PRIMEIRO DE MAIO


O Primeiro de Maio é o día da dignidade da clase obreira, da reivindicación da xustiza social, do recordo e a homenaxe aos que loitaron e loitan contra a explotación e a favor da emancipación dos traballadores.
Desde o PSOE de A BAÑA unímosnos a esta festa dos traballadores para demostrar que o máis importante para nós sempre van ser as políticas sociais, para seguir favorecendo ás clases obreiras.
Como cada ano, os compañeiros da Agrupación Socialista de A Baña celebraremos o Primeiro de Maio (este venres) organizando un xantar na Casa do Pobo de San Vicente para todos os nosos afiliados e simpatizantes. Estaremos alí a partir das 12:30 da mañá e animámosvos a acudir a esta cita tan importante para todos.
Como dixo Pablo Igrexas: "Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito de xustiza que as anima, senón para levalas a todas partes".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Prezado Enrique, este congreso pasado serviume para ver, aprender , escoitar e coñecer a moita xente e ainda que xa sabía quen era Gonzalo Caballero desde Santiago da túa existencia non sabía. felicitarte pola túa intervención no plenario o pasado sábado pola maña, e especialmente dous días antes en Lugo.
Estou entusiasmado de ver as moitisimas actvidades que estas a desenvolver en A Baña en colaboración co tecido asociativo ,felicitote por elo, é admirable.

Estou tamén admirado de ver a Zapatero e a Touriño nos teus mítines e do currado que está o teu blog en Internet, da apertura da Casa do Pobo , etc.
Verdade é que hai compañeiros que traballan exponencialmente 1000 veces máis que outros compañeiros limítrofes.

Teño a ben pois felicitarte e toda a miña disposción a aprender a saber como fas tantas cousas.


Pablo Armesto
Voceiro do PSdeG-PSOE de O Páramo.