Grave neglixencia no Concello da Baña. Documentación confidencial



Ver para crer. Archivadores con moitísima documentación do Concello da Baña amoreados no ascensor do local social das escolas vellas de San Vicente. Unha auténtica irresponsabilidade. Documentación con números de conta, nóminas de traballadores do Concello, números da Seguridade Social. Todo tipo de información confidencial. Outro novo exemplo de como se fan as cousas neste Concello. Documentación que está ao alcance de calquera persoa que pase por aquel edificio. Un edificio no que se imparten as clases de música e de informática e onde no día de hoxe moitos pais, nais e rapaces tiveron acceso a toda esta información de carácter persoal. Algúns presentes chegan a asegurar que dita documentación leva almacenada no ascensor desde a semana pasada. Canta xente tivo acceso a ela ?? Está toda a que era ??

Como é posible que sucedan estas cousas ?? Como é posible que toda esta documentación con tantísimos datos confidencias leve desde a semana pasada tirada no ascensor dun edificio de acceso público do Concello da Baña ?? Que está pasando neste Concello ??
Nóminas do persoal do concello, números de conta, números Seguridade Social, pagos extraordinarios os persoal, ( e moitas outras fotografías que non publicamos ) Desde logo que poñeremos en coñecemento das autoridades esta situación para que tomen as medidas oportunas.








No hay comentarios: