Argumentación ás mocións debatidas no pleno do 30/09/2015




1. MOCIÓN AVELINO POUSA ANTELO:

O noso grupo está de acordo co fondo da moción, creemos que é necesario e de obrigación por parte do concello recoñecer e exaltar a figura de este escritor, xornalista e intelectual nacido na Baña, mediante un acto conmemorativo.
Pero non vemos viable o cambio de nome do colexio da Baña, posto que causaría un serio prexuízo económico o tempo que consideramos que o colexio ten a súa historia e un nome recoñecido fora do noso concello.
Como alternativa propoñemos poñer o seu nome a Casa da Cultura.

2. MOCIÓN REFUXIADOS: 

En canto o fondo da moción, parécenos correcto. A preocupación polos refuxiados e compartida polo noso grupo político, apoiamos a que se inste ó Goberno Galego a que coordine un plan de acollida. Pero non entendemos o de poñer a disposición do mesmo as instalacións públicas municipais.
O concello da Baña por máis que queira non ten capacidade para acoller refuxiados. Acoller refuxiados non é metelos nunha polideportiva a durmir. Hai que ensinarlles un idioma, proporcionarlles un traballo, unha vivenda digna… e por desgraciada o concello da Baña cunha taxa de paro de máis do 30% , sen ningún tipo de vivenda social e sendo un dos concellos máis pobres da provincia, non ten a capacidade para acoller a ninguén, ata as rapazas do intercambio estiveron aloxadas en negreira.
O certo é que o papel pode con todo, pero hai que facer as cousas en base á realidade, polo tanto…

3. MOCIÓN LEITE GALEGA: 

Dicir que o noso grupo político estivo apoiando ó sector lácteo dende o primeiro día ó pé da rúa, nas concentracións e manifestacións que se convocaron fronte a pasividade do goberno da Xunta e do goberno central, ambos os dous gobernos do PP.
Polo tanto, seguiremos apoiando o sector lácteo galego, motor principal da economía do noso concello, polo que neste caso votaremos a favor da moción co fin de promover o leite 100% galego. Pero solicitamos que o tempo que se fai chegar dita moción, se solicite ó goberno da Xunta maior implicación e celeridade nos problemas do sector agrario.

No hay comentarios: