Hoxe estreamos a Rede de Activismo do Partido Socialista Europeo

Quixera compartir con todos vos unha nova ferramenta que presentamos hoxe dende o PSOE: a primeira rede social dun partido político no noso país. Un espazo de encontro ao que xa foron invitados máis de 35.000 militantes e simpatizantes para participar. Os nosos militantes e simpatizantes xa son activistas da rede dende hai tempo, e relaciónanse intensamente cos cidadáns a través das distintas redes sociais, e os instrumentos de comunicación 2.0, como este blog. Agora contamos, ademais, con este novo espazo ao servizo de militantes e simpatizantes. Queremos unha campaña electoral de máxima comunicación coa cidadanía, para poder explicar o importante que son estas eleccións ao Parlamento Europeo neste momento histórico e o determinante que é a súa elección dun ou outro modelo nas súas vidas. Queremos ter o mellor e o maior equipo de campaña que tivo nunca un partido en España, capaz de mobilizar o maior número de cidadáns progresistas nestas eleccións e as novas tecnoloxías bríndannos unha oportunidade única que non podemos deixar pasar. Poderemos aproveitar o caudal de talento e as propostas dos cidadáns, pero sobre todo, poderemos escoitar a voz de cada cidadán e cidadá. A creación da Rede de Activismo do Partido Socialista Europeo supón incorporar esta nova forma de relacionarse coa cidadanía á nosa organización: reforzando así o auténtico valor do noso partido, os militantes, que van deixarse a pel na rúa e na rede para gañar as próximas eleccións.Anímovos a todos a participar activamente nesta campaña, a través da nosa web especialmente deseñada para estas eleccións. Déixovos a dirección onde poderedes consultar as nosas propostas e os nosos actos. http://www.europeosocialistayorgullosodeserlo.com Tamén poderedes encontrarnos noutras redes xa ben coñecidas, como é o caso de Facebook, Tuenti, Twitter. Queremos que todos vós vos sintades protagonistas destas eleccións porque votar por un Parlamento Europeo progresista será determinante para o futuro do noso país.

No hay comentarios: