GRAN ÉXITO DE "PARTICIPACIÓN"


Como todos ben sabedes xa é unha tradición a venda de participacións da Lotería de Nadal (Sorteo Extraordinario do 22 de Nadal) por parte da Agrupación Socialista de A Baña. Como cada ano podedes atopar as participación nos bares e locais comerciais do noso pobo, nas mans dos nosos compañeiros de agrupación ou solicitalas vía internet. Especialmente esta última ferramenta, para adquirir o Nº 60.366, está tendo unha gran acollida por parte dos usuarios de FACEBOOK. O noso número xa chegou a lugares como Madrid, Valladolid, Vigo, Las Palmas de Gran Canaria, Barcelona, ...
Tamén podedes solicitalas enviándonos un mail a consulta@psoeabaña.com ou a psoe_abana@yahoo.es . Farémosvos chegar as intruccións para recibilas con toda comodida no voso fogar.
Moita sorte para todos.
O Nº 60.366 é o número premiado no Sorteo de Nadal.

No hay comentarios: