Moción do Grupo Municipal Socialista - Fraccionamento do pago do IBI



MOCIÓN APROBADA NO PLENO DO 05 DE ABRIL DO 2017
#ObxectivoConseguido

Nova moción que o Grupo Municipal Socialista rexistra nas oficinas xerais do Concello de A Baña. Nesta ocasións instamos ao Concello a informar parroquia por parroquia da posibilidade do fraccionamento do pago do IBI. Tamén pedimos que dende a administración local tramiten a documentación necesaria para que a veciñanza non teña que facer desprazamentos innecesarios.

MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA A CREAR  UNHA OFICINA DE CARACTER TEMPORAL, NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO, PARA ASESORAR E AXUDAR A TRAMITAR A VECIÑANZA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA PODER SOLICITAR O NOVO SISTEMA ESPECIAL DE PAGAMENTO DO IBI EN DOUS PRAZOS .

O Grupo Municipal do Partido Socialista en A Baña en base  ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presenta a seguinte moción.

EXPOSICIÓN DOS MOTIVOS:

Coa recente revisión catastral os recibos do IBI este ano 2017 experimentarán unha considerable subida, o que fará que moitos dos nosos veciños teñan un serio problema para facer fronte o pago dos mesmos.
Este ano, o pago do recibo do IBI pode facerse fraccionado en dous pagos. O primeiro no mes de xuño e o segundo no mes de outubro, sen ningún custo adicional.
Os requisitos para formular dita solicitude poden supoñer unha traba para que os veciños  accedan a este novo sistema de pago.
É por isto que propoñemos o seguinte acordo:

ACORDO:

1.- QUE SE PUBLICITE DITA PROPOSTA POLAS PARROQUIAS, CO FIN DE QUE A VECIÑANZA POIDA ACOLLERSE A ESTA MEDIDA. 


2.- INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA, A CREAR  UNHA OFICINA DE CARACTER TEMPORAL, NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO, PARA ASESORAR E AXUDAR A TRAMITAR A VECIÑANZA, A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA PODER SOLICITAR O O NOVO SISTEMA ESPECIAL DE PAGAMENTO DO IBI EN DOUS PRAZOS



No hay comentarios: