Camiñada por terras da Baña: Ruta posxacobea


A Agrupación Socialista de A Baña organiza, para o vindeiro 3 de setembro, unha camiñada pola segunda etapa do Camiño de Santiago ata Muxía. Con saída ás 9.30 desde a carballeira de San Cibrán, percorreremos o tramo da etapa que visita cinco das parroquias do Concello de A Baña: San Cibrán, Barcala, Ordoeste, Corneira e A Riba. 
Os socialistas da Baña apoiamos dende un primeiro momento as iniciativas levadas a cabo por diferentes colectivos para acadar o recoñecemento oficial de dita etapa e así poñer en valor unha ruta que mellorará as posibilidades socioeconómicas dos concellos polos que trascorre.



No hay comentarios: