Proposta a CxG A Baña - Pacto de goberno progresista


Co fin de acadar un acordo de gobernabilidade no concello da Baña, e unha vez analizados os resultados electorais onde o PSOE da Baña consolídase como a segunda forza máis vota co 37,43% dos votos fronte ao 15,71% de CxG, e dado que a suma de ambas forzas supera amplamente á maioría, desde o PSOE da Baña, queremos dar forma ao proxecto político demandado polos veciños de forma clara e concisa: un cambio no goberno municipal.

Despois de reunirse a agrupación socialista, decidiu crear un grupo de traballo para, de maneira conxunta con CxG, conseguir levar a cabo ese cambio tan ansiado pola veciñanza.

Consideramos esta primeira reunión de vital importancia, xa que denota polas dúas partes a intención de chegar a un acordo, que en certa maneira satisfaga a ambos pero que, sobre todo, cumpra coas expectativas plasmadas pola maioría social nas urnas rematando coas nefastas políticas que se levan facendo no noso Concello durante os últimos 24 anos.

É por isto que propoñemos un pacto de goberno. Un pacto no cal teñan cabida ambos programas electorais. Un compromiso adquirido de consenso co fin de sacar á Baña da situación de letargo na que está sumida dende fai moitos anos. Un acordo para dotar á Baña de servizos e ofertas que supoñan un novo futuro para os veciños, e que por fin nos coloque no mapa, como un Concello progresista.

Atendendo aos resultados electorais (única premisa obxectiva), dito proxecto debe ser liderado polo partido de maior representación (PSOE) quedando unha tenente alcaldía á disposición da segunda forza (CxG). Segundo o número de votos obtidos por CxG, que lle outorgaron dous concelleiros, consideramos que tamén debería facerse cargo dunha das áreas de goberno. Todo isto será garante para manter unha gobernabilidade conxunta da institución municipal.

É por isto que solicitamos teñan a ben valorar dita proposta, e nos contesten coa maior brevidade.

A Baña, 9 de Xuño de 2019.

Asdo: Jose A. Pereira Gil


Ao Secretario Xeral de CxG da Baña

No hay comentarios: