EMPREGO DIGNO E POBREZA CERO: POLA MODERNIZACIÓN DO NOSO SISTEMA DE RELACIÓNS LABORAIS E O ESTADO DE BENESTAR.
Como todos os
primeiros de maio os socialistas mostramos o noso apoio e solidariedade á clase
traballadora do noso país. A todos, aos que teñen emprego, aos que o tiveron e
xubiláronse, aos que o perderon e a quen tenta conseguilo.
Hoxe esa clase
traballadora é máis diversa que a que alumou os logros e conquistas da primeira
loita obreira. Os retos e a contorna institucional son distintos. Temos unha
democracia avanzada, movémonos nun marco
europeo de soberanía compartida e a transformación dixital dilúe as fronteiras
entre empregador e empregado. O mercado de traballo é diferente, pero os
obxectivos seguen sendo basicamente os mesmos: garantir unhas condicións de
vida dignas para todas as persoas que co seu traballo e coñecemento achegan
valor á sociedade.
Estes obxectivos
non só non se conseguiron, senón que cada vez estamos máis lonxe de alcanzalos.
O noso mercado de traballo mantén dúas características inaceptables. Moito
paro, xente que quere traballar e non pode. E moito emprego precario, que non
ofrece un desenvolvemento da carreira profesional e vital aos traballadores e
traballadoras. Unha situación inaceptable, que un partido progresista como o
PSOE non pode permitir.
Esta situación
reflíctese tamén nas estatísticas, porque non só temos que fixarnos no PIB. Os
datos reflicten que a taxa de pobreza segue crecendo en España a pesar da
recuperación da produción.
Pobreza que
afecta sobre todo aos parados, pero tamén aos traballadores, afectando ao 14%
da poboación ocupada, case 3 puntos máis da que había antes da reforma laboral
do PP.
....
Reforzamos o
noso compromiso cunha política económica alternativa, progresista, capaz de
gañar competitividade sen atacar os dereitos dos traballadores e que nos
prepare para os retos do futuro. Unha política que modernice o noso sistema de
relacións laborais e o Estado de Benestar co obxectivo de conseguir emprego
digno e atallar a pobreza.
Hoxe, igual que
sempre, manifestarémonos o 1º de Maio e facemos un chamamento á cidadanía e en
particular aos militantes e simpatizantes do PSOE para que se una ás
convocatorias das organizacións sindicais.
MANIFESTO COMPLETO PSOE DO 1º DE MAIO 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario