A BAÑA NO CONGRESO EXTRAORDINARIO DO PSdeG-PSOE


Manuel Pachi Vázquez converteuse no novo secretario xeral do PSdeG-PSOE cun respaldo do 90 por cento (412 votos a favor e só 43 abstenciones). Este político ourensano e ex conselleiro de Medio Ambiente releva así a Emilio Pérez Touriño á fronte dos socialistas galegos e faino co propósito de impulsar unha "profunda reforma" na organización do PSdeG que pasará por achegar o partido á rúa e escoitar á militancia. A súa candidatura foi a única que se presentou ao congreso extraordinario que celebran os socialistas de Galicia e que hoxe clausurou o secretario xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero. Aínda que ata o último momento o vigués Gonzalo Caballero intentou reunir os avais suficientes para poder formalizar unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez, finalmente non conseguiu as firmas necesarias para competir pola Secretaría Xeral do PSdeG. Este era o único sector crítico que podía ensombrecer a proclamación do ex conselleiro. Con todo, a man tendida que ofreceu Manuel Vázquez ao grupo de Cabaleiro terminou por disipar a rifa interna. De feito, o socialista vigués recoñeceu un achegamento co novo secretario xeral do PSdeG que finalmente resultou elixido sen ningún voto na sua contra.

Como novo líder do partido Pachi Vázquez comprometeuse a "falar con todos". "Mirareivos aos ollos e direivos as cousas como son, tanto se son agradables coma se non o son", garantiu. Se a Touriño reprochábaselle a súa distancia do partido, o novo secretario xeral do PSdeG fixo do "diálogo" e o "debate interno" a súa principal bandeira. "Intentaremos estar preto das agrupaciones para desde aí xerar política", avisou. "Sairemos á rúa e promoveremos a participación", engadiu. Pachi Vázquez reivindicou que hai que recuperar a Xunta empezando a traballar "desde abaixo". O seu obxectivo é abrir unha etapa onde as bases cobren protagonismo e onde se escoite a todo o mundo, porque, segundo advertiu, "se cadra morremos por estar en silencio". Para iso necesitará executar unha reforma do partido "en profundidade". ?Este proxecto non vai ser un farol?, advertiu. Con todo, o novo secretario xeral do PSdeG empezou entonando un mea culpa á vez que botaba un capote ao seu predecesor Emilio Pérez Touriño. "O día dous de marzo el dixo que se ía para casa, pero eu son tan responsable como Touriño porque eu tamén gobernei este país", admitiu.

E coa mesma dose de autocrítica asegurou que "as eleccións non as gañou Feijóo, perdémolas nós". Na súa opinión, desde a Xunta "xestionouse ben o país pero fisoxe pouca política".


Atoparedes a intervención de Enrique Vázquez Naveira e o saudo de José Luis Rodríquez Zapatero en PSOEABANA.TV e todas as fotos do Congreso Extraordinario en FLICKR.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

No hay comentarios: