MITIN DE TOURIÑO E ZAPATERO EN LUGO

Mais de 5.000 persoas.

No acto, celebrado no Palacio Municipal dos Deportes ante mais de 5.000 persoas, abriu o turno de oradores o Alcalde de Lugo, Jose Clemente López Orozco quen dixo “ dende o PSdeG-PSOE pódese traballar pola política con maisculas e por un pais no que sempre é posible facelo mellor”. Tamén aludiu ao partido de fútbol que hoxe se vai celebrar no estadio Anxel Carro contra a Leonesa” sentímolo ímolo gañar”, espetoulle a Zapatero.
Concepción Burgo, candidata número 2 pola provincia de Lugo tomou a palabra para afirmar que “Galicia, agora mais que nunca, non precisa do PP nin da súa vision atrasada e escura”, Burgo resaltou especialmente a labor feita por Ricardo Varela “ e o seu traballo nesta provincia” e a loita que esta a facer “pola igualdade dos homes e das mulleres”.
O secretario xeral dos socialistas galegos, Emilio Pérez Touriño, saudou primeiro dende a tribuna de oradores acompañado do Presidente do Goberno Jose Luís Rodríguez Zapatero, nun ateigado Palacio Municipal dos Deportes, coa banda sonora da “Pomba dourada” versionada por Xoel López, a quen lle agradeceu este regalo.
Zapatero apuntou que Galicia é un terra “entrañable, viva” e que está en “buenas manos: las de Emilio Pérez Touriño”. De quen dixo “ha demostrado una vez más su estilo de concordia y su preocupación por los temas sociales y por el empleo de Galicia”. Referíndose a súa intervención no mitin comentou “no ha subido a dividir sino a unir y ese es el Presidente que necesita Galicia”.
O presidente do Goberno falou dunha Galicia “que está resistiendo con fuerza la crisis económica y con una perspectiva de futuro y de recuperación sólida. Por iso felicitou ao presidente Touriño e recalcou o seu “esfuerzo para proteger el litoral del abuso urbanístico y del dinero fácil y rápido con una lei que ha sido una garantía para aguantar mejor la crisis y una visión inteligente y de futuro”.
Os compañeiros/as da Agrupación Socialista de A Baña, unha vez mais, estivemos alí acompañando ós nosos presidentes.
O vindeiro sábado 7 de febreiro, en Boimorto, compartiremos xantar con Pepe Blanco. Todos os que queirades acompañarnos reservade praza no 981.886.833


MAIS FOTOS EN: http://www.flickr.com/photos/29135121@N03/

No hay comentarios: