Os socialistas da Baña esiximos que o Concello de A Baña garanta a seguridade das vivendas afectadas


MOCIÓN PARA INSTAR Ó  CONCELLO DE A BAÑA, A EXECUTAR OS TRABALLOS DE LIMPEZA DAS FRANXAS DE SEGURIDADE PRÓXIMAS AS VIVENDAS, CO FIN DE MINIMIZAR OS RISCOS  DO LUME.





Como todos sabemos o vindeiro 31 de maio será o Concello o que teña que impoñer o cumprimento forzoso da xestión da biomasa vexetal e avaliar o cumprimento ou non dos veciños en canto a limpeza da zoa de seguridade, na  que en liñas xerais non pode haber nin maleza nin árbores a menos de 15 metros das casas. Entre 15 e 30 metros so pode haber frondosas caducifolias, sempre que estas estean separadas entre si 7 metros, mentres que as especies de combustión rápida ( pinos, eucaliptos e acacias) tan so están autorizadas a unha distancia mínima de 50 metros.

Por regra xeral os propietario dos terreos que incumpran a normativa teñen 15 días tras recibir a notificación para limpar os terreos, e en caso de incumprimento, o Concello ten a potestade de executar el mesmo os traballos e repercutir os custos o propietario.

O abandono dos terreos de cultivo e a falta de control por parte do Concello na reforestación con especies  denominadas de rápida combustión, fai que a  Baña teña varias  vivendas en risco de lume por non estar limpas dita franxa de seguridade.

A día de hoxe, temos constancia de que varios veciños de distintas parroquias teñen feito a correspondente denuncia no Concello, de distintas leiras que incumpren a normativa en canto a limpeza da biomasa, o que fai que as súas vivendas corran perigo ante un posible lume.

É por isto que solicitamos se tomen os seguintes acordos plenarios para dar unha solución a esta situación.


1-    Proceder xa, á limpeza por parte do Concello, das franxas de seguridade das fincas nas distintas parroquias  que a día de hoxe están denunciadas no Concello.

2-    Facer un estudio por parroquias das fincas  afectadas, para saber a situación real a día de hoxe sobre o número de leiras afectadas.

3-    Elaborar  un plan de limpeza, para avaliar si o Concello ten capacidade de executar os traballos de limpeza,  e proceder  a realizalos.

No hay comentarios: