O PSdeG de A Baña pide a Núñez Feijoo que depure responsabilidades aplicando o código ético do Partido Popular

O voceiro socialista no concello de A Baña, Enrique Vázquez Naviera, pide a Núñez Feijoo que depure responsabilidades aplicando o código ético do Partido Popular.
Vázquez Naviera recorda que hai un mes entregoulle ao grupo parlamentario popular un dossier dirixido ao Presidente do PPdeG con tódalas ilegalidades cometidas polo alcalde de A Baña. No mesmo informe o voceiro socialista advertíalle a Feijoo que se antes de quince días non tomaba ningunha decisión co rexedor de A Baña entenderíase que el apoia as irregularidades cometidas ao fronte do concello.
Vázquez Naviera afirma que “o alcalde de A Baña está imputado por corrupción, facturas falsas e falsificación do censo electoral”. O potavoz socialista lamenta que o PP antepoña os intereses electorais á verdade e que solicite dimisións noutros casos mentres que nos seu partido utiliza unha doble moral.
Vázquez Naveira denunciou tamén a ausencia formal e real de democracia no pleno celebrado hoxe, “o pleno durou cinco minutos, comezou ás 12.00 e rematou ás 12.05. O portavoz da oposición só puido falar dous minutos”.

No hay comentarios: