Resumo do pleno extraordinario do día 19 de decembro do 2018.


Comeza o pleno ás 14:00 horas, coa solicitude  do sr. Alcalde de intercambiar os puntos da orde do día sendo o primeiro punto, “plan  único POS+2019  da Deputación de  A  Coruña”.    O Alcalde informa que do total dos fondos asignados  á  Baña, 262.841,86 € serán destinados ao finanzamento de gasto corrente, 91.883,58 € iran destinados á Pav.V.P.  Duomes de Arriba –Seilán, e 33.298.27€ á Pav. V.P. Trece- A Costa.
En canto ao Préstamo Provincial 2019 facilitado pola Deputación de 180.517,81 €, este, irá destinado á Pav.V. P. en Corneira.
Tamén se propuxeron como plan complementario diversas obras de Pav. V.P. no  Rial-Cruceiro, Emes-Seoane, Faxín -Francos, Cabanas e S. Vicenzo- Paredes.

Na quenda do noso portavoz,  Jose  A. Pereira manifestou : "imos  votar a favor da aprobación destas propostas,  xa que dos 8 proxectos presentados  no pleno,  4   (Pav. V.P. en Duomes,  Emes,  Faxín e Paredes) foron solicitadas polo noso grupo  no pleno do 3 de outubro para incluír nas inversións do Plan Único, POS+ 2019. E a Pav. V.P.  Trece – A Costa, xa era unha vella reivindicación do noso grupo. Pero temos que advertir unha vez mais da falta de previsión que teñen sr. Alcalde. Fai escasos catro  anos  investíronse  mais de  240.000€ na pavimentación e humanización  da estrada de Corneira. E agora na mesma actuación, máis de 180.000€. Isto deixa ver que non fan as cousas ben, que non traballan con visión de futuro, e que como os cartos non saen do seu peto, dálle igual onde facer as obras”.
O punto é aprobado cos votos a favor do PSOE e do PP, absténdose CxG. 

No segundo punto da orde do día, “adhesión á asociación de entidades locais pola lingua galega”. Infórmase que a adhesión suporá unha achega por parte do concello de  A Baña de 1000 € anuais, e que se asignará  persoal  municipal   como representante  do Concello na asemblea da asociación. O punto é aprobado por unanimidade.

No punto terceiro, “solicitudes de bonificación do IBE”, dáse o visto  bo á declaración de  interese social –económico para o Concello,  das actividades que desempeñan   ás explotacións gandeiras solicitantes, requisito indispensable para optar  á bonificación de ata o 95%  do IBE das instalacións, que se levará a cabo grazas á moción presentada polo noso grupo, que recollía estas e outras bonificacións.
O punto é aprobado por unanimidade da corporación.

No hay comentarios: