O PSOE DA BAÑA DENUNCIA QUE A XUNTA "MARXINA AO CONCELLO" AO NON INCLUIR NINGUNHA DAS SÚAS SOLICITUDES NOS ORZAMENTOS.

 

O Concello da Baña reclama a urbanización do Polígono Industrial e colaboración con outros Concellos no saneamento de dúas parroquias

Os socialistas presentarán no pleno unha moción instando á Xunta a incorporar nos orzamentos de 2025 estas reivindicacións
O PSdeG-PSOE da Baña critica que a Xunta de Galicia non incluíu ningunha das solicitudes realizadas polo Concello nos seus orzamentos para o ano 2025.
"Unha vez máis vemos como a Xunta marxina o noso Concello nos seus orzamentos ignorando todas as solicitudes feitas", lamenta o alcalde socialista da Baña, José Antonio Pereira Gil.
Entre as solicitudes do Concello estaba que se realizase o saneamento da parroquia de Troitosende de maneira conxunta co limítrofe Concello de Ames.
Tamén se pedira a urbanización do polígono industrial e o saneamento da parroquia de San Cibrán utilizando a 2ª fase dos colectores da EDAR da Barcala do Concello de Negreira.
"Levámolo reivindicando durante os últimos tres anos e vemos como esta institución marxina ao Concello da Baña ao non incluír ningunha das nosas reclamacións", denuncia o socialista.
"Nos vindeiros días faremos unha moción para levar ao pleno ordinario, onde solicitaremos a colaboración do resto dos grupos políticos para instar á Xunta de Galicia a que incorpore nos seus orzamentos para 2025 estas actuacións indispensables para o Concello da Baña", concluíu.
Ademais, o Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia recolleu estas reivindicacións, incluíndoas nas súas emendas aos orzamentos da Xunta.

A Baña, 19 de novembro de 2024.

MANIFESTO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

No Día Mundial do Medio Ambiente, o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) reafirma o seu compromiso coa protección e preservación do noso planeta. Esta data, celebrada cada 5 de xuño, ofrécenos unha oportunidade para reflexionar sobre as medidas necesarias para coidar e salvagardar os recursos naturais que sustentan a vida na Terra. 

Neste sentido, queremos destacar as accións progresistas emprendidas pola Unión Europea (UE), as políticas ambientais implementadas polo Goberno de España e a importancia da participación activa de cada cidadán. Hoxe, os ecosistemas de todo o mundo enfrontan ameazas sen precedentes. Temos diante unha situación extrema na que as contornas naturais vitais para a supervivencia humana están en estado crítico. Segundo a Convención das Nacións Unidas para Combater a Desertificación, ata o 40% das áreas terrestres do planeta están deterioradas, afectando así á metade da poboación global. Desde o ano 2000, a frecuencia e duración das secas incrementaron un 29% a nivel mundial. 

En España, estes escenarios climáticos a 2050 anticipan unha diminución de entre 14 e 40%, segundo o territorio. É necesario tomar medidas urxentes contra a seca e, para iso, o Goberno de Pedro Sánchez puxo en marcha diversos plans de actuación como os Plans Especiais de Seca, PERTE de Dixitalización do ciclo da auga, a Estratexia Nacional de Restauración de Ríos, entre outros. Tamén se presentaron Marcos de Actuación como é o caso de Doñana, o Mar Menor e o Delta do Ebro, co obxectivo de buscar recuperar o funcionamento ecolóxico deste espazo e reverter a situación de degradación ambiental na que se atopa na actualidade.

Estes plans inclúen as medidas necesarias para minimizar os impactos económicos, ambientais e sociais das secas, asegurando unha xestión eficiente e sostible dos recursos hídricos en tempos de escaseza.

A protección dos ecosistemas é unha obrigación colectiva, desde gobernos e organismos supranacionais ata empresas e persoas. Neste Día Mundial do Medio Ambiente, os socialistas queremos reiterar que a loita contra o seu deterioro debe seguir sendo unha prioridade. A Unión Europea ten demostrado un compromiso firme co medio ambiente a través de políticas innovadoras e sostibles. O Pacto Verde Europeo, cuxo obxectivo é facer de Europa o primeiro continente climáticamente neutro para 2050, é un claro exemplo desta visión. Este programa inclúe a implementación de enerxías renovables, a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e a promoción dunha economía circular que minimice o desperdicio.

O Goberno socialista ten adoptado medidas significativas para protexer o medio ambiente. A Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética establece ambiciosos obxectivos para reducir as emisións de CO2 e fomentar o uso de enerxías renovables. Así mesmo, a Estratexia Española de Economía Circular busca transformar o noso modelo produtivo cara a un máis sostible e menos dependente de recursos finitos. Estes esforzos non só reflicten unha xestión responsable, senón tamén unha visión de futuro que garante un planeta habitable para as xeracións vindeiras.

As políticas públicas que os socialistas implementamos nos gobernos das Comunidades Autónomas, municipios, provincias e tamén desde o Goberno de España teñen na cidadanía o seu principal aliado. Cada pequeno xesto conta, desde a reciclaxe e a redución do consumo de plásticos, ata o uso de transporte sostible e o aforro de enerxía nos nosos fogares. A educación e a sensibilización ambiental son fundamentais para que cada persoa entenda o seu papel e convértase nun axente do cambio. A participación activa da sociedade civil, as organizacións non gobernamentais e as comunidades locais é crucial para lograr un impacto significativo e duradeiro. O medio ambiente é o patrimonio máis valioso que posuímos. O seu coidado é un investimento no noso benestar e no das xeracións futuras. A colaboración entre gobernos, institucións, empresas e cidadanía é a clave para enfrontar os desafíos ambientais e asegurar un mundo en equilibrio coa natureza. A través das nosas accións cotiás e de políticas progresistas, podemos avanzar cara a un futuro onde o desenvolvemento económico e a conservación do medio ambiente vaian da man, garantindo así un planeta saudable e próspero para todos e todas. Neste Día Mundial do Medio Ambiente, o PSOE fai un chamamento a todos e todas para redobrar os nosos esforzos na protección do noso fogar común. Celebremos os logros alcanzados, pero non perdamos de vista os desafíos que aínda debemos enfrontar. Con determinación, innovación e un compromiso inquebrantable, podemos construír un futuro máis verde e sostible para todos.




Lotería de Nadal. Nesta ocasión xogamos co número 72.056. Sorte !!!


Un ano máis a Agrupación Socialista de A Baña reparte entre a veciñanza a lotería de Nadal. Este ano xogamos co número 72.056

Pódela mercar nos negocios de hostalería do Concello ou poñéndote en contacto con algún dos membros da nosa agrupación.

Pereira: ”Os veciños non entenderon a moción de censura cando o estabamos facendo ben”

 


O candidato do Partido Socialista á alcaldía da Baña, José Antonio Pereira, está contento coa súa etapa como mandatario: ”Parecía que A Baña collía impulso e ilusión”. Destaca que se afrontou a pandemia e “fixemos obras de calidade” aínda que desde o primeiro momento “Compromiso fixo unha terrible oposición xunto co PP”.

Está convencido que a veciñanza non aproba a moción de censura e así reflexarase nas votacións.”Os veciños non entenderon a moción de censura cando o estabamos facendo ben”.

No seu programa hai dous piares fundamentais, artellar medidas polo avellentamento da poboación, promovendo un Centro de Día e dotar de servizos e actividades as parroquias para “atraer poboación”.

Na entrevista na Trencha de Adiante Galicia, José Antonio Pereira Gil destaca que “desta volta temos experiencia e xa demostramos a nosa capacidade para xestionar este concello”.

Podes ver a entrevista completa aquí

Candidatura núm.: 1. Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) - ELECCIÓNS MUNICIPAIS 28 DE MAIO DE 2023





 
D./Don JOSE ANTONIO PEREIRA GIL
D./Don JESUS MANUEL PENA VARELA
Dª./Dona VANESSA GIL VILACOBA
D./Don ALVARO SILVA SUAREZ
Dª./Dona ANA PENSADO LOUZAO
D./Don FERNANDO FORJAN NOVO
Dª./Dona ZAIRA BLANCO RIAL
D./Don JUAN MANUEL BARREIRO REY
Dª./Dona MARIA CARMEN NIETO BLANCO
D./Don ESTEBAN GARCIA GONZALEZ
Dª./Dona MARINA FERNANDEZ NOVO
Suplentes
Dª./Dona ANA PARAMOS CEBEY
D./Don LAURENTINO ARNEJO INSUA
Dª./Dona PAULA PLA ESQUITINO
D./Don GERMAN FAJIN GRILLE
D./Don RUBEN NOVIO VALIÑA