Servizo de pediatría do Centro de Saúde da Baña


D. José  A. Pereira Gil con DNI 32828782P como Portavoz Municipal do Partido Socialista no Concello de  A  Baña,
EXPÓN:
Que despois de ser presentada polo grupo Socialista unha moción para instar á Consellería de Sanidade a cursar orden ao Servizo  de  Xerencia de  Atención Primaria para que dote ao centro médico de  A  Baña dunha quenda  de pediatría de carácter permanente, (moción aprobada por unanimidade no pleno  ordinario do 27 de xaneiro do 2016)  dito servizo  estase   vendo reducido aínda mais,  xa que a día de hoxe só hai consulta  un  día á semana, sendo un auténtico prexuízo para os veciños.
Lamentablemente os nenos non escollen o día para estar enfermos, sendo habitual que os trate de urxencia un médico de familia, o cal non ten a debida especialidade para con este tipo de pacientes, sendo estes  ao  final derivados a outro centro médico.
Ante o anuncio feito polo Presidente da Xunta nos medios de comunicación, anunciando a contratación de 20 novos pediatras,

SOLICITAMOS:

Se curse de maneira oficial e urxente ao organismo competente, unha solicitude para a incorporar ao centro médico de A Baña dun  pediatra con carácter permanente.

A Baña, Setembro 2018



MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA E APROBADA POR UNANIMIDADE NO PLENO ORDINARIO DO 27 DE XANEIRO DE 2016


Considerando suficientemente debatido o asunto, o Presidente somete a moción a
votación, coa modificación da expresión anteriormente referida, aceptada por todos os
grupos políticos, obténdose o seguinte resultado:

Votos a favor: once (11)
Votos en contra: cero (0)
Abstencións: cero (0).


No hay comentarios: