Resumo do pleno do día 27 de setembro do 2017


O primeiro punto,  aprobación das actas das sesións anteriores, é aprobado,  tras unha  modificación que o noso portavoz  José  A. Pereira  solicita na acta do pleno extraordinario con fecha de 24 de maio do 2017. Onde pon ....sería bo coñecer os gastos que supuxo o litixio e a súa execución.”  Para que continúe dicindo “ polo que solicitamos o correspondente informe de gastos ”.
No segundo punto da orde do día, o Alcalde da conta  dos decretos emitidos dende o último pleno, pasando o terceiro punto da orde do día (arranxo e reforma do muíño da Calexa en Fiopáns) aprobado pola maioría dos asistentes.
O noso portavoz aclara que esta petición xa fora feita polo noso grupo político, e que a nosa concelleira  Ana Paramos, foi partícipe da xuntanza das firmas, para poder empezar o proxecto, cuxo  orzamento será  de algo mais de 14.000€. E engade a posibilidade  que  na medida do posíbel, nun futuro se reparen os restantes  muíños do Concello, e poder facer unha “ruta dos  muíños” o longo do Concello .
O cuarto punto (informe do Alcalde e acordo que proceda sobre a cesión do Centro de Saúde ao SERGAS), o Alcalde informa que de novo vaise retomar o acordo do 28 de xullo de 2010, co fin de pasar as instalacións ao SERGAS,  e así  eliminar os gastos que ata o de agora estaba facendo fronte  o Concello.
O quinto punto (festivos locais), cada grupo presenta a súa opción.
O noso grupo propuxo  como festivos locais o  día 22 de xaneiro,  San Vicenzo, patrón da Baña  e  o 13 de febreiro, martes de Entroido  fronte  o grupo mixto, que solicitou o 22 de xaneiro  e  o 18 de maio. A proposta do PP inclúe o 22 xaneiro  e o  2 de abril.
O non haber acordo, sométese a votación, e sae adiante a proposta do PP cos seus votos a favor, o seren maioría.
En canto a parte de control, a moción do grupo mixto é desestimada cos votos a favor do PSOE, e os votos en contra do PP, sendo necesario o voto de calidade do Alcalde o non acudir o pleno o concelleiro  Manuel Tourís ( PP).

En canto a rogos e preguntas, estas son as formuladas polo noso grupo.

Consulta aquí 

No hay comentarios: