Preguntas e propostas do Grupo Municipal Socialista










ROGOS E PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 2 DE ABRIL  DE  2019


“Despois de 4 anos desta lexislatura queremos recordarlle algunhas das petición que levamos feitas, moita delas de escaso gasto para as arcas do Concello e que despois de 4 anos seguen igual.”

1- A limpeza das franxas de seguridade de 50 metros de monte arredor de edificacións, núcleos urbanos ou vivendas illadas. Fundamental para a seguridade dos veciños, que incluso se aprobou nunha moción, e segue sen facerse.

2- Dende o ano 2016, levamos solicitando que se tomaran as medidas necesarias coa casa en ruínas que está en Guende, e a cousa segue igual.

3- A correcta  numeración das vivendas das distintas parroquias. A día de hoxe sigue sendo un caos na maior parte das parroquias.

4- A mala xestión da escola municipal de música  por parte do Concello. A tardanza de mais de 3 meses no cobro das cotas, a cancelación de clases, e agora o cambio de mestres a metade de curso.

5- Solicitamos  que se fixera unha actuación de carácter urxente na estrada que vai dende  A Castiñeira ata Guende.  O mal estado do firme con herba no medio da calzada e a falta de cunetas para que a auga non cruce dunha banda a outra, fai que esta estrada sexa un auténtico perigo.

6- Seguimos  esperando  polo informe sobre os gastos que ocasionou o litixio do Concello cos veciños afectados no PXOM polo camiño de Monelos.

7- Fai mais de dous anos que solicitamos a colocación dunha varanda na ponte que da paso ao lugar da Folgueira  por xunto o campo de fútbol en  Corneira. A día de hoxe segue igual.

8- O  acondicionamento a entrada ao campo da festa de Corneira, xa que estanse a formar fochancas, o que dificulta seriamente o paso.

9- A tardanza na entrega das actas das Xuntas de Goberno, das respostas do pleno anterior ou o horario dos plenos.

10- A limpeza do camiño de S. Roque o paso da Ponte Vella en Marcelle, xa que a acumulación de barro no asfaltado fai moi perigoso o paso.

11- A construción dun galpón ao carón do local social de Suevos.

12- A cubrición do lavadoiro da fonte de  Troitosende.

13- Medidas urxentes, concretas, un plan de choque que poña freo á perda de poboación que sufre o Concello.

14- Solicitamos que o concello realizara as xestión oportunas para que a liña telefónica chegue ata o lugar da Edreira, xa que os veciños son ignorados nesta petición pola compañía responsable.

15- Fai dous anos  que solicitamos a corta das arbores que están ao final da rúa da Castiñeira, na entrada de Señor, un perigo, pola súa proximidade á estrada.

16- Solicitamos fai mais dun ano a colocación dun letreiro de identificación do lugar do Vilariño da Baña (rúa  de Castelao), xa que aos veciños, na maior das veces o correo ou paquetería, vai a parar á parroquia de Corneira.

17- Segue habendo queixas pola mala, e en casos, nula recepción da sinal de TV. Lugares como Vilar de Cerdeiras,  Edreira e outros xa nomeados en anteriores plenos están na mesma situación que fai 3 anos, cando se tratou o tema no pleno.

18- No lugar de Guimaráns os veciños seguen con serios problemas coa subministración da electricidade. Tema tamén informado fai ano e medio polo noso grupo.

19- En Vesía á altura da casa de Riveiro, solicitamos que se colocaran uns tubos para soterrar a cuneta xa que ten un gran desnivel co consecuente perigo  para o paso dos vehículos. E a día de hoxe todo segue igual.

20- Na parroquia de Barcala no lugar de Emes hai un pozo de auga público para uso común ( uso de cisternas para regadío, apagado de lumes etc ).
Solicitamos fai anos, unha actuación de limpeza, cambio da reixa  xa que está seriamente danada e  a colocación dunha comporta para facilitar o baleirado para a súa limpeza.

21- O arranxo dunha fochanca no Vilariño.

22- Que se amplíe o horario da biblioteca .

23- Que se arranxen os taboleiros de anuncios que hai nas parroquias

24- A colocación  dunha reixa no chan á entrada do  local social de Fiopáns.

25- A instalación dun quitamedos  na baixada de Buchaín.

26- Solucionar o problema na curva das Bouciñas (Ferreiros).

27- A instalación dun espello para facilitar a incorporación dos vehículos á estrada xeral na saída de Corneira e na baixada de Paraxó.

28- Na subida de Vilela cando se fixo a actuación de mellora os tubos de acceso ás fincas quedaron en moi mal estado, algúns obstruídos e outros rotos. Solicitamos xa daquela, que se cambiaran para evitar que a auga vaia por riba da estrada. E a día de hoxe segue todo igual.

“Sr. Alcalde isto demostra o pouco interese que ten para solucionar os problemas dos veciños. É por isto que desta volta pouco lle vamos a solicitar xa que todo o que dicimos, o final, non se ten en conta”.

En primeiro lugar queremos que nos aclare unha nota de prensa  que colgou na páxina web do Concello onde dicía que os Socialistas da Baña andabamos a pedir firmas en contra dun parque eólico.

Nos fixemos unha reunión informativa para os veciños sobre o futuro parque eólico de Troitomil, na que por certo, participou o seu Tenente Alcalde Landeira,  que pode dar fe do que a li se falou. E quen pediu as firmas foi a asociación de veciños da cal é directivo o Sr. Landeira.
Pídolle que rectifique as súas declaracións, e que deixe de facer uso partidista da páxina web do Concello, unha páxina o servizo dos veciños e non do partido Popular da Baña.

1- Estanse a rematar as obras da estrada de Troitosende, e non sei si vostede foi mirar as obras. Si foi, seguro que comprobou os malos acabados da mesma, e si non foi, solicitámoslle que faga unha inspección da obra. Os empates do aglomerado están a distintas alturas, o remate contra as cunetas defectuosos, varios puntos con grava a vista, fan que a obra non teña a calidade correspondente. É por iso que solicitamos se teñan en conta ditas anomalías para que sexan solucionadas antes de proceder a facer a correspondente certificación.

2- A estrada AC-546 ao paso polo Concello foi reparada  en distintos tramos.  O certo que a forma de asfaltar  en concreto ao paso por Corneira, sen facer previamente un drenaxe na zona,(xa que nace a auga de maneira natural) fai que a reparación non solucione a problemática e que volva a saír auga e de novo se levante o firme.
Conscientes que a estrada non é municipal solicitamos que se tramite a respectiva queixa ao organismo correspondente, para que se tomen as medidas correctoras oportunas.

3- O mestre Emilio Andujar,  recentemente falecido, foi un referente musical  na Baña. O seu traballo ao fronte da Banda Infantil da Baña levou a esta a ser unha das mais importantes con actuación en diversa televisións e en distintos países.
Solicitamos que se organice un acto de recoñecemento a súa persoa e se instale unha placa conmemorativa na escola de música da Baña.

4- Solicitamos unha actuación  no firme do acceso a Quintáns en Troitosente, dado o mal estado no que está o actual.
6-Solicitamos se proceda o cambio das luminarias fundidas en Portochán. Fai maís de tres meses que se solicitou por parte dos veciños e a día de hoxe seguen fundidas.

5- En canto aos decretos, vemos que de novo se mercan cousas en locais de fora do Concello, e se ignora ao comercio local. Neste caso   gástanse 259€ en doces do Nadal (turrón) que se mercan en Mercartabria. “ Sr Alcalde imos canso de dicirlle que así non, así non se axuda a xente da Baña, hai que usar o comercio local”

6 - Solicitamos unha aclaración nos seguintes decretos:
2019-23121200  Reparación casa reitoral. En que data se fixo a reparación?, xa que dende primeiros de ano, dita reitoral xa non a xestiona o Concello.
2019-45321900 No decreto pon textualmente “ este bien no será de su propietario hasta que esté totalmente pagado”  544.5€
2019-23148000 “restauración   cociña e fachada da vivenda.” En que inmoble se fixeron ditas obras?





PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO ORDINARIO DO DÍA 30 DE XANEIRO  DE  2019

En canto as respostas das preguntas do anterior pleno, solicitamos se aclare a número 5 que di:
O pasado 12 de novembro comezou un curso denominado “Como poñer en marcha un proxecto turístico local,” no cal participaron 14 persoas.
Gustaríanos saber dos 14 participantes, cantos eran da Baña?
Entendemos que a formación é fundamental, pero quizás deberíase orientar os cursos mais cara as necesidades específicas da veciñanza do Concello. 
A resposta que nos da, di que hai participantes  de Santiago, Teo, Rois, Outes, Mazaricos, Val do Dubra, Noia e incluso unha persoa invidente do concello de Taboada (Lugo). Pero  non aclara cantos participantes eran da Baña.
O Sr. Alcalde aclara que 5, das cales 2 eran representantes do Concello.


1- Dende o noso grupo levamos moito tempo insistindo na obriga por parte do Concello,  tal e como marca a lexislación que establece que antes do fin de maio de cada ano, teñen que estar rozados os 50 metros de monte arredor de edificacións, núcleos urbanos ou vivendas illadas.
Tras a inclusión  do noso Concello ó sistema público de rozas do mato, o Concello está obrigado  á elaboración dun plan municipal de prevención de incendios forestais, para identificar as zonas a rozar, e os propietarios das fincas nas que se ten que actuar.
Ten feito o Concello este plan? Cantas fincas ou zonas son? Cando empezarán as actuación?
2- No pasado pleno do 30 de xullo solicitamos que se procedera a poda das árbores que cruzan a estrada que vai dende Fiopáns a Negreira. Fai uns días unha destas árbores caeu sobre un coche. Por sorte solo houbo danos materiais, pero as consecuencias puideron ser peores.
Fixo algunha actuación de poda o Concello nesta estrada, tal e como se lle solicitou?
3- Na estrada que vai da Ponte Calexa o lugar de Fiopáns hai dúas fochancas que a cada paso están a ser mais perigosa polas dimensións que están a coller.
Solicitamos se tomen as medidas correctoras para solucionar o problema.
4- O mesmo acontece na estrada que baixa de Liñares cara S. Vicenzo. A altura de Vesía o firme da estrada está levantado o que é un serio problema para a circulación dos coches.
Solicitamos se realice a actuación pertinente. 

6- Estanse a facer as obras do muíño da Ponte Calexa, e vemos que sería necesario a poda das árbores que  hai o redor do mesmo, xa que algunhas están xusto enriba do muíño.  
Solicitamos que unha vez rematada a obra se proceda a poda das árbores. 
7- Despois da aprobación da moción presentada polo noso grupo no mes de xaneiro do 2016 onde pedíamos “DOTAR O CENTRO MÉDICO DA BAÑA DE UN SERVIZO DE PEDIATRÍA DE CARÁCTER PERMANENTE”  e tras novamente  no mes de setembro deste ano, solicitar que se cursara de maneira oficial e urxente ao organismo competente, unha solicitude para a incorporación  ao centro médico de A Baña dun pediatra dada a precariedade que estaba a sufrir dito servizo. Queremos saber que xestións se realizaron para dar resposta as nosas reivindicacións?
8- Na parroquia de Corneira hai dous accesos ao lugar de Ferraces. Nunha das entradas, debido ao estreito que é o paso  pola proximidade das vivendas,  xa non é a primeira vez que os vehículo  sofren distintos danos ao quedar atrapados. E por isto que solicitamos se poña unha sinal na entrada advertindo do perigo existente 
9- O pasado mes de xullo presentamos unha moción para realizar unha campaña de sinalización con pictogramas en edificios e instalacións públicas.
Solicitamos que nos informe que trámites se fixeron para realizar a devandita campaña. 
10- Solicitamos se coloque un par de sinais na rúa Castiñeira anunciando a prohibición de aparcar os días de feira e no horario correspondente. 
11-  Na parroquia de Barcala, os días de temporal, son continuas as subidas e baixadas de tensión así como os  cortes eléctricos. Esta situación provoca serios problemas no día a día dos veciños, causando avarías nos equipos eléctricos chegando a estragarse en varias ocasións.
É por isto que pedimos ao Concello, que solicite á empresa subministradora  a realización  dunha revisión do tendido eléctrico.
12- Unha vez mais  solicitamos copia das actas das Comisións de Goberno co fin de ter acceso aos acordos que nelas se recollen
13- Seguimos á espera dun informe dos gastos que ocasionou o litixio polo trazado do camiño de Monelos. Por terceira vez en dous anos, solicitamos dito informe
14- Queremos saber cando se vai entregar o calendario anual que distribúe o Concello.
15- Solicitamos que se arranxe o camiño da Revolta, que vai dende os Barreiros ata Vilar de Cima e o vilariño, na parroquia de Corneira. Está sen cunetas,  e a auga está a desfacelo por completo.

16 –Nos decretos que revisamos, atopamos un pago de 1243.13€  por produtos de limpeza a Corzán S.L.,  e outro de 6.8 € en produtos de limpeza a  O Cruceiro. Agora dígame Sr. Alcalde, se iso é promocionar o comercio local. Esta situación repítese acotío. Solicitamos unha vez máis  se fagan as compras nos comercios  do  noso Concello.




PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 28 DE NOVEMBRO  DE  2018 


1- O pasado día 12  dous nenos pequenos quedaron encerrados no ascensor da escola de música, o que supuxo unha situación no seu momento dramática para os pais, os profesores, os propios nenos e a xente que nese momento estaban no local. Este ascensor de recente colocación falla de forma constante dende practicamente o primeiro día da súa instalación . É por iso que solicitamos se tomen as medidas necesarias para dunha vez por todas solucionar dita problemática

 2- Unha vez mais queremos poñer de manifesto a mala xestión que se está a facer dende o Concello sobre as escolas de música.
Cada vez parece que se da un paso cara trás. Desta vez, cancélase a clase de banda, xa que ao parecer non hai alumnos suficientes.
E nos preguntámonos, como vai haber alumnos si se centran tódalas actividades o mesmo día?. Si un rapaz quere ir a música na Baña, terá que ir o luns a unha clase de  solfexo, despois a outra clase de  instrumento e acto seguido a clase de banda.
Normal que os cativos non queiran ir, é moito tempo xunto, e iso cansa a calquera. O normal seria alternar o longo da semana, en distintos días.
Pedímoslles que fagan un esforzo en dinamizar esta escola, ou do contrario acabará desaparecendo.   

3- Queremos felicitar o Concello polo participación e boa organización do acto de irmandamento da Baña.
A organización destes actos non só promociona o Concello, si non que ao realizarse na Baña, axúdase a dinamizar a economía municipal.  

4- Están arranxando o  camiño que leva de Vesía a Campo Pequeno, e queremos manifestar que en distintos tramos depositáronse no fondo materiais que ao noso parecer, non son os apropiados. Semellan retos de lodos de formigón que de confirmarse estaría prohibido a súa utilización.
Solicitamos se tomen as medidas de control necesarias para descartar esta posibilidade.  

5- O pasado 12 de novembro comezou un curso  denominado “Como poñer en marcha un proxecto turístico local,” no cal participaron 14 persoas.
Gustaríanos saber dos 14 participantes, cantos eran da Baña?
Entendemos que a formación é fundamental, pero quizás deberíase orientar os cursos mais cara as necesidades específicas da veciñanza do Concello. 

6- O pasado 9 de outubro presentamos un escrito no que solicitábamos que se nos informara das xestións que estaba a facer o Concello para solucionar a problemática que estaba carrexando a paralización da recollida do lixo dos colectores amarelos. Ese mesmo día, vostede chamoume, e confirmoume o comezo inmediato da retirada do lixo por  parte dunha nova empresa. 
O certo é que ata fai escasos días, a retirada seguiu a ser irregular en moitas das parroquias.  Polo que lle pedimos que nos aclare como se amañou o problema, e cales son  as condición da contratación desta nova empresa.

7- Dende o ano 2016, levamos solicitando que se tomaran as medidas necesarias coa casa en ruínas que está en Guende, xa que está a crear unha situación de risco inminente por derrube, ademais de ser un foco de infección pola presenza de ratas. Despois de varios escritos  ao longo deste tempo, a situación segue a  ser a mesma. Sr Alcalde, aínda que os procesos son lentos, isto non é normal. Dous anos despois,  a situación está igual.
Díganos cando ten pensado facer algo ao respecto, para solucionar o problema.

8- Despois de finalizar a obra de asfaltado de Vilar da Torre a Vilar de Suso, a cuadrilla municipal realizou unha serie de remates que o mais normal sería que foran feitos pola empresa que realizou o asfaltado.
Gustaríanos saber, porqué non foi así, xa que estamos a falar dunha obra de mais de 70.000€, na que vemos que a cuadrilla do Concello ten que andar rematando os traballos.

9- Despois de ser aprobado coa súa maioría a cesión da casa reitoral de Monte á Asociación  Anxiños, gustaríanos saber:
-Cales son os seguintes pasos para que de forma definitiva dita asociación tome posesión das instalacións?. 
-Vai o Concello ser partícipe de algún xeito  no proxecto Anxiños- A Baña?
-Vai o Concello quedar desvinculado o 100% da casa reitoral?

10- De novo a pista que vai dende a  Folgueira á ponte de Trece, (que foi  arranxada fai menos dun ano) presenta un estado lamentable no tramo final cerca da ponte. Descoñecemos si o arranxo entra na garantía da obra, e solicitamos se proceda ao arranxo o antes posible.

11- Despois da vista oral que se celebrou o pasado día 21, na que o Concello aportou novos cálculos  das débedas aos traballadores, solicitamos se nos aclare como está a situación a día de hoxe.

12- Hai pendente numerosas actuación tales como o arranxo do Muíño  de Fiopáns, a estrada de Troitosende, o arranxo de lavadoiros , a colocación de  varias varandas etc, e gustaríanos saber para cando se ten pensado facer ditas obras. 

13- Solicitamos se nos aclare o decreto 2018 453 22799 TRAGSA-Udad territorial 1 Santiago. PER.FACT.25-06-2018/31-08-2018 UD. Reconocimiento médico de una persona/PER. FACT.25-06-2018/31-08-2018Ud. Realiza. 6360.62€

14- Solicitamos se nos aclare o decreto 2018 453 22799 TRAGSA-Udad territorial 1 Santiago. PER.FACT.01-09-2018/30-09-2018 UD. Reconocimiento médico de una persona/PER. FACT.01-09-2018/30-09-2018 Ud. Realiza. 1652.52





RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS FORMULADAS NO PLENO DO 30 DE XULLO DE 2018

O Sr. Alcalde procede a dar resposta as preguntas formuladas polo PSOE no Pleno ordinario con data do 30 de xullo de 2018.

De novo solicitamos o Sr. Secretario as actas das Comisións de Goberno. Unha vez mais seguimos sen información dos acordos que nelas se toman.
1- Na presentación do proxecto multimedia do CPI da Baña o pasado mes, resultou verdadeiramente vergoñoso, que para poder proxectar os vídeos do traballo realizado, tiveron que botar man da imaxinación xa que non hai un punto fixo para a colocación do proxector.
Esta situación repítese acotío, polo que solicitamos se dote ó salón de actos da casa da cultura dun proxector fixo no teito, así como dun equipo de son, co fin de facilitar a presentación dos distintos actos que alí se fan.
Tamén queremos recalcar que no mesmo acto, o finalizar a exposición, a presentadora quixo dirixirse a Concelleira de cultura ou o Alcalde, e non foi posible, xa que alí non apareceu ninguén do equipo de goberno agás os Concelleiros da oposición.
Non entendemos como dos 6 membros do seu equipo, ningún se dignou a aparecer polo acto.

O equipo de goberno está traballando en acondicionar así como mellorar os equipos na casa de cultura e biblioteca (proxector fixo, tecnoloxía multimedia, pantalla dixital, etc.). Tamén quero recordar que ese día non puidemos estar presentes porque tivemos que atender outros actos e reunións que xa estaban programados con antelación.

2- Estanse a pintar os locais sociais de distintas parroquias, parécenos unha boa iniciativa, pero unha vez mais, fanse as cousas sen consultar cos presidentes das asociación de veciños.
Esta situación xa foi advertida noutros plenos, como pasou cando se instalaron as estufas de pellets, que na maioría dos casos, foron colocadas onde non querían os veciños. Supoñemos que isto prodúcese pola súa costume de facer sempre o que lles da a gana. É por isto que unha vez máis solicitamos que antes facer actuación nos distintos locais sociais, se informe os presidentes das asociacións de veciños.
Quero recordar que é cometido e obrigación do Concello coidar o seu patrimonio e, polo tanto, trátase de manter e coidar os distintos locais existentes nas parroquias. Creo que non é necesario pedir consulta para facer os labores realizados en todos os locais das parroquias (pintado, conservación, arranxos, instalacións de estufas, etc.). E iso non significa facer o que un quere senón coidar e respectar as nosas instalacións culturais e sociais porque se non o fixésemos, seguro que habería protestas e queixas. Hai que ser coherentes.

3-Tras a obra realizada en Marcelle no denominado camiño do Cabildo, e tras visitar a obra, consideramos necesaria a colocación de algún tipo de protección pola parte de abaixo, o quedar un perigoso desnivel entre o camiño e as leiras.
As obras realizadas no Camiño do Cabildo foron feitas de acordo co proxecto aprobado así como coa colaboración desinteresada dos veciños.

4-Na estrada AC-444, hai unha precaria sinalización de cartón que pon:
ATENCIÓN NENOS CRUZANDO
Parécenos unha boa iniciativa, xa que os nenos do campamento cruzan a estrada co fin de acceder a piscina. O que non entendemos é como o Concello, sabedor desta situación, non merca e coloca unha distintivo provisional, cunhas medidas axeitadas que sexa visible e axeitado a situación.

Durante as vacacións realizouse un campamento urbano de grande éxito de participación. Eses sinais foron froito dos traballos realizados polos nenos e nenas na área recreativa Agra de Chans e estaban os monitores e monitoras para controlar esa situación.

5-Na estrada que une Fiopáns con Negreira, estase a complicar o paso para os autobuses, xa que as polas das árbores rozan no teito dos mesmos, polo que solicitamos se actúe para corrixir a situación.
Dentro de 10 días teremos un camión con cesta homologada para o servizo de iluminación pública tanto A Baña como Negreira (Mancomunidade). Á parte dos traballos propios de electricidade na iluminación pública, outra das finalidades é o labor de mantemento (poda de ramas preto dos farois así como de pólas das árbores nas estradas que entorpezan a circulación).

6- Solicitamos que se limpe o espello que hai na baixada de Buchaín, na incorporación a estrada AC-444. Sabemos que é competencia da Xunta, pero non creo que por limpalo vaian a sancionar a ninguén, e da maneira en que está o espello, calquera dia hai unha desgraza.
Esta situación xa está arranxada tanto en Buchaín como noutros sitios.

7-Levamos mais de 40 días sen traballadora social no Concello. Non podemos entender como esta situación se pode alargar tanto tempo, cando para o Concello da Baña este servizo é indispensable dada as características da nosa poboación onde este é un dos servizos máis demandados.

Queremos saber porque non se tirou de forma inmediata da lista de substitución xa existente, o que garantiría a continuidade inmediata do servizo, e se optou por reiniciar un novo proceso de listas de substitución, co retraso que elo con leva.
Pedímoslle señor Alcalde que nos concrete cando se vai a incorporar o substituto-a da traballadora social.

A situación foi explicada polo secretario o pasado 30.07.2018 no Pleno. Todos os pasos que houbo que facer (publicar o regulamento, as bases e a convocatoria). Desde finais de agosto tomou posesión do cargo a nova traballadora social.
Resposta a pregunta presentada por escrito antes do pleno.

Temos uns grandes profesionais no centro de saúde (médicos, pediatras, enfermeiros) pero como todos os anos polas vacacións, existe unha situación puntual que ten que ser resolta polos profesionais. A Xerencia de Atención Primaria ten coñecemento do problema existente na especialidade de pediatría por anos anteriores.


PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 3 OUTUBRO DO 2018
Con respecto ás respostas das preguntas formuladas no anterior pleno, gustaríanos que nos puntualice o seguinte:
Na pregunta nº 1 no apartado onde manifestamos que:  Non entendemos como dos 6 membros do seu equipo, ningún se dignou a aparecer polo acto da presentación   do proxecto multimedia do CPI da Baña, a súa contestación,  “ese día non puidemos estar presentes porque tivemos que atender outros actos e reunións que xa estaban programados con antelación”, dio todo do seu equipo de goberno.  Dos 6 concelleiros  todos tiñan actos mais importantes que acompañar os rapaces do CPI da Baña.
Na pregunta nº 2- Estanse a pintar os locais sociais de distintas parroquias, parécenos unha boa iniciativa, pero unha vez mais, fanse as cousas sen consultar cos presidentes das asociación de veciños...É por isto que unha vez máis solicitamos que antes de facer actuación nos distintos locais sociais, se informe os presidentes das asociacións de veciños. Ca súa contestación “Creo que non é necesario pedir consulta para facer os labores realizados en todos os locais das parroquias”, queda claro que vai seguir facendo o que lle da a gana e cando lle da a gana
Na pregunta nº 3-Tras a obra realizada en Marcelle no denominado camiño do Cabildo, e tras visitar a obra, consideramos necesaria a colocación de algún tipo de protección pola parte de abaixo, o quedar un perigoso desnivel entre o camiño e as leiras.” Estamos a pedirlle a colocación dalgún elemento de seguridade, e vostede contesta, “As obras realizadas no Camiño do Cabildo foron feitas de acordo co proxecto aprobado así como coa colaboración desinteresada dos veciños” cousa que non dubidamos. Pero conteste si vai poñer algo  ou non.
1-    O  dia 8 de agosto presentamos un escrito  solicitando que se fixera un homenaxe a Dª  Celia Romero Blanco polo seu centenario, o igual que se lle ten feito a outros veciños. A contestación da concelleira de cultura non ten desperdicio, leo textualmente os 4 puntos do seu escrito.
1.     Que noutras ocasións, as familias son as que contactan directamente co concello para levar a cabo algún acto.
Neste punto dicir que persoal do Concello chamou a residencia de Dª Celia para verificar a data do aniversario.
2.     Que as familias non sempre desexan facer homenaxes por motivos varios.
O que lle digo,  preguntoulle a familia si desexan facer dito homenaxe?.
3.     Que, se vostede sabía que esta señora cumpría os anos, como concelleiro da Baña, debería ter avisado antes ao concello.
Encanto a este punto, repítolle que no Concello eran coñecedores deste dato, e que no momento en que eu tiven coñecemento,  xa me puxen en contacto con vostedes
4.   Que vostede é coñecedor da situación excepcional esta temporada en servizos sociais. O que se xunta coas vacacións do persoal.
Dicir que os veciños non teñen culpa das problemáticas do concello, e que non se trata de organizar unhas festas patronais, si non de un simple xesto de cortesía fronte a homenaxeada

Un feixe de escusas, e a realidade e que a veciña segue sen un homenaxe, polo que solicitamos se faga dunha vez.
2-Queremos saber o motivo polo que se revocaron as competencias da xunta de goberno a favor do sr. Alcalde nas contratacións de obras de mais de 50000€ e  no tocante os suministros por mais de 18000€. Somos coñecedores que é legal, pero parécenos preocupante que dita decisión sexa tomada solo por unha persoa.
    3- Tras a aprobación definitiva coa publicación no BOP  o pasado 21 de         agosto da ordenanza reguladora da ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e outros elementos móbiles, queremos saber cando ten pensado  comunicalo os establecementos e facer que se cumpra. 
4-Fai case 4 anos que se decidiu cambiar a numeración das vivendas das distintas parroquias. A día de hoxe moitos dos nosos veciños aínda non saben cal é a numeración que lle corresponde a súa vivenda, sendo un auténtico caos a hora da distribución do correo cando non é o carteiro habitual. É por isto que solicitamos se faga unha campaña de información da numeración que corresponde a cada vivenda.  
5-Por qué a presentación do CMP Trail da Baña que se celebrará no noso Concello o 7 de outubro, organiza o acto oficial de presentación no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela? Acaso non hai na Baña ningún lugar onde facer esa presentación? É esta a maneira  de fomentar e revitalizar a vida social e económica do noso Concello?
6-De novo queremos demostrar a mala xestión da escola municipal de música  por parte do Concello. Comezou o  novo curso  e aínda non estaba pasadas as totalidades das cotas do ano pasado, polo que unha vez mais solicitamos unha mellor organización para esta escola
7-Solicitamos se faga unha actuación de carácter urxente na estrada que vai dende  A Castiñeira ata Gende.  O mal estado do firme con herbas no medio da calzada e a falta de cunetas para que a auga non cruce dunha banda a outra, fai que esta estrada sexa un auténtico perigo.
8-Estamos esperando dende fai un ano, un informe sobre os gastos que ocasionou o litixio do Concello cos veciños afectados no PXOM polo camiño de Monelos. Unha vez mais pedimos dito informe e advertimos que de non ser facilitado nun tempo oportuno, presentaremos a correspondente denuncia.
9-Tras a moción presentada o 30 de maio  PARA INSTAR Ó  CONCELLO, A  EXECUTAR OS TRABALLOS DE LIMPEZA DAS FRANXAS DE SEGURIDADE PRÓXIMAS AS VIVENDAS, CO FIN DE MINIMIZAR OS RISCOS DO LUME, 4 meses despois o que se fixo e nada  é o mesmo.  A falta de actitude por parte do sr.Alcalde neste tema ten en vela a moitos veciños que seguen tendo o monte a carón das súas casas. Nótase sr. Alcalde que vostede non sufre este problema, do contrario seguro que se implicaría tomando decisión para cos veciños que durante todo o verán  e o que queda de bo tempo están a padecer o medo de que as súas vivendas sexan calcinadas polo lume.
É por isto que unha vez mais pedímoslle que actúe, que cumpra co aprobado na moción.

10-Tras a aprobación das bases do Plan Único 2019 , cun investimento inicial de 568.541.51 para o noso Concello, e despois de preguntar a veciñanza as necesidades das distintas parroquias, queremos aportar unha serie de proxectos que consideramos son prioritarios para o Concello
- Mellora de asfaltado do Camiño do Reguengo a Suevos
- Camiño de Faxín a Francos –Agro do liño
- Continuar coas beirarrúas dende Señor cara o campo santo
-Dotar de beirarrúas o acceso  o campo de fútbol, dende San Vicenzo.                                                                
- Mellora da pista de  Busto a Cotobade
- Mellora con formigón do  centro de Vilar en Marcelle e asfaltado da rúa que vai do Vilar ata a egrexia
- Mellora da estrada que baixa por Emes cara Arzón, xa que o cruce da auga dun lado o outro por debaixo da calzada, está a provocar o derrube da mesma.
- Unha actuación no pozo da auga de Emes co fin de poder utilizalo en caso de incendio na zona.
- Mellora con zahorra do camiño de Gosende que da acceso o pozo de auga para as cisterna.
- Mellora en asfaltado da subida do camiño que leva  dende Vilar de Suso a Salgueiriño                                                               
- Mellora da estrada que da saída a parroquia  de Troitosende cara Bertamiráns, pola ponte de Tapia
- Mellora da pista que vai dende a igrexa de S, Mamede ata Buchaín.
-  Mellora da pista que vai dende Duomes de Arriba ata Freiriñas
- Mellora con zahorra do firme do camiño do Porto en Chantada que vai cara a igrexa.

- A apertura do camiño do Peón en Ferreiros  e  o arranxo da curva das Bousiñas.   






PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 30 DE XULLO DE 2018

1- Na presentación do proxecto  multimedia do CPI da Baña o pasado mes, resultou verdadeiramente vergoñoso, que para  poder proxectar os vídeos  do traballo realizado, tiveron que botar man da imaxinación xa que non hai un punto fixo para a colocación do proxector.
Esta situación repítese acotío, polo que solicitamos se dote ó salón de actos da casa da cultura dun proxector  fixo no teito, así como dun equipo de son, co fin de facilitar a presentación dos distintos actos que alí se fan.
Tamén queremos recalcar que no mesmo acto, o finalizar a exposición, a presentadora quixo dirixirse a Concelleira de cultura ou o Alcalde, e non foi posible, xa que alí non apareceu ninguén do equipo de goberno agás os Concelleiros da oposición.
Non entendemos como dos 6 membros do seu equipo, ningún se dignou a aparecer polo acto.

2- Estanse a pintar os locais sociais de distintas parroquias, parécenos unha boa iniciativa, pero unha vez máis, fanse as cousas sen consultar cos presidentes das asociación de veciños.
Esta situación xa foi advertida noutros plenos, como pasou cando se instalaron as estufas de pellets, que na maioría dos casos, foron colocadas onde non querían os veciños. Supoñemos que isto prodúcese pola súa costume de facer sempre o que lles da a gana. É por isto que unha vez máis solicitamos que antes facer actuación nos distintos locais sociais, se informe os presidentes das asociacións de veciños.

3- Tras a obra realizada en Marcelle no denominado camiño do Cabildo, e tras visitar a obra, consideramos necesaria a colocación de algún tipo de protección pola parte de abaixo, o quedar un perigoso desnivel entre o camiño e as leiras.

4- Na estrada  AC-444, hai unha precaria sinalización de cartón que pon: ATENCIÓN NENOS CRUZANDO
Parécenos unha boa iniciativa, xa que os nenos do  campamento cruzan a estrada co fin de acceder a piscina. O que non entendemos é como o Concello da Baña, sabedor desta situación, non merca e coloca unha distintivo provisional, cunhas medidas  axeitadas que sexa visible e axeitado a situación.

5- Na estrada que une Fiopáns con Negreira, estase a complicar o paso para os autobuses, xa que as polas das árbores rozan no teito dos mesmos, polo que solicitamos se actúe para corrixir a situación.

6- Solicitamos que se limpe o espello que hai na baixada de Buchaín, na incorporación a estrada  AC-444. Sabemos que é competencia da Xunta, pero non creo que por limpalo vaian a sancionar a ninguén, e da maneira en que está o espello, calquera día hai unha desgraza.

7- Levamos mais de 40 días sen traballadora social no Concello. Non podemos entender como esta situación se pode alargar tanto tempo, cando para o Concello da Baña este servizo é indispensable dada as características da nosa poboación onde este é un dos servizos máis demandados.
Queremos saber porque non se tirou de forma inmediata da lista de substitución xa existente, o que garantiría a continuidade inmediata do servizo, e se optou por reiniciar  un novo proceso de listas de substitución, co retraso que elo con leva.  
Pedímoslle señor Alcalde que nos concrete cando se vai a incorporar o sustituto/a  da traballadora social.

A Baña, 30 de xullo de 2018 

Grupo Municipal Socialista de A Baña



PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 30 DE XULLO DO 2018

D. José A. Pereira Gil con DNI 32828782P como Portavoz Municipal do Partido Socialista no Concello de A Baña, ao amparo do disposto no art. 97/7 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formula ante este Pleno Corporativo para a súa contestación a seguinte

PREGUNTA

Tras a aprobación da moción presentada polo Grupo Municipal Socialista no pasado pleno do 30 de maio, (moción para instar ó Concello de A Baña a executar os traballos de limpeza das franxas de seguridade próximas as vivendas, co fin de minimizar os riscos de lume), onde un dos puntos da mesma era:

“Proceder xa, á limpeza por parte do Concello, das franxas de seguridade das fincas nas distintas parroquias que a día de hoxe están denunciadas no Concello”.

Queremos saber, que medidas se tomaron para dar cumprimento o texto acordado.


A Baña, a 23 de xullo do 2018




PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 30 DE MAIO DO 2018

Con respecto ás respostas das preguntas formuladas no anterior pleno, gustaríanos que nos puntualice o seguinte:
Na pregunta nº 2  sobre a problemática de Marcelle, unha vez mais, vostede contesta sen dicir nada, seguimos sen saber como se vai arranxar o problema, polo tanto, solicitamos que nos clarifique que vai facer.
No punto nº 4  solicitamos a colocación duns tubos no comezo do denominado camiño do Feal. Segundo a dirección da obra,  puxéronse en contacto con vostede e seguen a espera dos tubos para arranxar dita petición.

1-      Unha vez mais poñemos de manifesto a problemática que está a acontecer polo comportamento que está a ter o home que deambula polas parroquias de Troitosende, Lañas, e Cabanas.
Distintos veciños foron agredidos cando circulaban pola estrada o lanzarlle pedras os vehículos.
Sendo unha problemática de orden público, solicitamos que o  Concello tome as medidas oportunas co fin de rematar con esta situación de inseguridade que estamos a padecer no Concello.

2-      De cara o remate do curso escolar queremos facer unha petición en canto os campamentos de verán.
Solicitamos que dean comezo o día seguinte do remate das clases, isto é o día 22 de xuño, e se amplíe ata  o comezo do curso escolar en setembro. Tamén solicitamos  que os nenos  podan inscribirse de forma quincenal.
3-       No pleno do 1 de agosto do pasado ano, preguntamos cando se     ia facer a obra de restauración do muíño de Ponte Calexa, e a resposta foi que xa estaba todo listo, e que se realizaría de carácter urxente. Vai facer xa un ano e as obras aínda non comezaron. Gustaríanos saber cando comezarán as obras.

4-      O Concello está participando na andaina do camiño de Santiago a Muxía. A todos os que se inscriben  para realizar dita actividade  facilitáselle unha bolsa cun bocadillo, unha  chocolatina,  auga e froita. Non entendemos como ditos produtos non se mercan nos establecementos da Baña, polo que solicitamos que nas próximas etapas as compras se realicen en establecementos do Concello, co fin de promocionar o comercio local. 

5-      Solicitamos que de cara o verán, se faga un plan de limpeza das distintas zonas recreativas que hai no Concello ( Lañas, Ermida, campo de fútbol de Corneira etc) así como o entorno dos distintos locais sociais.

6-      Fai mais de un ano que solicitamos a colocación dunha varanda na ponte que da paso o lugar da Folgueira  por xunto o campo de fútbol en  Corneira. A día de hoxe segue igual, polo  que solicitamos de novo que se de unha solución a dito problema.

7-      Queremos tramitar unha petición dos veciños de Corneira. Que se       acondicione a entrada o campo da festa, xa que estanse a formar fochancas, o que dificulta seriamente o paso. Estes días estiveron facendo tarefas de limpeza pola parroquia, solicitamos que se limpe tamen a fonte de S. Ramón


8-      No local social de Troitosende estase a impartir clases de informática. As cadeiras e mesa que se están a utilizar están nun pésimo estado, polo que se solicita o cambio do mobiliario en mal estado por un novo.
Tamén queremos preguntar, cando vai dar comezo a obra da mellora da estrada, e solicitar de novo a retirada do palco e o acondicionamento do campo da festa.

9-       Solicitamos que se explique o decreto 2018 92022799 honorarios defensa concelleiro Manuel Tourís cun gasto de 3.872€
Cal é a denuncia, os motivos así como un desglose do gasto.

10-  Temos coñecemento pola prensa que recentemente o  Alcalde, realizou unha viaxe  a Cuba para facer entrega dunha subvención a Unión  Barcalesa da Habana por un importe de 1000€.
Esperemos que os gastos ocasionados por dita viaxe non repercutiran nas arcas do Concello, pero de haber gastos solicitamos un informe cos mesmos, non sexa que os gastos foran maiores que o importe da subvención.

11-  Queremos recordar  o Sr. Alcalde que seguimos a espera dun informe sobre os custos ós que tivo que facer fronte o Concello dende o momento que se iniciou todo o proceso  entorno a problemática do camiño de Monelos ata a resolución do mesmo.




Resposta ás preguntas formuladas polo PSOE no Pleno ordinario con data do 28 de marzo de 2018.

1-Señor Alcalde, acaban de entregarnos as actas das xuntas de goberno. Imos para 3 anos desta lexislatura, e levamos 3 anos solicitando que se nos entreguen as  copias das actas das Comisións de Goberno en data. O ano pasado recorremos a Valedora do Pobo e foi a forma de que no las entregaran. Seguimos nas mesmas. Escusas tras escusas, levabamos dende outubro do ano pasado,  sen ter acceso os acordos que en ditas  comisións se toman, o que vulnera o noso dereito como oposición de control e fiscalización.
É por isto que xa tíñamos preparado un recurso contencioso administrativo, para entregar no correspondente xulgado. E esperamos que a situación no se volva a repetir.
Sobre este punto que facedes, creo que a situación está aclarada e en vías de axilizar.

2- Dous anos levamos esperando  nos, e as veciñas do Outeiro en Marcelle por unha solución  a problemática da cuneta entre a estrada e o muro particular destas veciñas. Señor Alcalde, diga si van solucionar o problema ou polo contrario si vai a quedar tal como esta.  
As veciñas de Outeiro (Marcelle) xa estiveron varias veces reunidas co técnico municipal e co alcalde. A mediados do mes de abril e aprincipios de maio volverérmonos a xuntar para deixar aclarada a vía de solución técnica que desde o Concello se trasladaba. Falta a aceptación para poñer punto final a esa “pequena” problemática.

3-Solicitamos se faga unha limpeza no camiño de S. Roque o paso da Ponte Vella en  Marcelle, xa que a acumulación de barro no asfaltado fai moi perigoso o paso.
Déronselle as instrucións á Brigada de Obras para que limpe así como para que rocen o camiño.

4-Na parroquia de Corneira, o final do Vilariño, co fin de pasar a maquinaria para facer a concentración parcelaria, a empresa que realiza ditos traballos abriu o denominado camiño do Feal.
Solicitamos que o remate do paso da maquinaria se coloquen uns tubos na marxe esquerda e se pise  o camiño con zahorra.
Tamén solicitamos que se amañe o paso  do rego no camiño do Areallo, as agras de Marcelle, que está afundindo o levar a auga parte do recheo.
Sabemos dos traballos que está a realizar SEAGA coa concentración parcelaria de Marcelle_Landeira_A Pena. Falamos co persoal e coa dirección da obra para acometer e deixar todo en perfecto estado, sobre todo nos lindes en Vilariño (Corneira) e Rial (Ordoeste).

5- Gustaríanos saber cando se vai facer o galpón o carón do local social de Suevos, xa que fai un par de anos que vostede dixo que se ia facer e ata a fecha, os veciños seguen sen el.
Proximamente, debido á incorporación de persoal de obras, acometeremos infraestruturas tanto en Suevos como noutras parroquias.

6-No pasado pleno preguntamos si todos os profesores da escola de música son titulados. Vostede contestounos que si, polo que solicitamos copia da documentación que o acredita, e aproveitamos para informarlle que as cotas  mensuais seguen sen ser pasadas, tal e como advertimos en plenos anteriores, polo que preguntamos para cando se ten pensado cobrar?. E cantas baixas de alumnos se produciron.
A suma das cotas o fin de curso vai  facer complicado o pago do total xa que en varias familias roldaran os 200 euros.
Sobre a titulación dos profesores xa dixen que están na Concellaría de Cultura os títulos do persoal da Escola de Música. Sobre as cotas, a pesar de que foron un pouco con retraso desde o Concello, danse as facilidades necesarias.

7-Solicitamos se nos aclare por qué o camiño do Barro denominado Chouza De Amigo, incluído no  PLAN  DE MELLORAS DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2017-2018, rematada a obra de mellora o seu ancho vese reducido en 1 metro,xa que o camiño no seu orixe  tiña   5 metros  no ancho e despois das obras pasa a ter 4.
Sobre o Plan de melloras de camiños (PEIM 2017/2018) están todas as obras acabadas e certificadas segundo o proxecto. Falta que veñan os técnicos da Xunta para comprobar e inspeccionar os ditos traballos.

8-Solicitamos se cubra o lavadoiro da fonte de  Troitosende  co fin de que se poda usar tamén nos días de choiva, e que no cruce se faga unha actuación de urxencia para limpar as cunetas co fin de sacar a auga da estrada, o mesmo que en Vilacoba, xa que dende a fonte ata as leiras, a  pista está cuberta de auga.
Como comentei, proximamente incorporarase persoal da Brigada de Obras e acometeranse traballos e pequenas obras como poden ser estas do lavadoiro e da fonte de Troitosende. Sobre a auga en Vilacova que vai desde a fonte ao lavadoiro, A Brigada xa realizou os traballos necesarios para solucionar este tema.

9-Unha vez mais, poñemos de manifesto a dramática situación do noso concello en canto a poboación se refire.
A perda constante de veciños, e ós datos me refiro, xa que dende o ano 2008 a dia de hoxe  temos 1000  veciños menos. E si miramos o detalle estes últimos anos...

   Ano         Poboación     Nacementos           Defuncións      Baixas
  2014            3754
  2015           3698                   11                               60                    56
  2016            3645                  17                               77                    53
  2017            3541                  14                               66                  104
Levamos solicitando dende fai anos que se tomen medidas para intentar atallar esta tendencia que de seguir así o resultado será    a desaparición do Concello.
Dende o noso grupo propuxemos  entre outras cousa, que se incentivara a natalidade con algún tipo de subvención, se subvencionara o PAI  e as actividades extraescolares  para as novas familias que se instalen no noso Concello, que  se bonifique o 100% do IBE as novas vivendas os  5  primeiros anos, propuxemos a creación dunha axencia municipal para  impulsar o alugar das  vivendas  valeiras do noso Concello, que de haberse feito, hoxe teriamos un mercado e a xente podería optar as axudas  que se están ofertando   para os alugares a mozos menores de 35 anos en Concellos de menos de 5000 habitantes, como é o noso Concello.
A Baña é un dos concello   da contorna, coa poboación mais vella, entorno a 500 veciños pasan de 80 anos e mais de 1000 están estre os 60 e os 80 anos.
É por isto que seguimos insistindo para que se leven a cabo ditas iniciativas co fin de reverter a situación actual.
O tema da demografía é preocupante en toda Galicia e, sobre todo, no noso concello. Estase a punto, a través dos diferentes organismos (Xunta, Deputación e Fegamp), de sacar unhas medidas para incentivar e buscar solucións importantes que redunden na poboación do concello.

10-Queremos  preguntar si ten pensado actuar de oficio ante as denuncias presentadas por varios veciños, o non cumprirse as distancias mínimas de limpeza de biomasa, as casas dos  denunciantes,xa que teñen que estar limpas antes do 31 de maio, tal e como recolle a lei.
Sobre esta pregunta, estamos a contestar e ao mesmo tempo concienciar desde a oficina técnica e desde os axentes da obrigatoriedade de facer cumprir a normativa; do contrario, tomaremos as medidas que a propia normativa indica mediante unha empresa de servizos.

11- Despois das peticións dos veciños do noso Concello para que se instalen pasos de peóns nas estradas de competencia   autonómica que cruzan o noso Concello, unha desas peticións firmada por preto de 300 veciños das parroquias de Corneira,  Ordoeste   e Barcala que foi levada por nos, a Xunta e o parlamento  onde en breve será presentada unha iniciativa parlamentaria  para instar a Xunta a marcar pasos de peóns en distintos puntos, queremos saber que pasos está a seguir o Concello para solucionar este  gran problema de seguridade viaria.
A esta pregunta xa contestei co informe técnico que trasladei da Xefatura Provincial de Estradas en canto á estrada AC-546. Sobre a estrada AC-444, instaláronse no Seilán. Sobre a petición de Paredes, aínda a Xefatura non se pronunciou.

12- O ano pasado,  demos parte dun vertedoiro  en Reiverde, o par da ruta de sendeirismo, e a día de hoxe pódese comprobar que  aínda sigue  alí. Solicitamos se proceda a limpeza
Avisamos a Brigada Municipal para que proceda a limpar e para que o trasladase ao punto limpo se fose necesario

13-Queremos preguntar quen xestionou o bar na festa da filloa, e si repercutiu en beneficio do Concello.
Como ben sabedes, iso formaba parte da Asociación da Filloa e foi a propia asociación a que decidiu arrendar.

14. Sobre o escrito que se presentou
o Concello fixo a petición da solicitude para concorrer ás axudas da Comisión Europea “Wifi para Europa”; acabou o prazo o día 15 de maio.






ROGOS E PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 28 DE MARZO DO 2018

1- Señor Alcalde, acaban de entregarnos as actas das xuntas de goberno. Imos para 3 anos desta lexislatura, e levamos 3 anos solicitando que se nos entreguen as  copias das actas das Comisións de Goberno en data. O ano pasado recorremos a Valedora do Pobo e foi a forma de que no las entregaran. Seguimos nas mesmas. Escusas tras escusas, levabamos dende outubro do ano pasado,  sen ter acceso os acordos que en ditas  comisións se toman, o que vulnera o noso dereito como oposición de control e fiscalización. É por isto que xa tíñamos preparado un recurso contencioso administrativo, para entregar no correspondente xulgado. E esperamos que a situación no se volva a repetir.

2- Dous anos levamos esperando  nos, e as veciñas do Outeiro en Marcelle por unha solución a problemática da cuneta entre a estrada e o muro particular destas veciñas. Señor Alcalde, diga si van solucionar o problema ou polo contrario si vai a quedar tal como esta.   

3- Solicitamos se faga unha limpeza no camiño de S. Roque o paso da Ponte Vella en Marcelle, xa que a acumulación de barro no asfaltado fai moi perigoso o paso.

4- Na parroquia de Corneira, o final do Vilariño, co fin de pasar a maquinaria para facer a concentración parcelaria, a empresa que realiza ditos traballos abriu o denominado camiño do Feal.
Solicitamos que o remate do paso da maquinaria se coloquen uns tubos na marxe esquerda e se pise  o camiño con zahorra.
Tamén solicitamos que se amañe o paso  do rego no camiño do Areallo, as agras de Marcelle, que está afundindo o levar a auga parte do recheo.

5- Gustaríanos saber cando se vai facer o galpón o carón do local social de Suevos, xa que fai un par de anos que vostede dixo que se ia facer e ata a fecha, os veciños seguen sen el.

6- No pasado pleno preguntamos si todos os profesores da escola de música son titulados. Vostede contestounos que si, polo que solicitamos copia da documentación que o acredita, e aproveitamos para informarlle que as cotas  mensuais seguen sen ser pasadas, tal e como advertimos en plenos anteriores, polo que preguntamos para cando se ten pensado cobrar?. E cantas baixas de alumnos se produciron.
A suma das cotas o fin de curso vai  facer complicado o pago do total xa que en varias familias roldaran os 200 euros.
  
7- Solicitamos se nos aclare por qué o camiño do Barro denominado Chouza De Amigo, incluído no  PLAN  DE MELLORAS DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2017-2018, rematada a obra de mellora o seu ancho vese reducido en 1 metro,xa que o camiño no seu orixe  tiña   5 metros  no ancho e despois das obras pasa a ter 4.

8- Solicitamos se cubra o lavadoiro da fonte de  Troitosende  co fin de que se poda usar tamén nos días de choiva, e que no cruce se faga unha actuación de urxencia para limpar as cunetas co fin de sacar a auga da estrada, o mesmo que en Vilacoba, xa que dende a fonte ata as leiras, a  pista está cuberta de auga.

9- Unha vez mais, poñemos de manifesto a dramática situación do noso concello en canto a poboación se refire.
A perda constante de veciños, e ós datos me refiro, xa que dende o ano 2008 a dia de hoxe  temos 1000  veciños menos. E si miramos o detalle estes últimos anos...

   Ano         Poboación     Nacementos           Defuncións      Baixas
  2014            3754
  2015           3698                   11                               60                    56
  2016            3645                  17                               77                    53
  2017            3541                  14                               66                  104

Levamos solicitando dende fai anos que se tomen medidas para intentar atallar esta tendencia que de seguir así o resultado será    a desaparición do Concello.
Dende o noso grupo propuxemos  entre outras cousa, que se incentivara a natalidade con algún tipo de subvención, se subvencionara o PAI  e as actividades extraescolares  para as novas familias que se instalen no noso Concello, que  se bonifique o 100% do IBE as novas vivendas os  5  primeiros anos, propuxemos a creación dunha axencia municipal para  impulsar o alugar das  vivendas  valeiras do noso Concello, que de haberse feito, hoxe teriamos un mercado e a xente podería optar as axudas  que se están ofertando   para os alugares a mozos menores de 35 anos en Concellos de menos de 5000 habitantes, como é o noso Concello.
A Baña é un dos concello   da contorna, coa poboación mais vella, entorno a 500 veciños pasan de 80 anos e mais de 1000 están estre os 60 e os 80 anos.
É por isto que seguimos insistindo para que se leven a cabo ditas iniciativas co fin de reverter a situación actual.

10- Queremos  preguntar si ten pensado actuar de oficio ante as denuncias presentadas por varios veciños, o non cumprirse as distancias mínimas de limpeza de biomasa, as casas dos  denunciantes,xa que teñen que estar limpas antes do 31 de maio, tal e como recolle a lei.

11- Despois das peticións dos veciños do noso Concello para que se instalen pasos de peóns nas estradas de competencia   autonómica que cruzan o noso Concello, unha desas peticións firmada por preto de 300 veciños das parroquias de Corneira,  Ordoeste  e Barcala que foi levada por nos, a Xunta e o parlamento  onde en breve será presentada unha iniciativa parlamentaria  para instar a Xunta a marcar pasos de peóns en distintos puntos, queremos saber que pasos está a seguir o Concello para solucionar este  gran problema de seguridade viaria.

12- O ano pasado,  demos parte dun vertedoiro  en Reiverde, o par da ruta de sendeirismo, e a día de hoxe pódese comprobar que  aínda sigue  alí. Solicitamos se proceda a limpeza

13-Queremos preguntar quen xestionou o bar na festa da filloa, e si repercutiu en beneficio do Concello.



PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO ORDINARIO DO DÍA 31 DE XANEIRO DO 2018

1-Queremos comezar  facendo unha crítica construtiva en canto as actividades organizadas durante as datas do Nadal. Todas elas interesantes, destacando pola nosa banda a obra de teatro e a visita dos Reis Magos, esta última de gran acollida polos veciños.

2- Por petición dos veciños da Edreira queremos solicitar que na entrada  do lugar facendo unión coa estrada que se vai a mellorar mediante o POS 2018 se proceda ao formigonado e entubado do tramo de rúa das vivendas co fin de mellorar o día a día dos veciños.

3- Por outra banda os mesmo veciños carecen de  liña de teléfono convencional xa que a liña remata a escasos 800 metros das vivendas polo que teñen que contratar un servizo especial vía satélite, co conseguinte custe adicional e escasos servizos. Por tanto, solicitamos que o concello realice as xestión oportunas para que a liña chegue ata o lugar, xa que os veciños son ignorados nesta petición pola compaña responsable.  

4- No noso Concello sabemos que é escasa a creación de  empresas privadas. É por isto que cando xorden novas iniciativas entendemos que teñen que ser apoiadas e impulsadas polo Concello.
Vai facer dous anos que solicitamos o amaño da pista do Barro que da aceso a plantación dos arandos, e a día de hoxe segue igual. Algo similar pasa na A Riba cos invernadoiros de flores que ten serios problemas para poder acceder o transporte ata  a finca.
É por isto que solicitamos de carácter urxente  se realicen as obras pertinentes para facilitar a viabilidade de ditas empresas .

5- Queremos facer dous apuntes en torno a escola de música.
En primeiro solicitar que a calefacción se programe para que comece a funcionar un tempo antes, xa que o local é moi frío e non se consegue  unha boa temperatura ata que leva un bo anaco funcionando.
E en segundo, preguntar si todos os profesores que imparten clase  son titulados en música tendo en conta que esta e unha escola oficial e se algún profesor carece de dita titulación o prexudicado sería o Concello.

6- Ao final da rúa da Castiñeira, na entrada de Señor, xusto enfronte a casa de Josiño, hai 2 carballos ao carón da rúa que son un perigo, pola súa proximidade á estrada, chegando a invadir polo aire a mesma vía, polo que solicitamos se proceda o corte dos mesmos.

7- Solicitamos a colocación dun letreiro de identificación do lugar do Vilariño da Baña (rúa  de Castelao), xa que os veciños, na maior das veces o seu correo ou paquetería vai a parar a parroquia de Corneira.

8-Na parroquia de Troitosende, no lugar de Menlle, fixéronse varios cortes na estrada para a canalización da auga. Ditos cortes carecen de asfaltado, polo que solicitamos se proceda a  tapar debidamente os cortes e a limpar as cunetas.
Tamén solicitamos para a parroquia a incorporación de máis puntos de luz xa que nos tramos de unión estre distintos lugares como Portochán, Vilacoba, e  Quintáns , discorren zoas  totalmente  as escuras.

9- Segue habendo queixas pola mala, e en casos, nula recepción da sinal de TV. Lugares como Vilar de Cerdeiras,  Edreira e outros xa nomeados en anteriores plenos. É por isto que solicitamos que o Concello actúe de inmediato para solucionar dito problema.

10-  Ante a eminente  obra de canalización da auga cara Emes, os veciños do lugar pregúntannos si chegado o día poderían utilizar a mesma obra para poder renovar as acometidas antigas.

11- No lugar de Guimaráns os veciños teñen serios problemas coa subministración da electricidade. Decotío están a sufrir baixóns de tensións que afectan non so as maquinarias das granxas, se non ao día a día dos veciños. É por isto que solicitamos que o Concello se poña en contacto coa subministradora o antes posible para solucionar o problema.

12- Na subida do Busto, no tramo da antiga rúa de Corneira está sendo habitual que as empresas de madeira  deixen  a maquinaria estacionada sen ningún tipo de sinalización, o que é un autentico perigo para os usuarios. Polo que solicitamos se tomen as medidas necesarias para rematar esta situación.

13- Unha vez mais é lamentable como está o camiño de Pedralba. Despois de ser amañado por segunda vez, volve estar desfeito, polo usos das maquinarias das empresas madeireiras, que cargan en exceso os remolques. Pedimos de novo que se vixíe as actuacións destas empresas   e se lles esixa  o amaño dos camiños que desfán.




PREGUNTAS PARA O PLENO ORDINARIO DO DÍA 29 DE NOVEMBRO DO 2017

1-En Vesía á altura da casa de Riveiro, solicitamos que se coloquen uns tubos para soterrar a cuneta xa que ten un gran desnivel co consecuente perigo  para o paso dos vehículos.

2-Solicitamos a colocación de máis colectores para o vidro nas distintas parroquias. Os que hai son escasos e están moi lonxe dos distintos núcleos de poboación. Pedimos aos veciños que reciclen, e despois non damos facilidades ( Señor, Liñares, Emes, etc)

3-Non nos parece correcto que o libro de música da escola, patrocinada polo noso Concello teña o membrete do concello de Negreira. Pedimos se faga un propio ou se use un sen  membrete.

4-Unha vez máis pedimos que se nos informe dos actos que se van a facer no Concello. ( Revolta aos 50, curso de conservas, magosto). Estamos a decatarnos polas redes sociais, cousa que non nos parece correcto.

5- En canto a actividade do magosto, gustaríanos que se nos explicase o sentido do cartel “ magosto en igualdade” non lle vemos sentido. O magosto non nos parece unha actividade relacionada coa igualdade, nunca estivo ligado a discriminación, IGUAL NÚMERO DE CASTAÑAS!!
A cousa apunta máis ben a querer facer un dos por un, xuntar dúas actividades, co resultado dunha chapuza.

6-Solicitamos se faga unha actuación urxente na estrada que vai dende  Lameiro ao Pazo de Cores, xa que estase  derrubando o muro da presa, que fai de contención da estrada.

7- Confirmáronnos as veciñas do Outeiro en Marcelle, que recentemente falaran con vostede, e que  lles dou a palabra de buscar unha solución o problema acontecido tras o arranxo da rúa,  que teñen o seu compromiso, que se vai facer todo o necesario para solucionalo, incluso levantando o actual firme si fora necesario.
Alégranos saber  que se vai dar unha solución consensuada e gustaríanos saber en concreto que actuación se vai a realizar.

8-Antes do inverno pasado solicitamos se desatascase a pontella que cruza a estrada de Cotobade  a altura do número 10. Pasou o inverno e nada de nada, a auga por riba da estrada. Despois dunha nova petición dixo que cando se fixera a mellora do firme que se ia desatascar en condicións. O certo e que feita a actuación de mellora do firme a pontella sigue atascada.  Por desgraza non chove, pero esperemos que chova e esperemos que para aquela estea desatascada.
E isto mesmo pódese aplicar a subida de Vilela, que imos cansos de solicitar que se reparen os tubos da cuneta.

9- Solicitamos se reparen as cunetas na pista  da Gandariña  que vai  de Faxín-Ermida polo Barreiros.

10-En canto a escola de música, solicitamos se retire o moneco de primeiros auxilios e se instale un tirador na porta principal.

11- Tras as declaración o pasado sábado de Dª. Ruth, presidenta da asociación ANXIÑOS, afirmando a apertura para a primavera da casa reitoral de Monte, queremos saber que base teñen ditas declaracións e pedímoslle o Sr. Alcalde que se poña en contacto con ela co fin de que deixe de facer estas declaracións  que non levan a nada.

12- De novo queremos saber como está o tramite  para a  limpeza, das fincas de Vilarnovo, denunciadas fai xa dous anos.




ROGOS E PREGUNTAS PLENO ORDINARIO DIA 27 DE SETEMBRO DE 2017

1.- O pasado luns foi a  reunión dos responsables  da actividade extra escolar de música cos pais dos alumnos.  Un ano mais xorde a polémica, xa que hai a posibilidade que outras actividades  coincidían no mesmo horario que esta, o que impide coordinar para os pais a asistencia as mesmas.
-Solicitamos se tomen as medidas correctoras para que isto non impida poder asistir a diversas actividades. E que se tome nota para que non se repita todos os anos o mesmo problema.
-Por outra banda no local das actividades estase a colocar un ascensor, e consideramos que as medidas de seguridade que se están a tomar pola obra, non son suficientes, xa que en breve empezan os nenos as actividades, nenos de 3 anos e da maneira en que está é un verdadeiro perigo.

2.-Tras a reforma da área recreativa de Fiopáns déronos parte algúns veciños que a fixación das papeleiras non é axeitada o que vai facer que en pouco tempo acaben tiradas no chan, polo que pedimos se fixen novamente.
E suxerimos que o mobiliario  urbano que había antes se recicle e se instale noutros lugares da parroquia.

3.-  Na parroquia de Fiopáns no lugar de Troitomil estase a limpar as presas.
Queremos saber si hai un plan para a limpeza de todas as presas do Concello ou si polo contrario é unha actuación illada.

4.- No lugar de Buchaín hai instalado un contador de luz nun poste de alumeado público. Gustaríanos saber si hai autorización para dita instalación, e como e a quen se lle vai pagar o gasto xa que o alumeado e público.

5.- Na parroquia de Barcala no lugar de Emes hai un pozo de auga público para uso común ( uso de cisternas para regadío, apagado de lumes etc ).
Solicitamos unha actuación de limpeza, cambio da reixa  xa que está seriamente danada e  a colocación dunha comporta para facilitar o baleirado para a súa limpeza, xa que no estado en que está non se pode facer uso del, así mesmo deberíanse revisar todos os pozos na primavera,  e mantelos cheos no verán.
-Tamén no lugar de Emes a fonte pública perde auga, facendo unha esterqueira constante na rúa, polo que solicitamos se faga a actuación pertinente.
- Na mesma parroquia, o camiño que vai de Emes a Fampousa  por xunto o invernadoiro, ten un tramo duns 20 metros onde o camiño non ten cunetas.
Solicitamos se faga unha actuación urxente para que coa chegada das choivas, a auga non barra ese tramo de camiño.

6.- Dende fai varios anos temos solicitado o arranxo de varios camiños          (pista de acceso as cuadras de Candido en Cabanas, caniño dende Vesía a Campo Pequeno etc) que segundo vostede estaban incluídos no Plan Marco.
Gustaríanos saber como está o tema a dia de hoxe.

7 Temos entendido que distintos negocios instalados no noso Concello tras varios anos xa funcionando, aínda non recibiron a pertinente licenza definitiva.
Gustaríanos saber, de ser certo, cal é o motivo de dita tardanza.   A actividade no noso Concello neste senso é practicamente nula, polo que non debe de ser unha saturación para o concello.
Entendemos que a tramitación de licenzas para actividades debería ser prioritario para o Concello e estamos a ver que parece todo o contrario.

8.-  Na parroquia de Corneira gustaríanos saber si as obras no campo da festa están rematadas, xa que de ser afirmativo os veciños non están contentos pois a entrada queda en mal estado e incluso a dous niveis.
Solicitamos unha vez mais a colocación dun espello na saída da estrada vella e que se amañe o furado  na rúa, no lugar do Vilariño. Cousas que levamos pedidas dende fai medio ano.

9.-  No mes de agosto presentamos por rexistro dúas solicitudes . A limpeza das marquesiñas cara o comezo do curso escolar e a colocación dun espello para facilitar a incorporación a estrada xeral, sobre todo do transporte escolar. Temos que dicir que unha vez mais nada de nada. Isto delata falta de interese por parte de vostede, xa que o gasto sería mínimo

10.- Temos entendido polos veciños que a empresa concesionaria da auga para o Concello, está a facer medicións  co fin de ofrecer o servizo  na parroquia de Barcala , en Emes. Queremos que se nos aclare cal é a situación.

11.- En Fiopáns cando se fixo a actuación de cementación no núcleo,    cortouse un lavadoiro público que excedía da medida. A  obra rematouse fai tempo pero o lavadoiro quedou sen rematar. Ten   ferros ó aire,  sendo un perigo para a veciñanza, polo que pedimos se remate o antes posible.


12.- No lugar de Cabanas, na rúa o par da taberna, hai una mancha constante a auga, que supoñemos sexa unha fuga  de algunha traída, solicitamos se amañe o antes posible. 



PREGUNTAS PLENO MARTES   DÍA 1 DE AGOSTO 2017

1.- Temos constancia de varias denuncias de augas de Galicia na parroquia de Troitosende por vertidos de augas residuais . Isto vai supoñer a sanción a varios veciños coa correspondente multa e a realización de  custosas obras para solucionar o problema. Esta situación repítese en todas as parroquias do noso concello, xa que carecen todas elas dunha rede de saneamento,  o que según   a lei reguladora das bases do réxime local, é competencia, e obrigación do concello.
En 22 anos de goberno as actuacións neste senso foron escasa polo que solicitamos se tomen as medidas oportunas para solucionar este grave problema.   

2.-Queremos solicitar a colocación de dúas alfombras na biblioteca. Unha na zona que utilizan para xogos e a outra na entrada onde realizan conta-contos, co fin de  que os nenos   non estean sentados no chan.

3.- Levamos mais dun ano pedindo pleno tras pleno que se nos informe sobre a solución que se vai dar a problemática que aconteceu tras a obra do outeiro. Queremos unha resposta concreta.

4.-A maior parte dos veciños recibiron nas súas casas  unha notificación do Concello recordando  as medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais. Ata aí todo correcto.
No caso de incumprimento da  xestión da biomasa vexetal, corresponde o Concello a  realización, e  execución forzosa da limpeza  de acordo co  establecido no artigo 22 da presente lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador
Agora ben, queremos saber que ten pensado facer o Concello xa que varios veciños notificaron a situación de resgo das súas vivendas pola falta de limpeza das fincas lindeiras e a data de hoxe no se fixo nada.

5.-Fai ano e medio solicitamos a reparación do tellado do muíño de Fiopans. Vostede comprometeuse a reparalo e incluso a encintalo sempre e cando accederan todos os propietarios a realización das obras. Fai un ano presentáronse  as firmas de tódolos propietarios pero a día de hoxe todo segue igual.
Cando se van  facer as obras de restauración?

6.-No pleno do día 2 de febreiro solicitamos un plan  o Concello para  facer fronte a continua perda de poboación. 2 Meses despois o que se nos contesta, e nada,  é o mesmo. Que hai que facer un estudo, que ten que haber unha coordinación entre o Concello  a Xunta e a Deputación.
Señor Alcalde dende fai 20 anos estamos a perder poboación,  nos últimos 10 somos 1000 veciños menos e vostedes seguen sen facer nada. Vostede siga esperando, e cando pechen o colexio, o centro médico e desaparezan os poucos servizos privados como Abanca o Pastor, despois si que non vai haber plan que vala
Pedímoslle que tomen medidas urxentes e que o fagan xa.

7.-A Baña é un dos Concellos  menos industrializados da provincia, circunstancia que incide de forma directa na alta  taxa de paro que padecemos.
Este feito non é unha casualidade xa que somos uns dos poucos concellos que carecen de solo industrial, dun polígono onde podan establecerse as empresas, o que obriga en moitos casos a veciños do noso Concello  a levar as súas PIMES os concellos limítrofes, como son Santa Comba uo Negreira.
Nestes 2 anos de lexislatura da Corporación, non escoitamos unha soa palabra de como está a situación dese polígono fantasma que temos na Baña, xa que o letreiro está, pero nin hai autorización , nin hai polígono. É por isto que lle pedimos que se nos informe de como está nestes momentos a tramitación para  que os terreos pasen a ser súelo industrial .

8.-Queremos felicitar o Concello por organizar a camiñata para dar a coñecer  o tramo da antiga ruta do Camiño  de Santiago cara Muxía o paso polo noso Concello.
Certo é que o día escollido non se prestaba para todo o mundo, o ser un veneres, día laborable, polo que no afán de seguir con esa labor de promoción e tras varias petición dos veciños , deixando pasar o mes de agosto por mor as  vacacións de moitos deles, comentar que imos organizar unha camiñata o día 3 de setembro. Un domingo para eses veciños que o pasado dia non puideron asistir por motivos laborais.

9.-Varios veciños preguntáronos si se podía facer uso das barbacoas nas áreas recreativas durante estes meses de verán.
Polo que sabemos non se pode agás que o concello teña solicitado o uso de estas e que  estean debidamente  señalizada  a autorización por parte do concello.
Gustaríanos que se nos aclarara esta situación.

10.-Un clásico do rogos e preguntas. Seguimos sen recibir as actas das Comisións De Goberno, o que impide facer a nosa labor de control sobre os acordos que nelas se toman.

Esiximos que se nos faciliten ditas actas, tal e como establece a lexislación de réxime local.


PREGUNTAS PLENO ORDINARIO DO 31 DE MAIO DE 2017


1- Solicitamos  que se aclare a resposta  a pregunta 3 do anterior pleno, referente a obra do arranxo da  subida de Vilela.
2- Por petición dos veciños da parroquia de A Riba, solicitamos unha actuación de mellora no camiño de Brandián (Ferreiros ) e no camiño das Sachas (A Costa), dado o mal estado do firme.
3- Por petición dos veciños da parroquia de San Vicenzo solicitamos a limpeza e mellora do camiño que bordea o monte Penedo dende Paredes e que vai cara Marcelle.
4- Fai 2 anos arranxouse a entrada do camiño de Pedralba  (o tramo de entrada dende a estrada), o certo é que o resto do camiño está nun estado lamentable polo que solicitamos se repare  xa que incluso os tractores están a ter problemas para circular.
5- O Concello da Baña e coñecido entre moitas cousa por ser un Concello cuns importantes ríos para practicar o deporte da pesca. Estamos a ter numerosas queixas polo mal estado no que se encontran os nosos Riós, multitude de árbores caídos, e en algúns casos ( Reiverde) o liso,  dificultan o paso da auga e a entrada de luz. Polo que solicitamos se formule a petición de limpeza á autoridade competente
6- Gustaríanos saber si se ten planificada algunha actividade conciliadora para os nenos cara o remate do curso escolar (campamentos urbanos)
7- O Concello de Negreira limpou o denominado camiño da Cereixeira ata o límite do Concello da Baña, polo que solicitamos que se retome a limpeza do mesmo na parte que é do noso Concello
8- En Fampousa, temos constancia dunha problemática cun arborado próximo as vivendas. No último ano fixéronse  varias reclamacións no Concello. Gustaríanos saber que ten pensado facer o Concello xa que agora temos unha ordenanza que regula estas situacións.
9- En cantos os decretos aprobados gustaríanos que se nos aclarara os pagos feitos por “asistencia a sesións primeiro trimestre”. Que se nos explique que sesións foron, datas na que se realizaron etc.
Tamén queremos que se nos aclare a “ liquidación de asistencias  selección de persoal” e a “liquidación asistencias grupo mixto de selección de persoal e alumnos Obradoiro Xallas- Dubra- Barcala III. Si se realizou en horario de traballo, cantas horas  se dedicaron, onde se realizaron etc, xa que hai pagamentos individuais por valores de mais  de 1.277€, cantidade superior o salario mensual de moitos funcionarios.


Este mes cúmprese a metade la lexislatura, e queremos recordarlle algunhas das nosas solicitudes expostas en distintos plenos q a fecha de hoxe seguen sen facerse.

- A colocación de quitamedos na ponte do Muiño da Picona (Corneira), no camiño que vai dende o campo de fútbol a Folgueira.

- O arranxo do socabón no Vilariño (casa Manolo da Chona).

- A colocación dun pasamáns na subida da igrexa  de Corneira, así como unha mellora para acceder a mesma evitando as perigosas escaleiras (Antiga entrada principal).

- Medidas urxentes, concretas, un plan de choque que poña freo á perda de poboación que sufre o Concello.

- Queremos saber si xa se tomou unha decisión sobre o problema das cunetas en Marcelle no lugar do Outeiro.

- Solicitamos que na entrada as escolas vellas se instalen unhas portas de peche automático.

- Que se amplíe o horario da biblioteca .

- Que se arranxen os taboleiros de anuncios que hai nas parroquias

- Que se quiten as rodas que hai tiradas na cuneta, á altura do nº10 no Espiño  e se instale un quitamedos.

- A retirada da maleza da área recreativa de Lañas.

- A colocación  da reixa no chan a entrada do no local social de Fiopáns.

- A instalación dun quitamedos  na baixada de Buchaín

- Solucionar o problema na curva das Bousiñas (Ferreiros).

- O  arranxo da entrada da pista Trascortellas na Carballeira, que ten un tubo en moi mal estado o que dificulta a entrada dos tractores na mesma.

- A colocación dun espello para o cruce no lugar de Ferreiros

- O desatasque da tagea  á altura do número 10 de Cotobade.

- A instalación dun espello para facilitar a incorporación dos vehículos á estrada xeral na saída de Corneira (Casa de Roberto).

- Un plan de mantemento das cunetas e tageas das carreteras e pistas do Concello.

- Que se corrixa a forma de limpar as cunetas, xa que cada vez se está arrimando mais o asfalto quedando as estradas mais estreitas.

- Arranxo do camiño da  Bouza en Ferreiros (tubos e zahorra)

- O cambio das marquesiñas en mal estado.

- En canto a obra  que vai de Vilar da Torre a Vilar de Suso, solicitamos que se cemente canto antes a subida cara o monte

- No Barro solicitamos o arranxo do camiño do Cotón Grande. 

- Solicitamos que se tomen as medidas necesarias coa casa en ruínas en Gende. 

    - Que se suministre auga o local social de S. Cibrán

  - Que se rematen as obras pendentes do POS e do PAS e se repoñas as sinais   viarias en mal estado.



PREGUNTAS PLENO ORDINARIO DO 05 DE MARZO DE 2017

1.- En primeiro lugar queremos que conste en acta que seguimos sen recibir as actas das Comisións de Goberno. Isto imposibilita a nosa función de control das decisión internas que se toman no funcionamento do día a día do Concello. Queremos  expresar o noso malestar, xa que o pasado sábado, estando convocado  o pleno dende  o venres,  a documentación referida o pleno de hoxe, non estaba a nosa disposición para o seu estudio.

2.- Non se están a cobrar as cotas da escola  de música, e hai país preocupados por se lles pasan os recibos todos xuntos.

3.- Estase arranxando a subida cara Vilela e o abrir as cunetas están quedando os tubos de acceso ás fincas en moi mal estado, algúns obstruídos e outros rotos. Solicitamos que se cambien para evitar que a auga vaia por riba da estrada.

4.- Na parroquia de Troitosende, a pista que leva de Portochán cara Quintáns, que vai dar o cruce da fonte de Troitosende, estase a derrubar.  Solicitamos unha actuación o antes posible para evitar posibles males maiores.

5.- Unha vez máis solicitamos unha mellora na estrada  que vai de Vilacoba a  Xermán e Val de Dubra. O escaso ancho dificulta constantemente o tránsito dos veciños e veciñas.

6- Solicitamos de novo o arranxo dos taboleiros de anuncios. Non hai na maioría dos núcleos, e os que hai están en moi mal estado.

7.- Por petición dos veciños de Barcala solicitamos a poda das árbores xunto á igrexa, e o arranxo de un deles que está caído, e que se repoña o contedor de papel que se levou  polo seu mal estado.

8.- Na biblioteca levan case dous anos sen un ordenador, solicitamos que se repoña pois damos fe de que os usuarios están a cola para poder utilizar o que  hai, ademais  comunicar que a impresora está avariada o  que  fai que levan días sen poder imprimir nada.

9.- Na parroquia de Corneira arranxouse  a entrada dunha pista  no lugar da Piolla. Solicitamos que xa que non se vai continuar asfaltando a mesma, se faga unha limpeza para poder seguir transitando por ela.

Tamén queremos saber porqué a obra que  comezou fai dous meses, no campo diante da igrexa está parada. E recordar as solicitudes feitas por este grupo para ese lugar (un punto luz,  pasamáns e  mellora para o acceso dos maiores a igrexa para evitar as escaleiras) xa que agora pode ser un bo momento para facelas.

10.- Unha vez máis pedimos unha actuación para sacar a auga da praza de Cabanas. Segue a saír auga do medio da praza e a última actuación no fixo mellora algunha.

11.-Estamos na primavera e en previsión cara verán  pedimos que se poña en marcha un plan de limpeza das fontes públicas, lavadoiros, pozos e áreas recreativas . Que se limpe o campo de fútbol de Corneira, e que se apuren os arranxos das pistas deportivas (Ermida, Suevos, Troitosende, Seoane etc).

12.-Queremos saber que actuación se vai a facer na area recreativa de Fiopáns.


13.- Queremos que se lle de unha solución a caldeira de biomasa do local de Suevos, está constantemente avariada, e non quenta o suficiente dada a súa dimensión e o sitio onde está instalada.





PLENO ORDINARIO DO 02 DE FEBREIRO DE 2017



1-Por petición dos veciños de Corneira solicitamos:

-A colocación de quitamedos na ponte do Muiño da Picona, no camiño que vai dende o campo de fútbol a Folgueira.
-Solicitamos de novo o arranxo do socabón no Vilariño (casa Manolo da Chona).
-A colocación dun pasamáns na subida da igrexa así como unha mellora para acceder a mesma evitando as perigosas escaleiras (Antiga entrada principal).

2-Solicitamos se teña en conta a posibilidade. de que nos actos infantís, cando se distribuían alimentos, se teña en conta o aumento de nenoscelíacos ou diferentes alerxias, tendo unha alternativa para este colectivo.

3- Solicitamos se baleiren as papeleiras con mais frecuencia, posto que algunhas están cheas con vasos do chocolate desde reises.

4- Solicitamos por petición dos veciños, se limpe o camiño que da aceso as leiras en Vesía, o que vai por debaixo da  nave do concello.

5- Na parroquia de  Fiopáns limpouse o camiño o par do muíño (camiño de Escasaes) e a sorpresa dos veciños, que en vez de rematar o mesmo, metéronse nunha leira privada cortando carballetes e pinos.
Gustaríanos saber quen fixo dita limpeza.

6- Tras a constante perda de poboación, ( en 10 ano, 1000 veciños) queremos preguntar que ten pensado realizar o Concello para  facer fronte a este problema. Hai que tomar medidas urxentes, concretas e facer un plan de choque que poña freo a perda de poboación.
E queremos dar alternativas.
Propoñemos a creación dun censo de vivendas baleiras, habitables. Falar cos propietarios e crear unha axencia de alugar a baixo prezo.
Incentivar os futuros novos veciños, abaratando a custo 0, prazas  no PAI e actividades extra escolares, así como promocionar a calidade de vida do noso Concello etc

7- Queremos saber si xa se tomou unha decisión sobre o problema das cunetas en Marcelle no lugar do Outeiro.

8- Solicitamos que na entrada as escolas vellas se instalen unhas portas de peche automático. A entrada constante de nenos para a aula de informática e escolas de música fai que a porta esté de cotío aberta, xerando corrente o que impide que o local manteña a temperatura.

9-Comentar que a caldeira da biblioteca está a sufrir continuos apagóns, o que fai q a cotío os rapaces teñan frío.

10- Temos coñecemento que  en varios locais sociais  teñen dificultades para encender as novas caldeiras, creemos que sería necesario que se puxeran en contacto cos presidentes,  para explícalles o funcionamento, noutros casos reubicalas e colocar un sistema de protección das chemineas, que son un perigo pola escasa altura que teñen e o fácil aceso dos nenos as mesmas cando estas están quentes.

11-De novo solicitamos que se amplíe o horario da biblioteca  sendo o ideal de 16 :00 as 20:00 horas.

12-Durante o Nadal votouse en falla unha luminaria decorativa diante da casa da cultura. Polo que pedimos se teña en conta para o ano que ven.

13- Sabemos que o Concello de Val do Dubra  vai ampliar a estrada que une Portomouro con  Troitosende, polo que solicitamos que se poñan en contacto ámbolos dous Alcaldes, co fin de facer de maneira conxunta a ampliación da ponte que fai de unión entre ambos Concellos.

14-Coa aprobación do Plan Único  POS + 2017 da deputación de A Coruña, o noso Concello recibirá un total de 730.763,84 euros.
Queremos solicitar que o 50% destes ingresos sexa destinado a un plan de emprego, aumentando a brigada do concello e o persoal de axuda a domicilio. Dúas das maiores necesidades do Concello.


Tamén queremos facer chegar algunhas das necesidades das distintas parroquias, así como diversas peticións, co fin de que dito programa se orienten as necesidades dos veciños.

Melloras en pistas e camiños:

  • Parroquia de Suevos:
-          Mellora de asfaltado do Camiño do Reguengo a Suevos
-          Camiño no lugar do Reguengo a estrada xeral
-          Camiño de francos –Agro do liño
-          Mellora  con zahorra da pista da chousa –Agro do Liño
-          Pista das Ogacheiras os Cebros
-          Pista das Laxes no lugar de Francos
-          Pista da Pedra Canteira
-          Pista da Gandariña a rúa de Faxín-Ermida polo Barreiros
                                    
  • Parroquia de San Vicenzo:
-  Un plan de mellora no núcleo de Señor, posto que está nun estado de abandono. Formigonado e acondicionamento do mesmo (fontes, lavadoiro, mobiliario urbano ).
-      Mellora con zahorra  da pista que nace o par da Capela, dirección San Salvador e Liñares
-         Pista o pasar Vesía   que sube cara Campo Pequeno.
-         Pista que sube de Señor cara o Castro e a que vai de Vilar Novo a Campo Pequeno.

  • Parroquia de Cabanas:
-          Melloras con zahorra da pista Fonte Listeira
-          Formigonado no lugar de Cabanas na chamada Ferradura
-          Asfaltado da estrada de cabanas a igrexa
-          Camiño dende a carpintería o Pazo
-          Asfaltado da estrada Cabanas o Barro. 

  • Parroquia de Lañas:
-          Asfaltado do camiño de Meimendre a Pousor
-          Mellora con zahorra da pista de Mundrís cara Prousor

  • Parroquia de Corneira:
-         Mellora dos camiños que van polos Cubelos a Casal de Mouros, con saída a zona de Carracedo.

  • Parroquia de Ordoeste:
-          Mellora da pista de  Busto a Cotobade
-          Mellora das pistas do Rial de Canle e de Guimaráns.

  • Parroquia de A Riba:
-          Mellora con zahorra do camiño que vai por debaixo da casa de Severino en Manle
-          Camiño dende a casa de América ata a casa de Manolo Daniel en  Vigobó
-          Os camiños de Trece
-          Camiño da Fonte  (fronte a casa de Victorino)
-          O que une Trece con Folgueira
-          Camiño da Ponte Carbón
-          Camiño da Bala
-          Remate da estrada que vai dende a Carballeira a Espesedo.
-          Mellora do camiño do Peón.

  • Parroquia de Marcelle:
-          Mellora con zahorra do camiño que vai do outeiro cara o linde de Cabanas
-          Acondicionamento da masa común que hai o lado da igrexa.

  • Parroquia de Barcala:
-       Mellora con zahorra do camiño que vai dende “Trasparedes” ata o Ribeiro na aldea de Emes
-      Dotar de beirarrúas a estrada de  Seoane dende o colexio ata a entrada de acceso polo “Pau Do Raposo,” así como diante da igrexa e do  cemiterio.
-           
  • Parroquia da Ermida:
-     Mellora con zahorra do camiño de Gosende que da acceso o pozo de auga para as cisterna e o que da leva  a costa da Ermida.

  • Parroquia de Fiopáns:
-          Mellora en zahorra do camiño de Vilar de Suso que vai cara Valiña
-          Camiño da Estivadiña cara Vilar de Suso
-          Camiño de Troitomil cara Curres
-   Mellora en asfaltado da subida do camiño que leva  dende Vilar de Suso a Salgueiriño.         
                                
  • Parroquia de Troitosende:
-    Asfaltado en quente dende o linde entre a parroquia de Troitosende e a aldea de Xermán pertencente ao concello de Val do Dubra. Dito asfaltado sería dende o referido linde ata a aldea de Vilacoba, esta última incluída
-          Mellora do  paso peonil detrás da igrexa de Troitosende
-          Apertura do camiño do piñeiro.

  • Parroquia de Monte:
-          Dotar de beirarrúas a estrada do Barro a Nantón.
-          Dotar de beirarrúas dende o linde con Negreira a rotonda.


  • Parroquia de San Cibrán:
-       Mellora con zahorra o firme do camiño do Porto en Chantada que vai cara a igrexa
-      Construción da fonte pública de Chantada coa mellora do seu entorno
-   Dotar de distintas melloras o local social algunhas moi necesarias  como auga, un fregadeiro, etc.



Por outra banda:

  • Na parroquia de Suevos necesítanse melloras varias no local social tales como a construción dun aprende coa súa cheminea, a construción dun parque infantil e o acondicionamento das instalacións deportivas.
  • Na parroquia de Monte rematar a restauración da antiga escola.
  • Unha actuación de mellora na area recreativa de Fiopáns, dotándoa de luz.
  • Mellora da pista polideportiva situada na Camposa. (SEOANE)
  • Mellora da pista polideportiva da parroquia da Ermida.
  • Cambio das marquesiñas nas parroquias que así o necesiten.
  • Mellora do entorno do local social de Ordoeste, mellora da pista deportiva e creación dun parque infantil.
  • Creación dunha senda fluvial o carón do río na parroquia de San Cibrán.
  • Derribo do caseto de San Vicenzo, o par do antigo campo da feira, e a creación de un espazo de lecer.
  • Mellora da ruta de sendeirismo e do paseo fluvial na parroquia de Ordoeste.






PLENO ORDINARIO DO 30 DE NOVEMBRO 2016


1.- Queremos solicitar de novo as actas de comisións de goberno. O non ter acceso as mesmas impide a nosa labor fundamental de control nas decisión e acordos  que nelas se toman.

2.- En anteriores plenos solicitamos que durante as vacacións do persoal da biblioteca  se incorporara outra persoa no seu posto co fin de non pechar a instalación, privando ós veciños e veciñas de un dos poucos lugares de lecer que ten o Concello.
Pois parece que non hai interese neste tema por parte do Concello, xa que unha vez máis, pechouse por vacacións do persoal.

3.- Por petición dos veciños e veciñas da parroquia de Corneira solicitamos:
Un  punto de luz na entrada da igrexa de parroquial.
Que se remate a limpeza do camiño do Portiño  Agro  Dos Campos, xa que, a cuadrilla de limpeza rematou os traballos ó chegar á plantación dos castaños propiedade de D. Daniel Silva.
Que se remate a limpeza do camiño Porto Serra Casal, xa que onde fai a bifurcación, só se limpou un dos ramais, o que xera  malestar para cos veciños e veciñas.

4.- Solicitamos que se arranxen os taboleiros de anuncios que hai nas parroquias, xa que a maioría están en mal estado, e que nas parroquias  onde  non hai se instalen uns novos.
E para os novos taboleiros suxerimos que se poñan en madeira dando dobre uso. Por unha banda uso dos veciños e pola outra uso do Concello.

5.- Solicitamos o cambio do  contedor de papel  que hai en Seoane, polo mal estado no que se atopa este. Tamén pedimos que se lle de unha solución a marquesiña que hai en Emes. Ou ben se retira, ou se lle pon un tellado.

6.- Manifestamos a nosa queixa por non contar coas asociacións de veciños para a colocación das caldeiras nos locais sociais das parroquias.

7.- Por petición dos veciños de Troitosende, comentar que os día de actos litúrxicos é un verdadeiro problema o número de coches que se concentran no entorno da igrexa e o non haber sitio para aparcar son habituais os problemas para poder pasar pola estrada. Por isto solicitamos  algunha actuación para facer un aparcadoiro. O que suxerimos que se derribe o palco, se amplíe  e se habilite esa zona que podería usarse como aparcadoiro de carácter temporal.  Preguntan tamén cando se rematarán as obras do POS2015 ?. E solicitan unha vez máis o arranxo da pista deportiva ( peche , firme , porterías , canastas etc ...)

8.- Unha vez rematada a obra no Espiño, POS 2015, solicitamos que se quiten as rodas que hai tiradas na cuneta, a altura do nº10  e se instale un quitamedos, que  xa en anteriores pleno  foi solicitado.

9.- Temos unha proposta alternativa a revista que publica o Concello, (ver modelo de Teo, sen fotos da corporación e con información puntual).
A  proposta consiste nun exemplar bimensual,  en papel reciclado, cun baixo custo para informar de maneira puntual das novas do concello.

10.- Vendo as facturas da empresa que realiza o servizo complementario de atención a domicilio (Atendo Calidade), apreciamos que o custe e realmente alto, polo que propoñemos que en vez de tirar de empresas privadas se fomenten novas ofertas de traballo dende o concello.

11.-  Entre os decretos que revisamos aparece un pago por “comida eleccións ó parlamento de 2016” nun restaurante de Santa Comba.
Gustaríanos saber, quen asistiu a dita comida,  e sobre todo porqué os cartos dos veciños da Baña foron para  a  Santa Comba,  tendo restaurantes na Baña

12.- O decreto 2016 453 22706 hai un pago por un equipo de protección individual de 4331,79€  (Tragsa) . Do mesmo xeito atopamos outro pago por outro equipo de igual denominación de 1739€. Gustaríanos saber a diferenza entre os dous equipamentos.

13.-  Entre a documentación que se nos facilitou para  este pleno, faltan  os pagos dos plenos do trimestre anterior. Aínda  que no momento do ingreso xa se notificou , queremos deixar constancia que se produciu un erro nos pagos ingresando cartos de máis a un concelleiro do grupo socialista.

14.- Por petición dos veciños de A Riba solicitamos un aumento de puntos de luz no acceso o cemiterio e a igrexa.

15.- Por petición dos veciños do Alde,  solicitamos unha revisión das luminarias do lugar,  xa que o parecer non proporcionan a claridade desexada.


16.- Estamos a final de ano e seguemos sen reixa no local social de Fiopáns, sen quitamedos  na baixada de Buchaín sen o cambiador para bebés na casa de cultura, polo que solicitamos máis brevidade nas actuacións.




Preguntas pleno día 28 de setembro 2016


1.- De novo solicitamos copia das actas de comisión de goberno. Seguimos sen recibir copia das mesmas sendo a última a do dia 12 de abril 2016.

2.- Do mesmo xeito unha vez máis, pedimos que se nos entregue o correspondente informe sobre o cobro indebido das dietas do concelleiro Roberto.

3.- O pasado sábado día 24 entregamos unha queixa en rexistro as 13:05 h. por non estar a documentación deste pleno á nosa disposición. Sendo o rexistro de saída da convocatoria o mesmo día as 11:27 h, entendemos que se trata dunha neglixencia por parte  da secretaría por non deixar a documentación á nosa disposición, entorpecendo o noso dereito a revisala.

4.- Queremos deixar constancia que na  obra do POS, arranxo da estrada  de Cantalarrana a Vilar Da Torre, esta non se fixo de forma correcta. O abrir as cunetas tan pegadas a estrada esta quedou reducida no ancho, facendo imposible o paso de dous coches, polo que solicitamos se tomen as medidas correctoras antes de facer o pago da obra.

6.- En canto a obra  que vai de Vilar da Torre a Vilar de Suso, solicitamos que se cemente canto antes a subida cara o monte pois coas chuvias da semana pasada xa baixaron arrastres e non podemos deixar que pase o inverno así, ademais de ver que non se fixo nada onde nacía auga, polo que non queremos que despois se lle bote a culpa á chuvia, xa que alí deberíase drenar para que no inverno non naza a auga.

7.- Seguimos co problema na curva das Bousiñas (Ferreiros) solicitamos unha actuación xa, antes de que se produza unha desgraza.

8.-Solicitamos o arranxo da entrada da pista Trascortellas na Carballeira posto que ten un tubo en moi mal estado o que dificulta a entrada dos tractores na mesma.

9.- Por petición dos veciños da parroquia do Barro solicitamos o arranxo do camiño do Cotón Grande.

10.- Por petición dos veciños de Ordoeste, solicitamos o desatasque da tagea  a altura do número 10 de Cotobade que leva as augas da parte de arriba da rúa  por abaixo da mesma, xa que está obstruída.

11.- Por petición dos veciños de Corneira pedimos o arranxe e limpeza do camiño da Roza, no lugar do Vilariño, que vai da casa de Riveiro ata o camiño da fonte da Busta, que se repare a fochanca que hai no lugar do Vilariño (xunto a casa de Manolo da Chona), e que se recollan as saídas das augas pluviais no lugar de Corneira (casa de Gloria).

12.-En Vilar de Suso, limpouse a fonte antes das municipais, sacando a porquería do pozo e deixándoa fora, aínda segue alí e o pozo non se volveu limpar.

13.- Despois de facer unha obra tan importante en Duomes non concibimos que non se arranxe a fonte que está a perder auga.

14.- Queremos deixar constancia que se está a utilizar o maquinaria municipal que carece de sinais luminosa (remolque). Solicitamos se repare.

15.-Que se nos aclaren as facturas 2016 920 21600 de EVELB TECNICAS Y SISTEMAS (en canto a un teclado, licencias e instalación do mesmo).

16.-En canto as eleccións do pasado domingo queremos preguntar por que a parroquia de Cabanas non tiña bus e tamén dicir que ninguén utilizou este servizo.


17.-En resumen, estamos a ver que en contestación as nosas solicitudes, a maior parte estase a dicir que si, pero logo non se fai nada. Polo que solicitamos se proceda a realizar as obras e melloras solicitadas.




PREGUNTAS PLENO- MÉRCORES 27 XULLO 2016

En canto a rogos e preguntas presentadas, estas son as formuladas polo noso grupo.

Por petición dos veciños de Corneira solicitamos:
1   .    O acondicionamento do campo de fútbol o cal está nun abandono total co fin de que os veciños da parroquia poidan facer uso do mesmo.
2    .      O acondicionamento do entorno da fonte pública De San Ramón (lugar de Barreiros).
3   .    A instalación dun espello para facilitar a incorporación dos vehículos á estrada xeral na saída de Corneira (Casa de Roberto).
4    .      Limpeza dos camiños:
-  Camiño nos Barreiros entre a casa de Tito e Baldina que leva a Vilar da Cima e o Vilariño.
 Na entrada do lugar de Vilariño os dous camiños dereita e esquerda.
-  O chamado camiño da Cereixeira en Vilar da Cima que leva a estrada xeral.

Por petición dos veciños de Lañas solicitamos:  Limpeza e acondicionamento da área recreativa e limpeza da cuneta o lado da casa de Pena.

Por petición dos veciños de Gosende solicitamos a limpeza da área de lecer do muíño a que está totalmente abandonada. Solicitamos que se limpen todas as areas recreativas e fontes que están moi abandonadas polo equipo de goberno.

Por petición dos veciños de Gende solicitamos que se tomen as medidas necesarias coa casa en ruínas, que está a crear unha situación de risco eminente por derrube, ademais de ser un foco de infección pola presenza de ratas.

Queremos deixar constancia unha vez máis que non entendemos porque non se lle pediu a empresa que asfaltou a baixada de Buchaín cara Vilar da Torre, as garantías de dito traballo posto que o asalfatado ós cinco meses xa estaba levantado, e agora váiselle pagar a outra empresa para facer o mesmo tramo.

Tras o último pleno ordinario,vostede comprometeuse a buscar unha solución ó problema xerado en Marcelle pola actuación das obras do POS do ano pasado. O tema segue igual e temos constancia que nin sequera se está a contestar ás solicitudes do Valedor do pobo cando pide información sobre o tema.

Queremos dar voz a queixa dos veciños da Carballeira polo mal acondicionamento do campo da festa froito da mala planificación de ditos traballos.

Por petición dos veciños solicitamos a ampliación do horario da biblioteca, un servizo cada vez máis demandado polos veciños xa que ademais de biblioteca en moitos momentos fai tarefas de ludoteca, así como é o lugar onde moitos nenos fan os deberes e traballos escolares.

Solicitamos copia do convenio do concello coa asociación  Filloas da pedra da Baña.
Queremos saber si se fixo algunha mellora no tema do transporte metropolitano en canto a ampliación de horarios. Consideramos necesario cara o curso escolar que se adecúen os horarios as necesidades dos veciños.

Gustaríanos saber o motivo do cambio da centraliña telefónica do Concello.







PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO DO 27 DE XANEIRO DE 2016



1.-QUEIXA POR  SEGUIR SEN RECIBIR AS ACTAS DE COMISIÓN DE GOBERNO.
Queremos por de manifesto unha vez mais que seguimos sen recibir as actas das comisións de goberno, o que fai que non teñamos constancia dos acordos que  nelas se toman. Acordouse que de non ser posible redactar as actas, daríase conta dos acordos que nelas se tomasen. A día de hoxe seguimos igual

2.-SOLICITAMOS QUE SE AVISE OS CONCELLEIROS DOS ACTOS QUE SE REALICEN NO CONCELLO CON UN TEMPO PRUDENCIAL.
Si en distintos actos non se nos está  avisando da súa realización, caso do pasado mes de decembro cando se instalou a carpa na praza do concello para a feira e visita do Papá Noel.
 O pasado día 13 se nos notifica as 19/30  que o día 15 as 9/30 terá lugar unha conferencia na casa da cultura . Nin 48 horas de antelación.
Supoñemos que as autoridades que acudiron de outros países non serian avisadas con tan so 48 horas, é mais incluso as pandereteiras foron avisadas días antes que nos. Podemos dicir que fomos os últimos en ser avisados .

3.-SOLICITAMOS QUE SE NOS CONVOQUE ÓS PLENOS CO TEMPO SUFICIENTE.
Dicir que nesta última convocatoria de pleno o retraso da súa comunicación ( sábado as 19/50 sendo o rexistro de saída de fecha día 20), imposibilitou que puidésemos acceder á documentación, tal e como tiñamos por costume o sábado pola mañá.
Entendemos que pode estar dentro de prazo, pero agradeceríamos que no sucesivo se nos comunique como se facía ata a fecha
4.-INFORME PENDIENTE SOBRE O COBRO DE DIETAS E  ASISTENCIA O CONSELLO ESCOLAR NO CURSO  2014/2015.
Levamos pendentes de dito informe preto de 6 meses, polo que pedimos unha vez mais dito informe a secretaría

5.-SOLICITAMOS INFORMACIÓN  SOBRE A ESCOLA DE MUSICA  E PATINAXE NO RELATIVO A :
Suspensión do festival de música de Nadal, motivos reais, e por qué non se avisa aos pais o mesmo día en que se suspende.
Criterios a seguir polos cales se organizaron os horarios para as clases de instrumentos.
En canto o tema de patinaxe, hai queixas de pais e nais en que  esa actividade coincide un día con música e así hai nenos/as  que so poden ir un dia e pagan por dous, ademais quéixanse que o pavillón está con tanta humidade que non poden facer a actividade, e solicitamos que se tomen medidas neste tema.

6.-QUEREMOS POR DE MANIFIESTO QUE UNHA VEZ MAIS, QUEDOU EN EVIDENCIA O ESCASO MANTENIMIENTO QUE TEÑEN AS PISTAS , CUNETAS, SAIDAS DE AUGA ETC.
Nuns días de chuvia a maior parte das pistas e rúa sufriron grandes danos por non haber un plan constante de mantemento das mesmas, polo que solicitamos un aumento si é necesario de persoal para a cuadrilla de mantemento e un plan de actuación para os días de choiva.

7.-QUEREMOS FACER UNHA QUEIXA FORMAL POLO LOCAL CEDIDO A FUNDACIÓN AFONSO EANES.
Non entendemos cómo para nun acto de estas características o concello non pon a disposición a casa da cultura, co seu pequeno auditorio acondicionado para este tipo de actos, o que aportaría á Concello unha imaxe de capacidade fronte o local no que se desenrolou que daba aspecto de desidia e abandono

8.-SOLICITAMOS QUE NO SUCESIVO SE NOS TEÑA EN CONTA A HORA DE CONFECIONAR O CALENDARÍO ANUAL QUE SE ENTREGA ÓS VECIÑOS.
Botamos en falta unha foto da totalidade da corporación municipal. Gustaríanos aportar ideas, participar no deseño e acordar as imaxes que se usen como fondo.

9.-OS LOCAIS SOCIALES NON ESTABAN  ACONDICIONADOS PARA  A  XORNADA ELECTORAL
Queremos tramitar as queixas dos veciños que estiveron nas  mesas electorais, polo mal acondicionamento de algúns  locais, nalgúns as oito da maña non sabían onde estaban as chaves ou como acender a calefacción.

10.-PODA  DAS TULLAS NA  ÁREA RECREATIVA DE LAÑAS.
Queremos transmitir as queixas dos veciños de Lañas pola forma en que se cortaron as tullas da área recreativa. O fin destas, era protexer do vento a área, e a altura á que foron cortadas non é a correcta. Entendemos que o responsable último é o concello, quen deberíase informar e asistir o persoal responsable de dita poda.

11.-NO LOCAL SOCIAL DE FIOPANS FALTA A REXILLA QUE RODEA A PISTA POLIDEPORTIVA.
Solicitamos a petición dos veciños a colocación da reixa que falta o redor da pista, o estado actual da mesma pode acabar ocasionando un accidente o día menos pensado.

12.-QUE  SE INSTALE A  AUGA NO LOCAL SOCIAL DE SAN CIBRAN:
Unha vez mais traemos o pleno un novo problema coa auga, un ben de primeira necesidade. A asociación de veciños de San Cibrán solicita o concello a súa colaboración para dotar o local social de auga corrente.

13.-QUE SE INFORME DA NORMATIVA DE CORTA E PLANTACIÓNS E QUE SE TOMEN AS MEDIDAS PERTINENTES.
Queremos denunciar neste pleno o malestar dos veciños polo mal  uso que fan as empresas de corta de madeira das pistas do noso concello. Todos sabemos e vostedes tamén ,que cando retiran a madeira, as pistas utilizadas para o almacenamento e transporte da madeira quedan nun estado lamentable. E para mostra un botón, o camiño de Pedra Alba na Barcala o Castro, que foi reparado o ano pasado cos cartos dos veciños da baña mais de 15.000€, e xa está de novo intransitable polos estragos que as  empresas de corta de madeira nela fixeron.
Solicitamos que dunha vez por todas se faga cumprir as ordenanzas para con estas empresas, que se lles esixa un aval bancario como fan outros concellos, e que unha vez rematados os  traballos se comprobe por parte do concello en que condicións quedan  as pistas.

15.-EN SAN CIBRAN, NA ESTRADA DO PORTO CAERON TERRAPLENS  E NECESÍTASE UNHA URXENTE REPARACIÓN.
Nesta estrada estanse a formar continuas balsas de auga, co conseguinte perigo que estas ocasionan para a circulación. Polo que solicitamos se tomen  medias correctoras

16.-Ó MUIÑO DA PONTE CALEXA CAEULLE O TEITO
Sabemos que é de titularidade privada, pero o seu interese cultura, e  o ser o  único da zoa que funciona de forma artesanal, convérteo en algo especial para o concello, polo que solicitamos a intervención da alcaldía para o seu arranxo.





RESPOSTA Á MOCIÓN DO GRUPO MIXTO

Encontramos correcto a formulación da moción, pero discrepamos no último punto.
Si a esencia da moción é que se garante a participación dos veciños na vida política, económica e social do noso concello, este último apartado solo da cabida a grupos colectivos inscritos no noso concello que a súa vez terán que estar avalados por un número mínimo de sinaturas. Ó noso criterio calquera veciño da Baña debería poder presentar mocións  para posteriormente seren tratadas  neste pleno.
Polo que pedimos se elimine dito paragrafo da moción.



ROGOS E PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO DO 24 DE NOVEMBRO DE 2015


1.- O concello está facéndose cargo da limpeza dos vertedoiros incontrolados a través dunha empresa privada, parécenos un gasto excesivo e consideramos que o podía facer a brigada municipal.

2.-No decreto 150/2015 podemos comprobar que se contratou o servizo de asistencia técnica e urbanística. Queremos saber por canto tempo e si se vai a sacar a praza a concurso.

3.-Solicitamos copia do proxecto para a mellora do campo da feira.

4.-Por qué se fai cargo o concello do pago  dunha multa por exceso de velocidade.

5.-Por petición dos veciños de Troitosende, queremos saber cal foi o motivo de cortar o pino centenario que había o carón do local social, e que se fixo coa madeira.

6.-Por petición dos veciños de Busto, preguntamos cal é a postura do Concello fronte a problemática coa auga que afecta a 13 veciños e tamén o concello, posto que  a fonte pública do lugar, abastecese da mesma mina que os veciños.

7.-Por petición dos veciños de Xanín, preguntamos  por qué hai unha luminaria a altura do número 83 con dúas farolas, unha cara diante e outra cara tras. Tamén queremos deixar constancia de que na rotonda quedou unha luminarias das vellas e na baixada de Duomes de Abaixo falta unha por instalar.



8.- Queremos poñer de manifesto por petición dos veciños que no centro médico hai un serio problema respecto o servizo de pediatría. Xa o servizo era escaso ó estar dispoñible tan só 2 días á semana, pero a data de hoxe  carecemos de dito servizos e non hai data da posta en funcionamento do mesmo. Somos conscientes da limitación do concello nestes asuntos , pero creemos que presionando dende esta institución, poderíase solucionar o problema.


PODES ENVIARNOS AS PROPOSTAS QUE CONSIDERES OPORTUNAS PARA QUE AS FAGAMOS CHEGAR AO SEGUINTE PLENO
CORREO ELECTRÓNICO:  psoe_abana@yahoo.es





ROGOS E PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO DO 30 DE SETEMBRO DE 2015

1. Unha vez máis solicitamos a implicación do concello no caso do sen teito que reside no monte de Fiopáns. Entendemos que esta persoa non pode seguir vivindo nunhas condicións precarias e de abandono, creando ademais alarma social para os veciños polo seu comportamento estraño que demostra as veces.

2. No pleno con data 28 de xaneiro solicitamos a colocación de quitamedos na subida de Buchaín. Tamén solicitamos que se fixera cumprir a ordenanza municipal o respecto das árbores que están o carón das cunetas.
A día de hoxe, non se levou a cabo ningunha actuación ó respecto, polo que reiteramos as nosas peticións.

3. Por petición de veciños da parroquia de Suevos, gustaríanos saber que pasou coa leña da masa común que se cortou para poder dar paso a liña de alta tensión.

4. Queremos deixar constancia de que multitude de leiras do concello destinadas ó labradío, están sendo empregadas para a reforestación e polo tanto non están cumprindo co seu fin. Solicitamos o concello que aplique as medidas correctoras.

5. Temos constancia de que na parroquia de Suevos e na de Corneira, estanse a facer tarefas de limpeza nas leiras de titularidade eclesiástica. Queremos saber si é a cuadrilla do concello a que está realizando ditas actuacións.
6. Solicitamos a colocación das bandeiras no balcón, se poña en funcionamento o reloxio e o arranxo do seto co nome do concello ó que lle falta parte do ñ, posto que da unha imaxe moi pobre do concello.

7. Vista a boa actitude da alcaldía tras as peticións de arranxo das fontes, agora os veciños de Cabanas solicitan que se repare a fonte-lavadoiro do Rueiro e a da Subila, posto que ambas as dúas están en moi mal estado, incluso ameazando con esborrallarse a placa do teito.

8. Na parroquia de San Cibrán, atópanse dúas vivendas que carecen de auga, do mesmo xeito, hai unha terceira na Tarroeira, propiedade de D.ª Manuela Mourelle Vales, que cando chega a seca atópase na mesma situación. Instamos ó concello a que busque unha solución para os veciños de dita parroquia.

9. Comunicounos o presidente da Deputación que hai un remanente de cartos que van ser destinados ós concellos, parte para fomento do emprego e parte para libre disposición. Polo que pedimos que antes de tomar decisións sobre o destino de ditas axudas, se nos teña en conta co fin de poder aportar ideas e solucións de maneira conxunta.

10. Queremos deixar constancia de que non nos están chegando as actas de comisión de goberno.

11. Queremos saber si hai axuda para material escolar.






ROGOS E PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO DO 27 DE XULIO DE 2015


Estas foron algunhas das propostas que o grupo municipal socialista presentou no pleno do pasado día 29 de xullo de 2015

- Que se revisen as actuacións do POS , nas que atopamos diversas irregularidades, como en Marcelle onde se asfaltou unha entrada a unha finca privada ou en Gosende onde o asfaltado remata antes do marcado no proxecto.

- A colocación de tubos e o soterramento da cuneta na entrada de Duomes, onde fai uns días un tractor tivo un accidente ó meter as rodas en dita cuneta.

- Pedimos explicación sobre a multa que a garda civil puxo á furgoneta do concello por circular sen seguro e cas rodas en mal estado  (1.500 euros)

           ¿Que servizo estaba facendo?
¿Quen é o responsable de que a furgoneta estea sen seguro e cas rodas en mal estado?

- Preguntamos si foron devoltos os cartos das dietas que cobrou o concelleiro Roberto Rial Calvo, sen asistir o consello escolar.

- Solicitamos que se corrixa un grave problema cas augas residuais que se canalizaron por debaixo da beirarrúa na obra do POS de Lañas , que se lle dou saída en fronte a un pozo de captación de auga veciñal.

- Solicitamos un espello para un cruce no lugar de Ferreiros , que se arranxe a fonte do lugar, xa que no estado no que está é un verdadeiro perigo para os usuarios, e que se instalen sinais en A Riba marcando o acceso a Ferreiros.

- Que se revisen os accesos ás fincas nos camiños arranxados con zahorra, posto que moitos tubos quedaron atascados ou rotos.



- Solicitamos o listado das masas comúns pendentes de venda, e se os cartos das vendas repercuten no concello e polo tanto nos veciños.


PODES ENVIARNOS AS PROPOSTAS QUE CONSIDERES OPORTUNAS PARA QUE AS FAGAMOS CHEGAR AO SEGUINTE PLENO
CORREO ELECTRÓNICO:  psoe_abana@yahoo.es

No hay comentarios: