Resumo do pleno ordinario do día 29 de novembro do 2017



Foto: www.adiantegalicia.es
Comeza o pleno as 14:00 horas coa aprobación das actas pendentes, con unha pequena corrección, solicitada polo grupo Socialista, xa que nunha delas figura Pedreira cando tiña que poñer Pereira.
O segundo punto da orde do día, (dar conta das resolucións da alcaldía) o Alcalde da por informada á corporación dos decretos emitidos dende o último pleno.
No terceiro punto (ratificación do proxecto de subministración de sinais viarias), foi aprobado por maioría, quedando o orzamento para dito proxecto nun total de 18.181,80 euros.
O cuarto punto (ratificación do acordo plenario relativo á aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2016 ). Sometido a votación, este é aprobado polos votos a favor do PP e do PSOE e a  abstención, do Grupo Mixto.
No último punto, (adhesión á declaración da FEMP con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller) o noso voceiro Jose A. Pereira, recriminou ó Alcalde no haber feito un acto exclusivo para ese día dada a importancia do mesmo ó tempo que criticou que se utilizara o magosto para este fin.  A declaración foi aprobado por unanimidade.
En canto ás mocións, o noso voceiro defendeu a presentada o pasado 11 de novembro, encontra do abandono do medio rural galego, sacando a diante os 9 puntos do acordo para manter un rural vivo, activo e con futuro.
O grupo Mixto presentou dúas mocións sendo unha sobre compostaxe  doméstica que se aprobou por unanimidade e outra sobre a incorporación do Concello Da Baña á Xunta pro devolución do Pazo de Meirás rexeitada polo Partido Popular.

Na seguinte ligazón pódense consultar os rogos e preguntas presentadas polo noso partido


No hay comentarios: