PACTO DE GOBERNO PROGRESISTA PARA A BAÑA

Tras os resultados do pasado día 26 de maio, onde o PP da Baña perdeu a maioría absoluta que levaba obtendo nos últimos 24 anos, os veciños situaron ó PSOE como segunda forza máis votada con 989 votos (37,43%), cunha subida en porcentaxe de votos en relación ás eleccións do ano 2015, e a CXG como terceira forza con 415 votos (15,710/0).
Ante esta situación, desexamos levar a cabo un pacto de goberno coa finalidade de ofrecer estabilidade e progreso ó Concello da Baña, xa que a veciñanza deixou ben claro que quere un cambio.
Como non pode ser doutra maneira, este proxecto debe ser liderado polo candidato do partido socialista D. Jose Antonio Pereira Gil, asumindo a participación de CxG en dito propósito.
Co fin de comezar un proceso de negociación, e despois de intentar poñerme en contacto con vostede por vía telefónica o pasado 27 de maio ás 14.43, e o non ter resposta, o noso grupo designou a catro integrantes para formar unha comisión negociadora. E por iso que solicitamos unha reunión para o vindeiro fin de semana de acordo coa súa disposición.

Asdo: Jose A. Pereira Gil





Ao Secretario Xeral de CxG da Baña

No hay comentarios: