PLENO ORDINARIO DO DÍA 25 DE MAIODE 2016


Tocante o primeiro punto dáse por aprobada a acta anterior.
No segundo punto o alcalde da por informada á corporación das resolucións emitidas dende  o último pleno.
No terceiro punto, ratifícase o acordo da xunta de goberno local de aprobación de proxecto corrixido “Rehabilitación e conservación do Centro Cultural da Carballeira”
En canto as actuacións de control, a moción do grupo mixto non se levou á votación posto que o acordo da mesma xa estaba resolto dende o ano pasado.

E aquí está a batería de rogos e preguntas do noso grupo:

1- Queremos que conste en acta que seguimos sen ter acceso as actas das xuntas de goberno, a última que recibimos foi o día 6 de maio cando a xunta foi  celebrada o  8 de febreiro.
De seguir nesta situación procederemos a dar parte o órgano correspondente  para poñer fin a esta situación.

2- Tíñamos solicitado un informe sobre  os pagos das dietas correspondentes  pola asistencia ó consello escolar do concelleiro Roberto no curso 2014-15, e o que se nos entregou foi unha simple nota informativa.
Estamos fartos desta situación polo que solicitamos con carácter urxente se realice dito informe con fechas concretas e coa debida xustificación dos pagos pola tesourería do concello.
De non ser realizado nun tempo prudencial, poremos o caso en mans da autoridade competente para que se apliquen as medidas correctoras.

3- Solicitamos información sobre o trámite que seguiron as mocións presentadas por este grupo, a do aumento do servizo de pediatría, así como a presentada sobre a vacina da menixite

4- Por petición dos veciños de San Cibrán solicitamos o arranxo de:
O camiño de Porto e  a fonte de Chantada.

5- Por petición dos veciños de Suevos solicitamos:
Que se mellore o mal estado da pista deportiva, se instale  o parque infantil, se dote dun   depósito de auga ó local social  así como dunha  estufa de pellets, se repoña o galpón anexo ó local que derribou o concello, e se arranxe con carácter urxente a pista da Gandariña á estrada de Faxín- Ermida polo Barreiro.

6- Queremos solicitar a colocación dun cambiador para os bebes nos aseos da casa da cultura.

7- Solicitamos a  petición dos veciños da Barcala, a limpeza do camiño que vai dende Cores ata o río (o que pasa por diante da casa de Palmira ), así como a reparación dos pasos para o cruce do río no Lameiro. Tamén solicitamos a reparación da pista da Camposa , xa que se vai reparar o aceso a mesma, e pedimos que se tramite  a colocación dun paso para peóns para o aceso a farmacia ou o tanatorio.

8- Solicitamos a reparación da fonte de Emes, o amaño de cemento do solo  esta de novo levantado, cousa dun traballo mal feito.

9- A  petición dos veciños da Riba solicitamos a colocación de tubos na cuneta  na estrada á  altura da igrexa co fin de evitar accidentes sobre todo os días de actos litúrxicos  pola alta concentración de coches e escaso ancho da estrada.

10- Solicitamos unha limpeza dos espellos  situados nas estradas do concello.

11- Solicitamos que  os actos infantís  se publiciten tanto  no colexio como nas  distintas parroquias.

12-         Queremos saber si o departamento de cultura do Concello ten pensado organizar algún tipo de evento  (anexión á rede cultural da Deputación) , como así o está a facer os concellos veciños ca chamada “primavera cultural”.
Bótase en falta actividades culturais dirixidas non so ós cativos si non para todo os públicos.

13- Solicitamos información acerca das actividades que se están a realizar na casa retoral de Monte.

14- Solicitamos unha vez mais a colocación dunha marquesiña para os veciñ@ de Paredes. E damos unha opción, en  San Salvador hai unha que non se usa que de maneira provisional podería dar servizo en Paredes.

15- Temos constancia de novas baixas de alumnos do CPI de A Baña  para o curso escolar que ven, creemos que isto fai patente algún  tipo de problema que afecta os veciños, debemos intentar que os nenos do concello acudan o colexio da Baña porque a este ritmo entre a escasa natalidade e o correspondente goteo de baixas, o Concello rematará perdendo o grupo escolar. Polo que solicitamos que dende o Concello  se tomen as medidas necesarias para paliar dito problema.

16- Queremos saber que uso se lle esta dando a vivenda comunitaria de Monte, quen ten aceso a ela e que hai almacenado no seu interior.

17- Ante o conflito dos traballadores da limpeza do CPI do colexio de A Baña, solicitamos a intervención do concello como mediador co fin de buscar unha solución a situación dos traballadores.

18- Solicitamos se nos explique os pagos de 2959.33€ a Dielectro industrias e de 1391.25€ a Fundición Galipor.

19- Presentamos a queixa dos veciños polos desperfectos ocasionados polas empresas madeireiras en Lañas.

20- Solicitamos o arranxo da pista que da acceso a plantación de arandanos no Barro –Cabanas.

21- Solicitamos o arranxo do camiño de Ferreiros  que vai dende o Portiño Lonco  ata Borreiros.

22- Solicitamos que  igual  que se promociona  a Trai-Galaica cunha inversión de mais de  3500€, se impulsen outros deportes de maior afición no noso Concello.

23- Suxerimos que no próximo sorteo das mesas electorais  se de prioridade a xente que este no paro, o que lle suporía un pequeno ingreso económico.

No hay comentarios: