ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

'A mafia galega: o que puido ser e non foi', por Sebas Méndez

Podería O padriño ser da Baña? Que acontecería se a maioría de galegos que emigraron a America instalaranse en Nova Iorque? Teriamos o primeiro presidente galego-americano?
Que son as empanadarías? Nesta nova volta de torca de Sebas Méndez sobre o ser galego o actor máis versátil de Entremuros formula estas e outras preguntas e reflexiona sobre un dos feitos que máis influiron na nosa historia: a emigración.Sebastián Méndez é músico, actor, guionista membro fundador de Ruxe-Ruxe e da compañía Virtudes Producións, na que produciu varios espectáculos como Unha noite no muiño non é nada interpretada por Davide Salvado e Pepa Yañez e dirixida polo propio Xosé Baratto.No ano 2007 debuta como actor co monólogo: Ya no soy nacionalista. E ti?, escrito e interpretado polo propio Sebas e dirixido por Alberto Rolán. Nese mesmo ano tamén presentou no mes de Nadal o seu segundo monólogo que leva como título: Toda a verdade sobre a navidade.No mes de febreiro do 2008 presenta: Joselito, Angel Cristo e Maradona son a mesma persoa e no mes do Nadal a seu último espectáculo até o momento: A mafia galega, o que puido ser e non foi.

No hay comentarios: