Manuel Vázquez, aspirante a liderar o PSdeG, no Milladoiro.


O líder do PSOE ourensano proponse facer do PSOE un partido máis socialdemócrata e máis galeguista. Patxi Vázquez anuncia que se se converte no secretario xeral do PSdeG, acabarase a etapa dos personalismos. Propón un partido pegado á rúa, sen visións faraónicas afastadas dos cidadáns. O dirixente socialista iniciou unha campaña para recabar apoios entre as bases do partido. Ten intención de presentar a súa candidatura para o congreso extraordinario do 24 e 25 de abril que terá lugar no Centro Social de Caixanova en Pontevedra.
O venres 17 de abril manterá unha xuntanza cos afiliados e simpatizantes da comarca de compostela no veciño Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladorio ás 20.30 horas.

No hay comentarios: