A BAÑA O PRIMEIRO .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... A BAÑA O PRIMEIRO .......... www.socialistasdeabaña.gal ........... A BAÑA O PRIMEIRO .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... A BAÑA O PRIMEIRO .......... www.socialistasdeabaña.gal

Visita á Asociación Avante, Centro de Recursos para persoas con discapacidade de Val do Dubra

O pasado luns, o noso concelleiro e portavoz municipal, José Antonio Pereira Gil,  visitou as instalacións que a asociación Avante ten no Concello de Val do Dubra. Acompañado pola presidenta da asociación, Mª Mercedes Pazos Landeira, por membros da dirección do centro e por varios dos traballadores foi informado dos servizos que prestan aos seus usuarios, así como, dos proxectos que están a desenvolver no presente; das necesidades do centro e das actividades que teñen programadas para o vindeiro ano. A dirección do centro fixo un percorrido polo Centro de Día, o Centro Ocupacional e a Vivenda Tutelada da que dispoñen os usuarios.
O Centro de Recursos para persoas con discapacidade de Val do Dubra, está en funcionamento desde o ano 2005 e situado preto do centro urbano de Val do Dubra. A experiencia no traballo que realizan e a calidade na atención ás persoas con discapacidade da zona, son o seu selo de presentación.
Situado no concello de Val do Dubra, o Centro de Recursos para persoas con discapacidade de  NIVEIRO é de ámbito supramunicipal e abarca ademais do concello de Val do Dubra os de Santa Comba, A Baña, Cerceda, Ordes, Tordoia e Trazo.



Empeza a funcionar no ano 2005, pero é durante o 2008 cando se acometen as obras precisas para adaptalo á normativa vixente de centros de día e centros ocupacionais.
Neste centro, préstanse servizos de apoio ás persoas con discapacidade para o fomento da súa autonomía a través de programas de saúde, formativos, orientación e inserción laboral, información e asesoramento, lecer, etc. Estes servizos canalízanse a través dun Centro de Día  e un Centro Ocupacional, ambos con capacidade para 20 prazas.
O Centro de Día para Persoas con Discapacidade é un centro especializado de atención diúrna destinado a proporcionar unha atención integral ás persoas con discapacidade con necesidades de apoio extenso e xeneralizado e/ou en situación de dependencia, que polas súas características necesitan dun apoio persoal para realizar as actividades básicas da vida diaria, dunha rehabilitación continua e específica (tanto desde o punto de vista psíquico como físico) co fin de para mellorar as súas capacidades e promocionar a súa autonomía persoal.
Conta con equipamento especializado de estancia diúrna destinado a proporcionar atención integral a persoas con discapacidade con necesidades de apoio límite e intermitente, que polas súas características necesitan unha atención persoal para potenciar hábitos de vida diaria, así como actividades  capacitadoras e terapéuticas de formación ocupacional e de desenvolvemento de habilidades persoais e sociais, co fin de promocionar o seu acceso ao mundo laboral.

www.asociacionavante.org

No hay comentarios: