ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

Novo engano do Alcalde de A Baña aos seus veciños sobre o destino da casa reitoral de Monte


Desde a Agrupación Socialista de A Baña instamos ao Alcalde da Baña á convocatoria urxente dun pleno para esclarecer a situación actual e destino futuro da reitoral de San Mamede de Monte.

Tras ler na  prensa, o pasado mércores 12 de abril, as declaracións da ex conselleira Rocío Mosquera, anunciando para o vindeiro mes de maio a posta en marcha dunha casa fogar para nenos discapacitados no inmoble da reitoral de San Mamede, queremos expresar a nosa indignación e malestar por non ser informada a corporación desta decisión. Os primeiros coñecedores desta información teñen que ser os veciños e veciñas do municipio bañés a través das canles institucionais correspondentes e dos seus represnetantes políticos locais.
A  casa reitoral de Monte está cedida  polo Arzobispado ó Concello de A Baña. Nela  o Concello inverteu moitos cartos no seu acondicionamento e restauración. O seu uso sería segundo o Alcalde, o de vivenda sociocomunitaria para uso e beneficio dos veciños de  A Baña.
Entendemos que unha decisión dese calado, debería ser consensuada coa corporación municipal, xa que afecta os interese da veciñanza do Concello. Polo tanto non  debe ser tomada de forma unilateral e a calada, coma se houbese algo que agochar.
É por isto que, solicitamos que se convoque un pleno de carácter urxente para explicar:
1.- Este novo uso da casa reitoral de Monte
2.- ¿Que é a asociación Anxiños?, ¿quen a forma ou a dirixe?
3.- ¿Como se vai financiar no futuro dita vivenda?
4.- ¿Cantos cartos se levan invertidos en dito inmóbel, xa sexa a través de subvencións, ou achegas directas do Concello?
5.- Si o inmóbel ten toda a documentación en regra para poder vivir nela.
6.-Si vai haber algún convenio entre o Concello e a asociación que vai dispor da vivenda? E si o hai, ¿cal é?
7.- ¿Por que se fai pública esta información noutro Concello e nun acto privado, presentación de viños, que nada ten que ver co tema?

Repercusión nos medios:

Lindeiros.gal 15/04/2017

AdianteGalicia.es 15/04/2017

ElCorreoGallego.es 16/04/2017




No hay comentarios: