. Esta decisión tomouse “polas discrepancias expresadas por algúns dos representantes e pola ausencia de alcaldes doutras vilas, entre eles os que manteñen relacións máis significativas con algún dos concellos afectados, como Oroso e Val do Dubra”, según a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ver en elcorreogallego.es

No hay comentarios: