Dita moción non foi apoiada polo Partido Popular, e co voto de calidade do Alcalde foi rexeitada.


A falta dunha rede de subministro de auga potable  municipal, obriga aos veciños a  abastecerse dos mananciais privados que de maneira individual ou comunitario, van facendo nas distintas parroquias. Coa situación actual de seca que está a sufrir o noso país, moitos destes mananciais están secos, o que se traduce en graves problemas para os veciños das  distintas parroquias do noso Concello. Sendo máis grave si cabe a situación dos gandeiros, que como mínimo precisan dun consumo diario entorno os 70 litros por animal.

No pleno celebrado o pasado día 1 de agosto de 2017, o grupo Socialista ante esta situación, presentou unha moción coa que pretendíamos impulsar un compromiso por parte do Concello na construción, canalización e mantemento, de novos mananciais de carácter comunitarios co fin de garantir o servizo a aquelas vivendas que aínda non tendo propiedade na auga, acrediten a necesidade, e dunha vez por todas atallar situacións como as que se están a sufrir nestes intres.

Dita moción non foi apoiada polo Partido Popular, e co voto de calidade do Alcalde foi rexeitada.

En virtude do conxunto de circunstancias expostas, dende o Grupo Municipal Socialista plantexaremos as seguintes cuestións no vindeiro pleno ordinario previsto para o 25 de novembro de 2017.

¿TEN O CONCELLO IDEADO ALGÚN PLAN DE URXENCIA  SE CONTINUA  ESTA SITUACIÓN?

¿TEN O CONCELLO MEDIOS PARA  SUBMINISTRAR A  AUGA AS DISTINTAS PARROQUIAS?

¿TEN O CONCELLO PENSADO ALGUNHA SOLUCIÓN A CURTO  PRAZO PARA REMATAR CON  ESTE PROBLEMA QUE SE REPITE E SE AGUDIZA ANO TRAS ANO?

Aquí podes consultar a moción rexeitada polo Partido Popular co voto de calidade do Alcalde.

No hay comentarios: